Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Rubén Cela, director xeral de Xuventude

"Chegou o momento de romper coa desgaleguización do tempo libre"

A Xunta promoverá unha iniciativa no marco da Lei Galega de Mocidade para superar a substitución lingüística nas actividades de lecer.

Redacción - 14:24 02/10/2007

O Goberno vai promover, no marco da Lei Galega da Mocidade que está a preparar, a creación dunha Escola Galega de Tempo Libre para axudar a voluntarios e profesionais dedicados a este ámbito a mellorar a súa formación e, tamén, para "romper" coa desgaleguización e superar as ensinanzas que aínda están vinculadas á época da Organización Juvenil Española (OJE).

O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, informou este martes en Compostela da iniciativa que sinalou como "prioritaria" para o seu departamento en 2008, co obxectivo de dar "un salto a nivel galego e estatal" neste eido.

"Chegou o tempo de romper coa total desgaleguización no tempo libre", afirmou Cela, quen engadiu que en 2007, "debe estar superado o tempo en que os monitores ensinan cancións da OJE". Así, constatou que a futura escola de tempo libre levaría consigo o emprego de técnicas pedagóxicas "máis pegadas á realidade" e os monitores terían "acceso a formación continua e material de traballo".

O anuncio foi realizado no marco da presentación das xornadas galegas de actualización de coñecementos e intercambio de experiencias 'Interactuar no tempo libre', que reunirán dende o venres deica o domingo entre 100 e 200 participantes no Albergue Xuvenil de Gandarío, en Bergondo (A Coruña).


4,67/5 (6 votos)


Comentarios (4)

LOIS_DE_SILAN #1 2/Outubro/2007 LOIS_DE_SILAN

NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN CASTELA NA SÚA, sen prexuízo de usarmos linguas alleas con quen lexitimamente aínda descoñeza a territorial propia (nomeadamente o castelán cos outros españois mentres esta lingua española non sexa substituída por outra de maior potencialidade interlingüística como lingua común ou universal no cativo universo das linguas españolas).

NIN MÁIS NIN MENOS!!

OBSERVADOR #2 2/Outubro/2007 OBSERVADOR

Desculpa quando dizes "cativo universo das linguas españolas" a quais línguas te estás a referir?

LOIS_DE_SILAN #3 3/Outubro/2007 LOIS_DE_SILAN

OBSERVADOR!,á túa pregunta:"a quais línguas te estás a referir?"

Resposto: ás propias do territorio do Estado español.

Un saúdo.

Wagneriano #4 4/Outubro/2007 Wagneriano

Cativo de "estar em cativeiro"?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: