Podería o rei ser detido por queimar fotos súas? Mofaríase o monarca da Audiencia Nacional?
Isto e máis argallaron os humoristas do célebre Polònia de TV3 para parodiar a queima de fotos do rei en Catalunya, nunha edición xa emitida pola televisión autonómica. No programa, un dos de máis audiencia en terras catalás, os imitadores de personaxes da política tratan con humor e retranca temas de actualidade.
Rescatamos do Youtube este vídeo do Polònia, pero alí poden verse moitos máis gags do programa.
O «Polònia» de TV3 é um excelente programa de humor e crítica política, a anos-luz do humor ordinário e medíocre dos Tonechos e companhia, que parece feito para um país de analfabetos.
Poderemos ver algum dia na TVG um programa do estilo do «Polònia» ou do «Vaya semanita» da televisom basca, feito na Galiza e com referentes culturais galegos? Vimes para o cesto hai-nos, bem como magníficos humoristas e guionistas, mas os programadores da galega nom parecem ter muito interesse no assunto.
Ou o "Cocidito Madrileño" da televisom basca, uma boa colecçom de todo o vómito que diariamente cuspem as emissoras sustentadoras do projecto espanhol.
Ben dito, Piorno. Somos moitos xa os que opinamos que tal cousa deberíase facer. Pero na Galiza a cousa para o humor fóra de Gayoso está complicada. Até secostraron ós Galenecos!! Liberdade Galenecos!
Antes que em Vieiros esse vídeo estava colocado neste blog:
http://angelopineda.blogspot.c... (leva aí desde o 28 de Setembro)
Eu coloquei (há 1 dia) a ligação a esse blog no artigo do Celso Álvarez Cáccamo:
http://www.vieiros.com/opinion...
Agora vejo que Vieiros o coloca na sua capa principal. Alegro-me de lhes ter dado a ideia. Não é nada.
A passagem a segundo plano do vídeo (e com ele, do comentário anterior) pode ser devida a um incremento das notícias na capa principal. ;-)
O video é xenial, para racharse!