Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Máis de 50 mil cidadáns beneficiados

A suba das pensións máis baixas consegue o primeiro consenso do debate

No medio da lea dos enfrontamentos desde a tribuna, a proposta de Quintana para a reforma do Risga e complemento ás pensións máis baixas conseguiu a primeira beizón dos seus interlocutores.

Redacción - 09:00 03/10/2007

Até 55 mil galegos se beneficiarían da única das ideas lanzadas sobre a que o líder da oposición, Alberte Núñez Feijoo, concedeu a posibilidade de unirse a un consenso. A vontade de que a Xunta asuma nos seus orzamentos este compromiso foi confirmada na súa última intervención polo presidente, Emilio Pérez Touriño, quen subliñou que se lle dará cumprimento a unha medida que xa fora introducida no propio acordo de goberno entre PSdeG e BNG.

Quintana avanzou que en 2008 chegará á Cámara a Lei de Medidas Básicas para a Inserción Social, que incluirá a mellora das prestacións da Renda de Integración Social, Risga, e "a dotación dun complemento autonómico para as pensións máis baixas". Así, no primeiro caso vaise suprimir o límite de 65 anos para a súa percepción e a acreditación de dez anos de residencia para os emigrantes retornados. Estabeleceranse tres tramos, un básico, para toda persoa en situación de pobreza e exclusión, outro familiar, co obxectivo de garantir a atención aos menores, e un terceiro que irá unido a programas de inserción formativa e laboral.


4.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: