O portal oficial da entidade católica está dispoñíbel en 25 linguas e ten versións de 61 países.
Web do Opus Dei en galego
A web da prelatura católica Opus Dei conta dende este mes cunha versión na nosa lingua. Con esta incorporación, a páxina xa conta con textos en 25 linguas e contidos de 61 países. A iniciativa coincidiu co quinto aniversario da canonización do seu fundador, Josemaría Escrivá.
Segundo indica a súa delegación en Galiza, o portal en galego inclúe unhas seccións fixas e outras que se renovan, como a actualidade da Prelatura e testemuños. Na web pódense ver vídeos, cartas do prelado, a historia do Opus Dei en Galiza e un servizo de información e resolución de dúbidas.
Podo ver que fixeron caso ós múltiples emails mandados... e que iso de que estivese en catalán e vasco, e non en galego... pfff
Excelente iniciativa que vén a demostrar que catolicismo e galeguismo poden camiñar xuntos.
Ai que alegria, já têm a "güeb" em castrapo.
Antes tinham em Português (Portugal) e Português (Brasil), não puderam pôr em Português (Galiza)?
NÃO
pusseram em Galego (GaliCIA) e todos parvinhos isolatas a saltar de alegria...
O nome em galego já o tinha:
O PUS DEI
O = Artigo definido masculino singular.
PUS = s. m. Líquido, normalmente espesso, em que há grande quantidade de leucócitos alterados provenientes de uma inflamaçom ou ulceraçom e no qual, por vezes, se podem encontrar os micróbios que a produzirom. Sinóns. Matéria, verinho [lat. pus].
DEI = Primeira pessoa do singular do pretérito perfeito do indicativo do verbo dar.
De verdade que a Opus Dei merece um titular? Ou é que interessa fazer-lhe publicidade?
Home, home, home! Meus parabéns! Quen o ía esperar!
Parabéns e grazas!
Agora xa lle marchou a ghaviota e perségueme a min. Meu Deus. Que cruz.
Eu só teño unha conta aberta. Es patético.
Isto é de pena, non se pode ver unha noticia tranquilo sen ter que aguantar estas pelexiñas de nenos da ESO?
O último que me interesa do OPUS é se falan en galego.
Estes son capaces de todo, con tal de crecer.
Será que algún dirigente del BNG, quizá miembro de la Obra, lo ha solicitado...
Gaivota, mas tu ainda não estás aí? Ou é que já te botaram por «holgazán»? Ou foi por não saber bem o «Padrenuestro»??
Home, gaviotero, chámalo la Obra, seica no montecastelo non te ensinaron inglés pero si a chamar ás cousas polo seu nome?
36204
Como agradecemento lles envío un pequeno detalle: O Código dá Vinci, traducido ao galego, cunha caixiña de condóns de agasallo.
Se é que os da Obra sonche moi listos e teñen xente en todas partes.
Meten medo :-((
Mágoa que só se galeguice a páxina do internet.
Mágoa que non se galeguicen as celebracións eucarística;, os templos que "atenden" na Galiza; as celebracións cos mozos e mozas, onde se ridiculiza (unha vez máis) aos que queren falar galego; as publicacións periódicas ou non que teñen.
Nesas estamos.
Molondron dixo: "Mágoa que só se galeguice a páxina do internet.
Mágoa que non se galeguicen as celebracións eucarística;, os templos que "atenden" na Galiza; as celebracións cos mozos e mozas, onde se ridiculiza (unha vez máis) aos que queren falar galego; as publicacións periódicas ou non que teñen.
Nesas estamos."
Totalmente de acordo. Mentres o Opus Dei de Cataluña si emprega o catalán (entre outras cousas a maioría dos membros son de alí, ou se non aprenden a lingua), a cousa en Galiza é moi distinta. Eu, que sei como é o Opus Dei porque o coñezo, e teño amigos que pertencen a el, apoio totalmente o que dí o comentario anterior.
No colexio ó que ía eu (Fomento), nin unha sóa misa en galego. A xente nos clubes do Opus Dei da Galiza non fala galego... os membros non o falan, e é que no Clube Xuvenil Rueiro (A Coruña), había: 4 numerarios galegos, 1 castelán, 1 madrileño, 1 navarro, 1 alemán... claro, e se as outas esferas non lles din que teñen que aprender a lingua do país... así estamos, que cando eu (que son neofalante) tomei a decisión de falar galego, esta xente mirábame
coma se fose un bicho estrano.
A o Opus non lle interesa, certamente, o galego.
Hai exemplos mil.
Os seus obxectivos son moi craros cara ó desenvolvemento de accións na sociedade para abranguer espacios.
Culpa teñen os que mandan os seus fillos ós seus colexios. ¡Mágoa de xente, que logo berra porque veñen inmigrantes!!!!!