Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Acompañado de dous ministros

Pescanova consegue que o primeiro ministro portugués acuda a darlle a beizón á planta de Mira

José Sócrates, padriño esta fin de semana do inicio das obras do polémico proxecto acuícola que se construirá en Rede Natura.

Redacción - 09:30 06/10/2007

A Unión Temporal de Empresas que desenvolverá o proxecto poñerá en marcha a actividade en breve prazo. Entre elas, Monte-Adriano, Somage (filial de Sacyr) ou Pipelife. De xeito simbólico, unha significativa representación do goberno portugués acode este sábado á inauguración das obras. Aló estarán o propio primeiro ministro, José Sócrates, e os ministros de Pesca, Jaime Silva, e Economía e Innovación, Manuel Pinho.

Malia as queixas pola dubidosa legalidade do proxecto, promovido en zona protexida dentro da Rede Natura, o executivo luso apoio estreitamente durante os últimos meses o proxecto. As presas por botar adiante o investimento fixeron que mesmo antes de que as propias autoridades ambientais lusas elaborasen informe ao respecto, o Ministerio de Economía xa lle dese a Pescanova as subvencións requiridas, arredor dun terzo do custo total da factoría que precisará da inxección de arredor de 140 millóns de euros.

A obra proxectouse en dúas fases, unha primeira dunha duración dun ano e a obra completa rematada en 2010, momento para o que Pescanova asegura que en estarían traballando na planta acuícola uns 350 traballadores e se terían xerado máis de 600 postos de traballo indirectos. Os ecoloxistas galegos e portugueses poñen en dúbida estas cifras e láianse ademais de que Pescanova se obstinase en construír a planta nese espazo protexido cando, segundo aseguran, a empresa podía ter optado de lugares incluso máis axeitados e fóra de Rede Natura non moi lonxe do emprazamento escollido.


3/5 (2 votos)


Comentarios (1)

Roquinho #1 8/Outubro/2007 Roquinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ademais de ir inaguralas obras, que parte da subvención que lle dan a Pescanova irá parar a eses politiquiños.
Parece lamentable que nos tempos que estamos e na propia Europa sigan existindo empresas que son capaces de facer o que lles veña en gana, non existindo para elas limitacións os abusos que son capaces de facer, xa que ainda que lles paren os pés en algures sempre atoparan vontades que comprar para demostra-lo seu poder.
Os consumidores deberíamos boicotear este tipo de empresas para facelas recapacitar.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete