Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Na Residencia da Terceira Idade de Chantada

Mercedarias da Caridade botan dun xeriátrico a dúas traballadoras que se afiliaran á CIG

Críticas de veciños e sindicato á actitude das monxas, que nos últimos días orixinou mesmo unha nutrida manifestación contra esta decisión.

Redacción - 10:00 11/10/2007

Hai poucos días que unha traballadora da Residencia da Terceira Idade de Chantada foi despedida do seu traballo no centro. Acababa de presentar a súa candidatura pola CIG nas eleccións sindicais. De xeito inmediato, o día seguinte, a dirección do centro, xestionado pola orde relixiosa das Mercedarias da Caridade, comunicoulle que prescindía dos seus servizos.

A dirección argumentou presuntos problemas da traballadora con compañeiras, posibilidade que recoñecen improbábel desde o propio Patronato do xeriátrico, e desde a formación sindical, que subliña a competencia da empregada despedida. Da paradoxal xustificación da dirección dá conta a recollida de sinaturas en apoio dela, que sumou a práctica totalidade do cadro da residencia. Desde o Patronato remítense á cláusula asinada debido á cal se fixo cesión absoluta da xestión do persoal á congregación das Mercedarias da Caridade.

Pero se o primeiro conflito xa fixera que máis dun cento de veciños se botase á rúa nunha marcha contra a decisión das relixiosas, esta semana, a dirección decidía prescindir dos servizos doutra persoa, outra vez dunha traballadora que pretendía acudir ás eleccións sindicais como candidata pola Confederación Intersindical Galega. Desta volta, a manobra foi simplemente a non renovación do contrato. Carme Antas, da federación de servizos da CIG en Lugo, explicoulle a Vieiros que a formación agarda que no acto de conciliación que se producirá en dúas semanas poida corrixirse o acontecido. Para ese mesmo día tamén convocaron unha concentración en Lugo. E habería novas mobilizacións no caso de que non se conseguira a readmisión. De xeito paralelo, solicitaron unha entrevista con Vicepresidencia para expresarlle o malestar co acontecido e facer unha chamada de atención sobre o xeito no que se está xestionando este centro da terceira idade por parte dunha congregación que xestiona un concerto para a atención de preto dun cento de persoas.


5/5 (4 votos)


Comentarios (13)

Sara_Mago #1 12/Outubro/2007 Sara_Mago

Homem, onde se veu que as Mercenarias (mesmo que sejam da Caridade) gostem das sindicalistas?

Gaviotero #2 12/Outubro/2007 Gaviotero

Muchos empleados conflictivos se afilian a los sindicatos momentos antes de que los despidan, con el fin de blindarse ante el despido.

Si el despido procede, la Justicia les dará la razón a las monjas. Y si no, las obligará a la readmisión.

ManuelMarin #3 12/Outubro/2007 ManuelMarin

"... la Justicia les dará la razón a las monjas. Y si no, las obligará a la readmisión."

Xa, pero cabe a posibilidade de que o tribunal estea composto de maxistrados simplesmente e que teñan algunha que outra noción de dereito pero absolutamente nenguna de xustiza. E en caso de dúbida ese gremio tende mirar á sua dereita (donde militan políticamente....perdón, apolíticamente) e hacia arriba (por se o seu Deus os ilumina) pero non para a dama cega que sostén a balanza da xustiza.

Ghaviotero #4 12/Outubro/2007 Ghaviotero

Eu non sei, non sei. Seica as monxas obraron con xustiza... pero se as despediron por afiliarse á CIG mal imos. Cando a Igrexa métese en política....
Por certo, anímovos a todos a escribir ós cardeais Rouco e Cañizares, e que protestedes, xa que o primeiro chamou a pregar polos reis, pola monarquía; e o segundo pola unidade de España.

sanquera #5 12/Outubro/2007 sanquera

Si el despido procede, la Justicia les dará la razón a las monjas. Y si no, las obligará a la readmisión
Que equivocado estas gaviotero la justicia no obliga a la readmisón por despido improcedente da la opción de readmisión o indemnización y eso en el caso de empleados fijos que no parece el caso,en caso de eventuales se les despide por fin de contrato y a ver quien prueba que es por inculcar el derecho de libertad sindical

papuxa70 #6 12/Outubro/2007 papuxa70

Gaviotero=Galicicia monolingüe e diglósica=inserso

lostrego #7 13/Outubro/2007 lostrego

O usuario sanquera ten razón. Só hai readmisión se o despido se considera nulo, e coa readmisión pódese dar o fenómeno de "mobbing" dun xeito tremebundo. Coñezo a caso arrepiante dun traballador readmitido pero que se pasaba as 8 horas metido nun cuarto sen absolutamente nada que facer (nin follas de papel, libros de contas, boligrafos...NADA). Antes de tolear pedíu a baixa voluntaria.

COUTOVEN #8 13/Outubro/2007 COUTOVEN

Bueno, por lo menos en Galiza los trabajadores pueden hacer uso de sus derechos legales y sindicales independientemente si tienen o no razón en su solicitud.

Ojala en otros países ese derecho de asociación sindical y de reclamar existiera. De hecho algunas naciones como China que dicen ser socialistas es donde se ven las formas más bizarras de explotación a los trabajadores. Hasta el punto que los países capitalistas instalan sus empresas en los mismos por brindarles, empleados dóciles, sueldos miserables y condiciones laborales inaceptables para cualquier ciudadano europeo. En otros como Venezuela, donde el gobierno se llena la boca hablando del pueblo y repartiendo dinero a otros países en un afán de legitimar su espíritu totalitario. Miles de empleados públicos llevan años esperando que el gobierno ROVOLUCIONARIO discuta sus contratos colectivos vencidos. Maestros, enfermeras, bioanalistas y médicos cuyos sueldos superan malamente los 300 euros/mes si tomamos el Dólar oficial. Sí le aplicamos el paralelo malamente llega a 190 euros/mes.

Y si a alguien se le ocurre reclamar, se les acusa de fascista, desestabilizadores del sistema, guarimbero, etc. En otros casos los “defensores del proceso de cambio” tratan de imponer la razón a fuerza de golpizas y amedrentamientos. Y si esto falla, siempre hay un juez “suplente” dispuesto a quedar bien con el gobierno.

Estas son las razones por la cual el Chavismo no gana una elección sindical en Venezuela.

Esperemos que se haga justicia laboral en Chantada ya que en otros países esa justicia laboral esta achantada (termino que en Venezuela significa detenida, paralizada o cansada).

sanquera #9 13/Outubro/2007 sanquera

coutoven mal de muchos consuelo de tontos

COUTOVEN #10 13/Outubro/2007 COUTOVEN

Sr. o Sra. Sanquera.

Yo no me consuelo ni mucho menos planteo que otros se consuelen porque hay trabajadores que están peor que en Galiza o Venezuela.

Planteo una situación que es real y afecta a muchas personas. Y que algunos sindicalistas en todo el mundo aprovechan para hacerse con el poder y después si te veo no te conozco.

Lo que critico es que muchos países que dicen ser socialistas y reivindican para otros el respeto a los trabajadores, de puertas adentro hacen lo contrario y son más explotadores que el más capitalista de los patrones.

Yo diría “mal de muchos desconsuelo de todos”

ecoe #11 14/Outubro/2007 ecoe

Sempre aproveitando a ocasión contra Venezuela bolivariana. É que o sr. Chavez cambiou toda a xudicatura e a gora son todos os seus amigos? Con qué lei trocou ós xuizes anteriores ó Golpe de €$tado do 2002?

Tamén chega a dicir, seica solapadamente, que quen gaña as eleccións sindicais é ou son os de Ortega?

BonKarallan #12 14/Outubro/2007 BonKarallan

Que pouca caridade teñen estas "mercenarias".

E aos vellos que se afilien á CIG, tamén os botarán do xeriátrico?

Non estará Don Manoel metendo "cizaña"? Chantada, Vilalba...

COUTOVEN #13 14/Outubro/2007 COUTOVEN

Amigo *ECOE. Vouche aclarar algunhas pequenas cousas que creo que descoñeces.

A primeira é que en Venezuela gran parte dos xuíces de instrución e de primeira instancia son temporais. Isto é certo desde a cuarta república. De feito Chávez ofreceu unha reforma xudicial para acabar con isto e o único que fixo é pór a outros xuíces igualmente temporais e moi compracentes por certo.

Con respecto ao golpe de estado de 2.002. Léase a sentenza do Tribunal Supremo de Xustiza, onde se indico que o ocorrido foi un "VACIO DE PODER", Sabe Por que?, primeiro porque non houbo alzamento armado, segundo porque o xefe do Estado Maior Conxunto Xeral Lucas Rincon Romero díxolle a Venezuela e o mundo que "en vista dos graves feitos ocorridos, ao señor presidente foille solicitada, a cal acepto? Se vostede ten dúbidas, pode ver "You Tube" e se aínda non cre viaxe a Portugal onde este señor cumpre funcións como embaixador. Despois do ¿golpe? foi castigado exemplarmente co ministerio de relacións interiores e outros cargos de alto nivel. Hoxe paga condena onde lle sinale anteriormente.

E en materia sindical compañeiro *ECOE aclárolle. A *CTV (Confederación de Traballadores de Venezuela) é un dos membros máis antigos de de a OIT. En materia sindical o goberno non gañou elección algunha. Vexa o intento de Aristobulo Isturiz (posterior ministro de educación) co sindicato *Bolivariano que intentaron impor e que a maioría traballadora rexeitou a pesar de todas as mañas do CNE. O Chavismo non gaña ningunha elección en sindicatos nin de colexios profesionais. Só na industria petroleira onde foron despedidas máis de 25.000 persoas por seguir lineamentos sindicais e que en calquera país democrático de existir delito serian os dirixentes os responsables ante a xustiza e nunca 25.000 persoas.

Con respecto a Ortega aclárolle. Se cometeu un delito que sexa xulgado e condenado pero lle aclaro varias cousas pequeninas. Chávez recoñeceu na asemblea Nacional que fomento o Paro Petroleiro, entón. Incitar a delinquir non é delito? Vélao en "You Tube". Se foi un delito Por que se deixo que transcorrese o paro e non se actuou inmediatamente a pesar que o pobo era o que sufría? Iso non é neglixencia gobernamental. Se foi un delito tan flagrante Por que transcorreu tanto tempo para ser imputado?.

Eu pregúntolle ECOE É mentira que o Goberno en Venezuela de forma sistemática inventa calquera pretexto (teñen anos vencidos) para non discutir os contratos colectivos dos traballadores ao servizo do estado e que hoxe a 9 anos de goberno cos ingresos máis grandes da historia. Mestres de escola, parbularios e liceos, enfermeiras, camilleros, celadores, bioanalistas, odontólogos, persoal obreiro e administrativo e médicos cobran soldos que no mercado paralelo non alcanzan aos 160 euros (o que máis cobra). Mentres tanto Chávez paséase polo mundo regalando combustible de autobuses a Londres, petróleo e derivados a Cuba, financiando a débeda Arxentina cos bonos do sur.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



"A Deus rezando e co mazo dando", escoitouse berrar na manifestación do pasado 28 de setembro en Chantada, ás portas da residencia xestionada polas monxas Mercedarias / Foto: C
"A Deus rezando e co mazo dando", escoitouse berrar na manifestación do pasado 28 de setembro en Chantada, ás portas da residencia xestionada polas monxas Mercedarias / Foto: C