Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
LINGUA E ESCOLA

Educación publica axudas para potenciar o galego nos colexios concertados

Os centros interesados en sacar adiante plans de normalización recibirán asesoramento técnico e subvencións de até 3.000 euros.

Redacción - 11:01 14/10/2007

A consellaría vén de convocar, por primeira vez, unha liña de axudas destinada á implantación de accións que potencien o ensino do galego no segundo ciclo de Educación Infantil en centros privados concertados.

Os colexios poderán acollerse a estas subvencións sempre que impartan o ensino nesa etapa na lingua do país e que presenten un proxecto para potenciar o idioma propio. Os centros que cumpran os requisitos recibirán axudas económicas de até 3.000 euros así como asesoramento técnico.

Dende Educación subliñan que a iniciativa está en consonancia co Plan Xeral de Normalización e co decreto que regula o uso e promoción do galego no ensino.


3/5 (2 votos)


Comentarios (15)

Sheamais #1 14/Outubro/2007 Sheamais

Non sería máis efectivo (aínda que tamén é certo, máis brusco) en troques de premiar ós que promoban o galego, deixar de financiar a aqueles colexios concertados que non cumplan a legalidade?

Ghaviotero #2 14/Outubro/2007 Ghaviotero

E por outra parte, máis que darlles cartos, sería máis proveitoso que o centro mudase a software libre en galego, ou que a Xunta provise ó centro en cuestión de materiais didácticos en galego, ou promover o emprego da Galipedia para buscar información por tratrse dunha enciclopedia gratuita en galego, ou promover nas clases de Lingua, no canto de bitácoras en papel, blogues en galego na rede, dobrar material audiovisual como o da enciclopedia británica e darllo ós centros...

galicecos #3 14/Outubro/2007 galicecos

Évos unha boa medida sempre e cando se controle por Educación que se cumpre co pactado. Non pode ser doutro xeito pois as subvencións estan establecidas por lei e sería moi laborioso voltar para atrás para modificala. As alancadas que se fagan a prol da língua sempre serán ben vistas polos galegos de pro.

OBSERVADOR #4 14/Outubro/2007 OBSERVADOR

Colherão o dinheiro e botarão a correr. De promoção do galego, nada. Ao tempo.

Neofalante #5 15/Outubro/2007 Neofalante

E eu pregunto: É lícito optar, tan sequera optar, a subvencións de normalización lingüística cando se incumpre a propia Lei de Normalización de 1983, e non digamos a normativa saída este ano? É moral recibir cartos para normalización lingüística e non mandar ningunha circular en galego? É lóxico estar en contra dos procesos normalizadores da administración e despois solicitar subvencións da mesma? É normal ser dos primeiros centros en recibir cartos para a normalización e repartirlles aos alumnos, un por un, unha folla de recollida de sinaturas de certa asociación supostamente preocupada polo bilingüismo? Non sei, son dúbidas que a un lle veñen á cabeza despois de ver o que ocorre en certos centros concertados da miña cidade.

ManuelMarin #6 15/Outubro/2007 ManuelMarin

Son perguntas moi pertinentes as que fas que somente admiten respostas claras, xusto as que non vai dar nen con feitos nen con cartos unha consellería de educación e unha responsábel de política linggüística aos que lles importa un adarme se o galego vai ben ou vai mal. O caso é encher DOG e que se executen as partidas orzamentarias. Polo demais cumprir coas leis non está nas tradicións mais características deste país, sobre todo se tratan de restaurar unha situación de equilibrio ou de xustiza. Entón todo son problemas para a sua aplicación.

laurinha #7 15/Outubro/2007 laurinha

Chi sará?

porque nom se aplicam as normas do artigo 5 da Ordem ao espanhol?
Será porque a imposiçom nom tem paragem?.
Será porque é a única língua oficial do estado?.
Será que ao pôr todas essas questoes do artigo 5 esta-se a dizer que o galego é denecessário e uma imposiçom?.

A vitima comvertida em verdugo subliminalmente, o que há que olhar

laura

laurinha #8 15/Outubro/2007 laurinha

eis a Ordem, que Vieiros nom a ligou

http://www.xurisnet.com/?cfr=U...

eis o artigo 5

Artigo 5º.-Solicitudes.

1. Á solicitude, segundo o modelo de instancia que figura como anexo I, deberá xuntárselle a documentación que se relaciona a continuación.

a) Certificado do centro en que conste a aprobación da iniciativa ante o claustro e o consello escolar, citando en ambos os casos a data, así como que contan coa aceptación por escrito das familias do alumnado implicado.. e de que jeito.

Dizei-me: Se o galego fora necessário e por tanto útil, e nom estivera pejado regionalemente - entre outras cousas-, faria sentido essas cautelas, para parecer que nom ha imposiçom do galego, é dizer ressistência do português da galiza ante o espanhol, língua oficial nacional e necessária aos espanhóis e que si se está impondo e de que jeito.

A melhor política linguística e a que faz necessária a língua (o novo Decreto esta-o a fazer desnecessário, se fora necessária quem ia questionar o seu role, como nom se questiona o inglês ou as matemáticas. Viva o cortelho regional

laurinha

OBSERVADOR #9 15/Outubro/2007 OBSERVADOR

Pois sim, é curiosa tanta cautela à hora de implementar no ensino a língua nossa.

Xeonllo #10 15/Outubro/2007 Xeonllo

Di Laurinha: "A melhor política linguística e a que faz necessária a língua (o novo Decreto esta-o a fazer desnecessário, se fora necessária quem ia questionar o seu role, como nom se questiona o inglês ou as matemáticas. Viva o cortelho regional".

Pois ben, fágase o galego única lingua oficial e xa será necesario o galego para a vida normal a todos os niveis. Utilízase o castelán porque é esta lingua a considerada necesaria. Á parte diso, ¿por que non se fai cumprir a lei de normalización lingüística? Porque esa lei nas escolas e colexios en xeral é na práctica unha auténtica brincadeira, non algo que se toma en serio. Non funciona nin funcionou nunca de verdade a inspección e, polo tanto, non se toman as adecuadas medidas represivas (si, represivas) contra os que incumpren leis como esa (igual pasa coa lei do tabaco nas cafeterías, que non existe na práctica). Os encargados nos colexios da "normalización lingüística" son case sempre auténticos incompetentes que non normalizan nada mais si todo o contrario, contribúen á situación actual de liquidación do galego.

OBSERVADOR #11 15/Outubro/2007 OBSERVADOR

Faça-se o galego a única língua oficial, diz Xoello...

Mas, caro, já pensou o que isso significa? (tanto me tem em que normativa, postos a isto, é o mesmo)

Vale, faça-se (QUEM O FAZ?) o galego (PORTANTO, NÃO-CASTELHANO) a única língua oficial (NA GALIZA, SUPONHO).

Isso é equivalente a pedir a independência da Espanha. Já reparou?

É muito mais grave que queimar qualquer face do Rey espanhol. E mesmo que fazer abdicar ao Bourbon.

Xeonllo #12 15/Outubro/2007 Xeonllo

Claro, galego única lingua oficial en Galiza, non vai ser no estado español. Mais iso non ten porqué significar necesariamente a independencia. En Suíza conviven no mesmo estado varias linguas oficiais sen existir unha que sexa común para todos os cidadáns suízos.

¿Non se di que a "unidade de España" da que fala a constitución é compatible co respeto ás linguas e peculiaridades de todas as rexións e nacionalidades? Pois sabendo que a única forma de que idiomas como o galego se salven é dándolle plenos poderes, recoñecendo que é a única lingua propia de Galiza, facendo discriminación positivo frento ao castelán, que foi imposto en Galiza traéndoo de fóra e que vén desprazando cada vez máis o galego, non sería disparatado un cambio na constitución para que o galego fose a única lingua oficial en Galiza, aínda que fose obrigatorio estudiar e saber o español.

Así que, en boa teoría e en consecuencia coa declaración de intencións de rexeitamento do tradicional centralismo, non sería imprescindible a independencia de Galiza para que se tomasen as medidas necesarias para a defensa dun idioma como o galego que foi pisoteado polo poder desde que Galicia foi incluída no reino de Castela. E ningunha das medidas tomadas ata o momento, como a cooficialidade, é suficiente para a boa saúde do galego, a pesar de que segue a ser a lingua utilizada aínda pola maior parte dos galegos, xa que no rural é a única.

laurinha #13 15/Outubro/2007 laurinha

Xeonllo: A lei de normalizaçom linguística ademais de má lei (O BNG entre 1985 e 2001 apresentou por duas vezes proposiçoes de lei de modificaçom, pola sua deficiencia e carências. Na Catalunha levam 4 leis e Euscadi 3 da língua, há tempo que banirom o de normalizaçom). Bom, ademais nom é uma verdadeira lei tal e como sinala a jurisprudència e o C.C. pois o que informa a lei e o carácter executivo e exigível do seu mandato, e a lei 3/83 de normalizaçom linguistica carece de normas sancionadoras e/ou coactivas polo que é desde o ponto de vista do Tribunal Superior de Justiça da Galiza um desideratum, onde o incumprimento nom é punível, há alguma sentença em matéria da língua galega da que foi relator o actual des-validor que apreende-nos que isso é ....o que é quase nada.
Porque no acordo de governo Bloco -PSOE se fala tanto do galego e nada de compromissos legislativos sobre o mesmo?

eis as ligações de ineteresse para te documentares
http://www.amesanl.org/lexisla...
( Na galiza ha pouca legislaçom sobre língua, esta é a única lei e logo em desenvolvimento ordens e decretos bastante trapalheiros mas sem rango de lei e todos sem aparato coactivo)

Gaviotero #14 15/Outubro/2007 Gaviotero

Vaya, como no lo logran convenciendo, tienen que comprarlos.

Y encima, con el dinero de todos.

OBSERVADOR #15 15/Outubro/2007 OBSERVADOR

perdão, era Xeonllo... Coincido com a Laurinha.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: