Cruce de acusacións, malia a aparente coincidencia dos tres grupos parlamentarios na necesidade de impulsar os traspasos competenciais.
En febreiro de 2007, o vicepresidente da Xunta saía da reunión co daquela ministro de Administracións Públicas co compromiso "adquirido" para o traspaso a Galiza a curto prazo de até sete novas competencias. Pouco despois, o propio Anxo Quintana comparecía no Parlamento para explicar o detalle do plan e o guieiro de traballo para facelo efectivo. "Todos estivemos de acordo", recordou Quintana este luns en entrevista na Cadena Cope. No cartafol está ademais o documento que inclúe até 70 ámbitos competenciais onde o Goberno aspira a avanzar na negociación co executivo español antes de que remate a lexislatura.
Paradoxalmente, unha recente intervención do presidente español, José Luís Rodríguez Zapatero, indicaba unha paradoxal viraxe no calendario comprometido. "É un cambio de rumbo que ninguén acerta a explicar", laiouse Anxo Quintana. Segundo o vicepresidente, Galiza sofre "as consecuencias dunha situación da política estatal da que non somos culpábeis pero podemos ser pagáns". "O PSOE fala agora de España centralista onde falaba de España plural", queixouse.
Sobre o mesmo asunto, o presidente do PPdeG. Alberte Núñez Feijoo, aproveitou para acusar ao bipartito de sufrir neste tema as consecuencias de rifas internas. "Os nacionalistas bótanlle a culpa aos socialistas, e ao revés", afirmou. "Nós xa tiñamos sospeita de que o rexeitamento á aprobación dos traspasos era un boicot interno máis entre PSOE e BNG", asegurou, "outro resultado das rifas na Xunta". Feijoo subliñou que no mesmo período, Cataluña ou Andalucía conseguiron catro veces máis transferencias ca Galiza.
Pola súa parte, o voceiro parlamentario do PSdeG, Ismael Rego, atribuíulle a Feijoo ser "o único incapaz de facer algo por Galiza". "A súa única achega para o avance do autogoberno en Galiza foi o seu veto á reforma do Estatuto", reprochoulle. "A actitude do señor Feijoo fronte aos problemas de Galiza é feble e carente de argumentos", indicou Rego, "o cinismo do señor Feijoo por saír nos medios de comunicación sen nada novo que dicir evidencia a súa falla de compromiso con Galiza e cos galegos".
outros conquiren mais ca nos, dei do Feijoo craro e tudo istro e grazas a il a aos do seu partido PP de E, que non PP de G, cando tiberon unha oportunidade de dar un paso cara diante non o diron senon que o fixeron cara atras e a dereita, con xente coma eles donde imos parar, exemplos temos no seu partido e davondo, pais.
SEMPRE EN GALIZA
non esquenzades que isto que esta facendo o estado español xa o fixo ahi unhos anos.
Jejeje...ya dije hace un tiempo en este mismo foro que el PSdeG dejará al BNG tirado como una alfombrilla cuando ya no lo necesite.
Obviamente, el BNG lo sabe, pero mientras tanto esa pasta que se están llevando sus dirigentes, y el peassso Audi A8 que lleva a Quintana todos los días de Santiago a Allariz y de Allariz a Santiago, con su chófer y su secretaria...