ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
POLÍTICAS DIVERXENTES NA XUNTA

Industria esixe software libre en galego aos seus provedores

Polo contrario, Xustiza segue pedindo aos subministradores máquinas “compatíbeis con Windows”.

M.V. - 11:53 10/10/2007
Logo de Mancomun.org

Logo de Mancomun.org

A Consellería de Industria comezou a esixir aos seus subministradores de ordenadores que preinstalen software libre en galego. Así pode comprobarse un concurso para dotar catorce aulas de informática da súa Rede de Dinamización, un programa contra a fenda dixital no rural.

Aproveitar o investido en Mancomun.org
As empresas que lle queiran vender os computadores á Industria deben instalar por defecto OpenOffice (conxunto de programas de oficina), o Firefox (navegador de internet), Thunderbird (aplicación para xestionar os correos electrónicos) e o Gimp (editor de imaxes). Ao ser programas abertos, son facilmente traducíbeis. De feito, na súa tradución traballan centos de voluntarios coordinados por Mancomun.org, un programa financiado pola Xunta.

Con todo, outros do departamentos da Xunta seguen sen apostar claramente polo código aberto. Por exemplo, a Consellería de Xustiza ten aberto un concurso para comprar 420 equipos multifunción que deben ser “compatíbeis con Microsoft Windows”. O concurso non fai referencia algunha a o emprego do software libre.

Directriz xeral
Trátase doutra mostra máis do escaso empeño dalgunhas consellerías por cumprir o compromiso PEGSI, o plan do Goberno Galego sobre novas tecnoloxías que especifica a “adopción do software libre por parte da Xunta de Galicia”.


4,5/5 (8 votos)


Comentarios (3)

Gaviotero #1 10/Outubro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

El software libre está de moda y por eso se apuntan todos los gobiernos progres alegremente, sin valorar si realmente reporta más beneficios que el software propietario, especialmente cuando hablamos de Administraciones Públicas en las que aspectos como la seguridad, robustez o atención técnica son fundamentales.

lostrego #2 10/Outubro/2007 lostrego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A meirande parte dos informáticos que coñezo, prefiren Linux e semellantes, mais nada pola posibilidade de interactuar co seu "código fonte" que posibilita que calquer informático poda dar atención técnica. Non é unha cuestión de ideoloxía política se non de evitar monopolios, algo que dende os EEUU e a UE non están dacordo.

gaviotera #3 10/Outubro/2007 gaviotera
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

El software libre está de moda y por eso se apuntan todos los gobiernos progres alegremente, nosotros sin embargo abogamos por los monopolios de las grandes empresas, somos así de arrastraos

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: