Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En garda pola proposta da Xunta

Fenosa responde ao proxecto de canon hidroeléctrico coa ameaza de subir as tarifas

A taxa foi unha das propostas estrela en materia impositiva anunciada este martes polo presidente da Xunta.

Redacción - 14:30 03/10/2007

"A tributación realizarase en función da capacidade volumétrica do encoro, modulada por factores concretos como a altura das presas e a potencia instalada no caso de seren encoros de aproveitamento hidroeléctrico", explicou Emilio Pérez Touriño na súa primeira intervención parlamentaria desde martes no Debate sobre o Estado da Autonomía.

Trátase, en palabras de Touriño, dun tributo propio estabelecido por Galiza para gravar o dano ambiental "e os prexuízos producidos pola existencia no territorio de encoros usados en diversas actividades produtivas".

Fenosa sae en contra da iniciativa
"Non ten moito sentido", avaliou esta terza feira Honorato López Isla, vicepresidente e conselleiro delegado de Unión Fenosa, quen opina que o imposto "penalizaría" Galiza respecto a outras zonas do Estado. De paso, aproveitou para deixar a ameza de que na súa opinión este tipo de canon "está permitido trasladárllelo aos usuarios", agoirando que se a Xunta dá o paso vaise encarecer a tarifa eléctrica que pagan os cidadáns.

López Isla non lle ve "impacto ambiental ningún" a Reganosa
O vicepresidente de Fenosa, grupo que posúe o 21% da planta de Reganosa, tamén cargou contra os colectivos e cidadáns que están mobilizándose contra Reganosa, asegurando que "todo o mundo o que quere e ter xa aseguradas as súas entradas de gas". Honorato López Isla concedeu que a planta tería menos xente en contra se estivese no porto exterior, pero insistiu en que, na súa opinión "non ten absolutamente ningún impacto ambiental".


5/5 (2 votos)


Comentarios (5)

baltar69 #1 3/Outubro/2007 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

que ben fala o señor lópez isla!!! ese canon hidroeléctrico ( que polo que entendo xa se está abonando dalgunha forma a través das deputacións )non servirá para outra cousa que para ser devorado pola masa política e administrativa de galicia. algo así coma os impostos sobre o combustible que manteñen as contas do estado nese magnífico superavit do que tanto fala caldera e administra solbes, pero que apenas repercute na poboación xeral que non ten un alcalde na familia.
en cambio, fenosa, esa empresa paladín dos dereitos da cidadanía, reparte dividendos entre os propietarios das fincas sulagadas ano tras ano, intervén con presupostos millonarios nas xestións ecolóxicas das beiras dos ríos baixo a súa responsabilidade e bonifica o kilowatio hora os habitantes das zonas que doutra forma veríanse obrigados a soportar de valde o incordio e o perigo das suas industrias.
je.
venme a cabeza a frase máis intelixente e razoable que soltou o sr. federico trillo figueroa, alá cando era presidente do congreso.
pero preocúpame pouco o que un especulador de tres al cuarto pontifique; o que realmente queima é que toda esa masa de politiquillos e tecnócratas se plegue os intereses do capital da forma que o fan, sendo únicamente correas de transmisión, mediante a vía impositiva, do que aqueles nos rouban.
o sr. touriño e ese que anda nas fotos a comer cos velliños o que deben facer é ter en conta as xentes que foron desposeidas do seu chan, dos seus fogares, para embalsalas augas e dos miles e miles de hectáreas que son condenadas á improductividade por estar debaixo de liñas de transporte de alta e media tensión. ter en conta eso, entre outras cousas, e empezar a lexislar políticas de revisión sobre aquelas expropiacións e obrigar as eléctricas e a redesa e enterrar canalizados os cables, pois resulta unha auténtica vergoña que se sigan instalando postes e liñas sen o máis mínimo rigor e cunhas servidumes totalmente feudais mentras os accionistas se reparten os dividendos sen mesura. eso é o que deberían as nosas autoridades porlle a fenosa enriba da mesa. pero eso non o van a facer, por que a clase política ( aquí e en namibia ) soio se plega e responde o poder do capital. sábeo touriño, sábelo tí e séino eu tamén, así que a outro lado milongas.

aovellaquemira #2 3/Outubro/2007 aovellaquemira
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois iso é o que terá que facer Fenosa se lhe deixa o Goberno de España: subir as tarifas. E a quem lhe pareçam moi altas, que cambie de subministrador, que para algo se liberaliçou o mercado. Pero o imposto que o pague!

lunet #3 3/Outubro/2007 lunet
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estou dacordo con aovellaquemira¡¡¡¡ Que se faga máis barata a enerxía eléctrica producida con fontes renovables¡¡¡

ecoe #4 3/Outubro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Honorato fala barato!

Non sabemos apreciar o que Unión Penosa leva feito polos donos das terras asulagadas, pola exhaustiva escolleita dos tendidos das suas redes -que casualmente nunca van enterrados á beira das autopistas ou TAVs, lugares idóneos dada a destrucción que entre todos xeran.

Honorato, especialista en IMPACTOS AMBENTAIS NON RECOÑECIDOS, aproveita para algo obvio dada a sua condición: REGANOSTRA.

Realmente é a UNIÓN PENOSTRA (mafia industrial financieira que considera un país como a Galiza a sua corte).

jujolor #5 4/Outubro/2007 jujolor
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://www.lacartadelabolsa.co...
deberiades de pasar por esta paxina e ver o que este di sobor da galiza, mentras lles sirviu ahi estaban mais agora como a eles nos se lles fai moito caso isto es o que di este segun de cree el "bo galego", pais.
Dame noxo, que mis queren que poñamos mais.


SEMPRE EN GALIZA

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: