A sociedade mixta integrada pola Xunta e Unión Fenosa conseguiu facerse viábel grazas a unha práctica da que non gosta falar: o enterramento de centos de milleiros de toneladas de residuos nun macrovertedoiro.
“Sogama é unha empresa consolidada financieiramente, ten o seu futuro asegurado” explicaba Xosé Manuel Barreiro nunha entrevista concedida a La Voz de Galicia en maio de 2004. O daquela conselleiro de Medio Ambiente defendía que as instalacións de tratamento do lixo de Cerceda eran “punteiras”. Pouco máis de tres anos despois, é imposíbel negar a falta de previsión, o desbalde de fondos públicos e o caos no que está sumido un modelo que se chamaba sustentábel.
Certo era que as contas da sociedade mixta comezaban a ir vento en popa. Mais a explicación pouco tiña que ver cunha boa xestión. No mesmo ano no que facía as declaracións o ex conselleiro, Sogama fixérase cargo de 763.280 toneladas de residuos procedentes de todo o país, mais só tratou 506.247 no denominado Complexo Medioambiental, as máis de 257 mil restantes foron parar directamente ao “depósito temporal” que Sogama ten na Areosa, tamén en Cerceda.
Naquel momento Sogama cobráballe a cada concello galego un canon de 44 euros por tonelada. Os municipios estaban a pagar menos do que custaba o tratamento real do lixo (máis de 50 euros) pero ese era o “prezo político” pactado anos antes para lograr o maior número de adhesións de municipios. O negocio estaba noutra parte, no excedente de lixo. Cada tonelada que entra na Areosa ten un custe estimado de 22 euros (gastos de transporte incluídos), a metade do que se lle cobra realmente aos concellos. Velaí un verdadeiro negocio que non corresponde para nada cos fins cos que nacera Sogama.
A Xunta e Unión Fenosa atoparan un curioso método de cadrar as contas e sacar a flote a compañía: estaban en mover milleiros de toneladas por todo o país para envorcalas logo no macrovertedoiro cercedense e cobralas como se as estiveran a tratar. A cadratura do círculo conseguíase dun xeito ben sinxelo. O último informe do Consello de Contas no que se analiza a xestión de Sogama en 2004 estima que co depósito deste lixo sen tratar a sociedade conseguiu un beneficio neto de case 5,7 millóns de euros só nese ano. Mais o volume de residuos depositados na Areosa seguiu a súa imparábel progresión. En 2005 chegou até as 323 mil toneladas e calcúlase que o ano pasado entraron preto 400 mil toneladas no vertedoiro, disparando os ingresos netos por este concepto até os 8,8 millóns de euros.
Unha situación crítica
Ao ex presidente da Xunta, Manuel Fraga, tamén lle gustaba presumir do modelo. Grazas a el acabáranse os centos de vertedoiros incontrolados que se espallaban por toda Galiza. Mais dende San Caetano non se pregoaba que boa parte do lixo xerado no país ía a un macrovertedoiro que adquiría magnitudes monstruosas. Calcúlase que na Areosa xa hai depositados preto de 2,5 millóns de toneladas de residuos.
Pero o problema persiste a día de hoxe e o vertedoiro segue medrando a un ritmo frenético. O novo presidente de Sogama, Xosé Álvarez Díaz, recoñecía o pasado sábado nunha entrevista en La Voz de Galicia que están completamente desbordados: reciben 900.000 toneladas de lixo ao ano e tan só son quen de tratar, no mellor dos casos 500 mil. As restantes van directamente ao “depósito temporal”. Un día despois, en El País, o conselleiro de Medio Ambiente coincidía na situación crítica que se vive en Cerceda e aseguraba que o novo Plan de Residuos vai apostar pola descentralización.
E o BNG ... e o PSOE ... mesmo ADEGA, non teñen nada que dicir?
Fomos tratados como crianças, não sabiamos que estas cousas aconteciam. Os que o sabiam não o denunciavam. Os poucos que algo diziam, não eram ouvidos.
Apagar estes debates dos lugares públicos serviu e serve para que nos sintamos como meninos aos que outros (o governo) têm que cuidar. Não como adultos com capacidade de organização para, entre todos, achar soluções aos problemas DE TODOS.
Esquecer estes problemas é ajudar a nos esquecer como conjunto. Por isso don't Manuel nos poupava estas cousas.
Queremos continuar assim?
Allariz, Bueu, Pontevedra,...teñen ou propuxeron seriamente propostas ALTERNATIVAS a SOGAMA?
E logo éste era o RENACER DE UNHA NOVA XUNTA?
isto si que e un bo negocio cobran por algo que non fan e despois mandanos a nos que reclicemos, e eles que fan gañar cartos e o peor de todo que istos non revirten en nos , se non a unha empresa privada isto deberia de ser tratados con mais profundidade por quen lle corresponda e dicir a verdade de todo isto
SEMPRE EN GALIZA
Isto se que é vivir da merda, pero sen tocala. Podía contratalos Telecinco, que son especialistas.
O chollo da merda eche moi fedorento meus. Ninguén a quer. Éis a avantaxe do Cuiña cando moito semellante chiringuitada.
O BNG sempre se posicionou na contra deste sistema, e ADEGA o mesmiño. Xa dixeron que non ía funcionar.
E iso que o prezo que lle cobraban aos concellos era innegociábel, posto por SOGAMA inilateralmente, si ou si.
E nin así funcionou, era visto, e agora a parchear... a facer proxectos de tamaño máis pequeno e sostibeis, baseados na redución.
Esto non ten solución, mentres os políticos non paguen con cárcere perpetua, por decir e facer babosadas con estas consecuencias. Pero a sociedade tamén ten a súa responsabilidade, todo o mundo se desentende dos seus residuos coma se foran os demáis os que tiveran que facerse cargo deles. Observade o cotiá, quen non coñece o caso dun veciño que non quer eun contenedor diante da súa casa, ou que saca o lixo as 07:00 horas, cando o camión do lixo pasa, como moi cedo, ás 23:00, ou aquel que non paga ou quere pagar as tasas, ou simplemente todos e todas aqueles/as que van tirando lixo alí por donde pasan, se son moitos/as. O mesmo que fai SOGAMA estano a facer os concellos, a tamén os cidadáns, despreocuparse desentenderse. Por outro lado é evidente que os servizos públicos en más privadas só atenden o beneficio económico, digan o que digan, enganase o que quere.
Tarelo, nisto como noutras muitas cousas (não vou pôr exemplos) as pessoas estão mediatizadas e muito mal informadas. Como se lhes (nos) vai pedir responsabilidade quando o Estado está constantemente retirando-no-la? Tratam-nos como crianças, portanto, não amadurecemos e não nos comportamos como adultos, mas como crianças.
Aquí hai quen afirma que o BNG tomou unha decisión contraria á alternativa de Sogama. Sería así, pero os seus Concellos nacionais e popolares envían o lixo a Sogama. Certo ou non?. A postura do BNG cheira -aproveitando que falamos de lixo-, cheira bastante mal porque é iequívocamente xexuítica, propia de alunos de ex-seminaristas.
E, por certo, de ADEGA falamos un día, a ver porqué razón nunca pía nada sobre a xestión medio ambiental do Río Lérez ou sobre cómo e cánto permitiu levantar o alcalde nacional de Poio en Raxó.
Un pouco de hipocresía está ben pero estas doses nacionatas son demasiado.
Vese que a memoria é pouca. Cando se montou SOGAMA a maior parte dos concellos nin tiveron alternativa. No caso de Vigo habia que pechar o vertedoiro ilegal, desebordado e pavoroso do Zondal, ou é que xa se nos borrou da memoria???
Memoria, hai, pero vexo que tamén seletiva. Cál era a postura do BNG a respecto?. Era aprol de Sogama?. Si?. Outra cousa é se había ou non posibilidades de montar outro sistema de tratamento de residuos e de lixo, pero a postura do BNG, en fin, era tan clara como rotunda: non a Sogama.
Non é por amolar, pero se fas un esforzo verás paralelismos entre as mudanzas de postura e opinión do BNG a respecto da Cidade da Cultura (a día de hoxe calculan no BNG que o chiste pode custar maís menos 500 millóns de euros... )
O que sí hai que recoñecer neste exercicio memorialístico é que a postura do BNG (ou de Paco?) non muduo con Reganosa, a celulosa do BNG para o século XXI. Entón, cando Franco, estaba de alcalde un galeguista/franquista, señor Xosé Fernando Filgueira Valverde; hoxe está Paco, que mola máis porque é da UPG.
Memoria, dís.
E logo se pode comezar de cero, non? verdade. Pois eche o que hai, as cousas feitas e comprometidas tes que comelas e traballar a partir delas. Pero xa sabemos ao BNG se lle esixe o que non de lle pide a ninguén....típico galego, a machacar o propio... e loar ao alleo.
Que perra co Cultura´s City!! E logo que ías pagar a pasta comprometido, 400 millóns, indemnizacións e ainda por encima derrubar o feito. Canto custaria deixalo a cero, volver ao comezo. Desde logo para actuar así comigo que ninguén conte.
SOGAMA é un desastre que haberá que mudar de arriba abaixo e costará tempo e recursos, e iso xa se sabia e asi se denunciara. Mais que tiñan que facer os concellos, comerse a merda?, non recoller o lixo e que o comeran os cidadáns?, dimitir e que goberne o que estaba dacordo con SOGAMA?....
Desde logo a política non se fai sobre a ficción, faise sobre a realidade. Se non asumimos iso non mudaremos nada.
Bon, non sei se típico galego, mais sí que é típico, opino, tan só, opino, ver aldraxes onde só hai comentario.
E sobre facer política ficticia... mira o que se dixo sobre a Cidade da Cultura e o moito engaiolado que está, agora, don Néstor Rego co proxecto.
Partimos da base de que ter razón, sempre, é absurdo. Pero ter razón sempre por ser nacionata é un chisco máis absurdo.
E non digo tal por ti, Carlosroca, que sempre intervés a xeito e con criterio.