Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A prol dunha resposta urxente da institución

Voz galega na ONU en favor dos saharauís

Ana Miranda, membro do Consello Nacional do BNG e vicepresidenta da Alianza Libre Europea, intervén este martes no Comité das Nacións Unidas sobre Descolonización.

Redacción - 13:00 09/10/2007

"Galiza ten unha profunda vocación internacional, pola súa diáspora presente en todo o mundo, e un compromiso cos dereitos dos pobos e en especial coa loita do pobo saharauí e da Fronte Polisario, a súa lexítima representación política". Así defendía Ana Miranda, ao tempo que viaxaba a Nova York, a súa participación este martes no IV Comité de Políticas Especiais e Descolonización, das Nacións Unidas.

"Non se pode deixar un pobo no deserto durante tres décadas tendo un país con recursos", laiouse Miranda. A representante do BNG acode a esta comisión xunto con outros cinco integrantes do Estado e en representación da Federación Estatal de Institucións Solidarias co Pobo Saharauí. A experta galega sinala que a ollada internacional cara ao Sáhara Occidental "ten que mudarse definitivamente", xa que "non se trata exclusivamente dun problema humanitario como se lle quere facer crer á opinión pública mundial, senón dun tema político de descolonización".

"É precisamente esta institución, a ONU, o lugar axeitado para a procura dunha solución pacífica", defende Ana Miranda. Por este motivo, na súa intervención insistirá na necesidade da celebración do referendo de autodeterminación que leve definitivamente "á descolonización do Sáhara Occidental".


4,38/5 (8 votos)


Comentarios (2)

Ghaviotero #1 9/Outubro/2007 Ghaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa é hora de que alguén fale ben alto... xa o fixo no seu momento Garaikoetxea, de EA, e agora facémolo nós. Mentres, os españois seguen sen ter collóns de falar alto e claro, sendo eles os principais responsábeis.

OBSERVADOR #2 9/Outubro/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sim, sim, é facil pedir a descolonização do Sara Ocidental. Entanto não se peça a descolonização da Galiza Ocidental tudo é possível fazer.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:






Locais:
GZ-Sete