Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
“As persoas non deben xubilarse no cargo”

Lidia Senra deixa a secretaría xeral do SLG logo de 18 anos

Carme Freire pefílase como candidata para substituila no congreso que o sindicato celebrará en novembro.

Redacción - 20:11 03/10/2007

Senra anunciou este mércores en Lugo que non se vai volver presentar á secretaría xeral do SLG. Senra dirixía a organización agraria nacionalista dende 1989, agora, cumpridos os 49 anos, asegura que é das que pensan que “as persoas non deben xubilarse no cargo”. Porén, subliñou que mantiña o seu compromiso co SLG no que seguirá a militar. A propia Lidia Senra deu a coñecer o nome dunha candidata a substuíla no vindeiro congreso que se celebrará o 24 de novembro: Carme Freire.

Lidia Senra naceu en Pobra do Brollón en 1958. Comezou a súa militancia sindical en Comisións Labregas en 1976. O seu nome barallouse en varias ocasións como posíbel candidata do BNG ao Parlamento de Europa.


4,38/5 (13 votos)


Comentarios (7)

galeguzo #1 4/Outubro/2007 galeguzo

Galega exemplar.

conghustononproe #2 4/Outubro/2007 conghustononproe

un referente para todas e todos

alboiando #3 4/Outubro/2007 alboiando

desas persoas eternas que agrandan a sua eternidade sabendo marchar. non era sen tempo. cantos os anos necesarios para perder a sorpresa ante a realidade que nos rodea?

Picoverde #4 4/Outubro/2007 Picoverde

Non cuestiono o seu traballo, pero nun sindicato que se dí democrático o tempo máximo de mandato deberían ser 8 anos.

carlosroca #5 4/Outubro/2007 carlosroca

Parabéns polo teu labor Lidia, ánimo á compañeira que a sustitue. O SLG foi e pode seguir sendo o referente.
Agardo que Lidia siga aportando o seu traballo ao País sexa on de for, non podemos prescindir dela.

condedecotobade #6 4/Outubro/2007 condedecotobade

Lonxe da minha intención está criticar a traxectoria sindical de Lidia Senra, que fixo moito e moi bo polo rural galego. Agora ben, espero que non sexa ela a candidata do BNG nas vindeiras eleccións europeas (2009). Non considero que unha persoa que é abertamente contraria a todo o que se fixo na UE nos últimos 20 anos debera representarnos (se temos sorte) no Parlamento Europeo. Eu gostaría máis dunha persoa cun perfil crítico, por suposto, máis a prol da integración en Europa.

carlosroca #7 9/Outubro/2007 carlosroca

Integración en Europa??? Galiza é tan europea como a que máis, de feito é un centro de Europa, non é o Camiño (agora chamado de Santiago) o exemplo.
Será a integración como se fixo a que non vale. E que o tempo demostrou que o nacionalismo tiña toda a razón: sacrificio dos sectores básicos da economía galega, inserción no mercado con especialización que desequilibran ainda máis a nosa estrutura productiva, dereitos todos para o capital e ningún para o cidadán.... sigo??
Non sei se será candidata, mais sería unha estupenda candidata...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: