O sindicato e a asociación preséntanlle á Consellaría de Educación nove demandas para garantir o uso do galego.
Unha vez rematadas as Xornadas do Ensino e os Encontros Pedagóxicos que organizaron a última semana de setembro CIG-Ensino e a AS-PG, as dúas entidades presentan como conclusión unha serie de demandas que lle quere presentar á Consellaría de Educación. Todas elas van referidas ao cumprimento íntegro no presente curso do decreto 124/2007 de uso e promoción do galego no sistema educativo.
A primeira petición é que Educación poña á disposición dos Equipos de Normalización e dos centros educativos o mapa sociolingüístico de Galiza e os datos estatísticos do IGE, recursos que contribuirán á aplicación efectiva do decreto. Así mesmo, solicitan que se cree un servizo de Normalización Lingüística dentro da consellaría, e que se amplíe o prazo para a presentación do proxecto lingüístico dos centros.
Outra das conclusións das xornadas é que Educación elabora un plan de formación para o profesorado, se promocine o decreto e se sensibilice o profesorado no proceso de normalización. Amais disto, CIG-Ensino reclama que os grupos parlamentarios lle retiren o apoio ao Valedor do Pobo, que amosou prexuízos fronte á lingua, e que a inspección educativa vixíe o cumprimento da lexislación.
A solicitude esténdese ás escolas de Maxisterio, onde se pide que se impartan, cando menos, o 50% das materias na nosa lingua e mais o curso de especialización didáctica. Finalmente, solicitan que se reforcen os equipos de normalización cos medios necesarios.
En vez de darlle cursos de galego deberiamos ensinarlles defensa personal e como dar clase e non morrer no intento, que aínda nos van quedar os nenos un pouco analfabetos. So van saber insultar, eso si, en galego.
Tranquilos, que los que queramos aprender en castellano nos llevaremos las máscaras de gas por si estos pretenden gasearnos.
Dende logo q a idea do jas non estaría mal para alguén tan pesado e cansino coma ti.PESADO DO NABIZO Q ERES UN PESADO, se non che gusta o galego e tanto renegas del xa sabes onde está a fronteira!!"tan gallego como el gallego" raio pinachas querias unhas triscas no cú x inculto e burricán!! sempre co mesmo sempre provocando e logo queixaste de q te insulten...se no fondo che justa!!se non di q carallo fas aqui .... PESADO