Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Pactos municipais

Terra Galega e PPdeG de Narón negocian un goberno de coalición

Xoán Gato goberna en minoría con dez concelleiros. Os 'populares' teñen cinco e PSdeG e BNG, tres cada un. Pablo Padín(TG) di que "non hai nada pechado".

Redacción - 19:16 01/10/2007
O alcalde de Narón, Xoán Gato, o 25 de xullo

O alcalde de Narón, Xoán Gato, o 25 de xullo

A formación Terra Galega, que actualmente goberna en minoría no Concello de Narón (Ferrol) con dez edís, ofreceulle ao PPdeG deste municipio a posibilidade de chegar a un acordo para conformar un goberno de coalición.

As dúas formacións estabeleceron un prazo de quince días nas negociacións, aínda que non descartan alcanzar un acordo antes desa data. En caso de que non chegar a un pacto global de goberno, quedaría aberta a posibilidade de que as dúas agrupacións negociasen cuestións puntuais sobre asuntos de especial importancia no eido municipal.

Independencia municipal

O presidente de Terra Galega, Pablo Padín, asegurou que "non hai nada pechado" ao respecto, mais que en calquera caso as conversas "están enmarcadas dentro da independencia municipal" de TG, que o vindeiro día 29 celebra en Compostela unha xuntanza coa presenza de todas as organizacións que a compoñen.

Dende o PPdeG, que conta con cinco concelleiros, agradeceuse o convite. A corporación municipal de Narón complétase con tres edís do BNG e outros tres do PSdeG.

Terra Galega está liderada polo actual alcalde, Xoán Gato. A formación procede do anterior Unidade por Narón que gobernou na pasada lexislatura no concello con maioría absoluta, con 13 concelleiros.


1,67/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: