De xeito paralelo ao XVII Congreso do Partido Comunista chinés, saen á luz dous informes que detallan o funcionamento da censura chinesa na internet: un do propio seo censor e outro dos EUA.
Dun lado está o estudo publicado por Reporteiros Sen Fronteiras titulado Journey to the heart of Internet censorship, -un documento feito por un técnico chinés anónimo-, e do outro unha análise dun grupo de investigadores dos EUA, que fala dos filtros da censura do país asiático.
A análise dende dentro do sistema
O informe froito dunha colaboración entre Reporteiros Sen Fronteiras e Chinese Human Rights Defenders (CHRD), foi feito dende o propio seo censor e controlador do goberno chinés. Redactado por un anónimo experto na rede chinesa -que se fai chamar "Mr. Tao" por medo ás posíbeis represalias gobernamentais-, o documento explica como son controladas a cotío as páxinas e os blogues chineses, alén de estruturar os organismos que se encargan de censurar, como por exemplo o Departamento de Propaganda Administrativa e a Oficina de Información e Opinión Pública chinesa.
A censura na rede chinesa, segundo este informe, non comezou até 2005, mais antes xa se controlaban as principais cabeceiras en papel e demais medios de comunicación para que non desen determinadas noticias. O informe de "Mr. Tao" tamén recolle métodos para burlar os órganos censores, dando, por exemplo, unha listaxe de palabras clave que lle serven ao goberno para atopar os contados que non quere ver na rede, como por exemplo os relacionados coa matanza de Tiananmen, que son bloqueados sistematicamente.
A chinesa, unha censura única
Segundo o informe norteamericano, o goberno chinés filtra as palabras que considera sospeitosas a través dun programa que filtra as frases, o ConceptDoppler. Segundo este estudo, a censura chinesa é única no mundo porque non bloquea determinadas páxinas ou direccións, senón as páxinas ou correos electrónicos que conteñen certas palabras.
Mais este filtro non sempre funciona ben, e cando se intensifica o tráfico na rede, as cousas sáenlles mal aos censores chineses, polo menos o 28% das veces, segundo os investigadores norteamericanos.
O goberno da censura
170 millóns de internautas hai na China, e o 19% teñen o seu propio blogue, no que rexeitaron aplicar a autocensura, loitando por non coartar a súa liberdade de expresión. Mais os métodos de control do goberno van alén da censura en web ou en correos electrónicos. Tamén fan un control editorial estrito das principais páxinas de información e introducen a propaganda gobernamental nos medios de grandes empresas como Yahoo, China ou Baidu.
RSF son axentes do Imperialismo e da CIA, capaces perfectamente de inventar todo para colaborar cos seus moi xenerosos "patrocinadores". Paso de RSF
Iso demostra só unha cousa, cando alguén está no poder trata de crear os mecanismos para xustificar a súa realidade.
Estamos no século da comunicación e os políticos sábeno (especialmente os corruptos e inmorais) non perden a oportunidade para manipular esta información patrocinando asociacións que supostamente terían que velar pola transparencia dos contidos ou dos sucesos.
O que dá graza é que parecese que a CIA é a única organización que favorece a manipulación da información do mesmo xeito que todos os grandes países capitalistas e esquécese que URSS e China teñen os seus organismos que manipulan información e ata na modesta Cuba existe o G2.
De tal xeito que a verdade ten que pasar o filtro do sentido común e do coñecemento vivencial da realidade (se é posible). Hoxe en día non só existen organismos internacionais que se prestan á manipulación das potencias (TODAS As POTENCIAS). Hai periódicos, intelectuais, etc.
Só falta ler Vieiros ,GZ-EXTERIOR e a cobertura de países como Venezuela. Onde só se presentan contidos a favor do goberno bolivariano e non se dá cobertura no absoluto ás opinións da comunidade galega neste país. Non cumpríndose ningunha das premisas que vieiros sinala “en que e *Vieiro?”
Non é o que este servidor pensa que debe facer o medio. É o que este medio sinala como razón de ser.
“Unha Galiza moderna, aberta a Portugal, feita dende ou exilio e a emigración para unha comunidade única de galegos non mundo”
“http://www.vieiros.com/vieiros...
Cando hai inxustiza social, esta é igual que ocorra dentro de USA como dentro de China. É o mesmo cando un obreiro latinoamericano é explotado por unha transnacional que cando esta mesma transnacional instálase en China e explota ás xentes desa nación.
Hoxe en día o mercantilismo e a explotación do home polo home son moeda de cambio comúns para os imperialismos xa sexa que se disfracen de dereita, centro ou esquerda.
Explotación é explotación ocorra onde ocorra e manipulación da información é manipulación da información ocorra onde ocorra.
Agora a SIP, unha suposta ovelliña que é pelexo para o lobo, pois agrupa á confederación sulamericana de PROPIETARIOS dos medios de comunicación -igoaliño de ben regados que os RSF e tamén ó servizo do Imperialismo-, saíndo en defensa de algúns medios como a CTV que Venezuela non renovou ou outras que poidan verse afectadas no Ecuador e Bolivia, incluso na Nicaragua ó millor, pois lánzase ó ataque de novo contra o bolivarianismo.
E non é que éste sexa imperfecto, que ten que selo necesariamente, mais as índices económicas para a populación mais precaria económicamente son aceptables. Mesmo que haxa emigrantes galegos disconformes: ó millor é que os galegos non están no tramo precario da sociedade venezolán, por ser comerciantes ou pequenos ou medianos empresarios. Mais coido que non ha irlles mal no asunto (nun caso de empresa transportista están sin novidade, segundo me indica deliberadamente o abó dos empresarios).
Amigo ECOE, creo que vostede se refire a RCTV xa que a CTV en Venezuela é a (Confederación de Traballadores de Venezuela) a cal non é un medio senón un sindicato.
Se desexa informarse respecto diso, léase a Lei de telecomunicacións de Venezuela e darase conta que no seu articulado está moi claro no concernente a cando e como se renova unha concesión dun medio.
Neste país as concesións a medios de comunicación duran 20 anos (algo parecido á licenza de conducir) e renóvanse automaticamente se non existen xuízos ou sentenzas firmes que xustifiquen a non renovación. En poucas palabras, o que fixo a lei faia deste xeito para que calquera funcionario non peche o medio de forma caprichosa ou interesada. A vostede gustaríalle que non lle renovasen o carné de conducir “por que se lle venceu a concesión” ou ao funcionario non lle gusto a súa cara ou no caso de Venezuela por que aparece na LISTA TASCON.
RCTV do mesmo xeito que moitos medios en Venezuela teñen acusacións e expedientes abertos ante distintas instancias desde fai anos. Cando se fala de xustiza “todos son inocentes ata que se demostre o contrario”. Desafortunadamente o poder xudicial ou todos aqueles que exerceron recursos contra esta canle non lograron ningunha sentenza condenatoria firme (se existe dígaa). Polo tanto o legal é que non se quitase a concesión.
De todas as maneiras, se vostede é curioso sería bo que vise os números de audiencia que ten a nova canle do estado e compáreas coas de RCTV. As cifras dan tristeza.
Non é que RCTV fose unha boa canle e que non respondese aos intereses da oligarquía, pero por favor, a que intereses responden VTV, VIVE TV, TELESUR, TVES, A CANLE DA ASEMBLEA, etc. Saiba vostede que todas as canles anteriores son dos venezolanos, pagados co petróleo e os impostos de nós.
Con respecto a SIP tes razón. Do mesmo xeito que outros organismos responden aos intereses que mellor lles parece e ás verdades segundo o seu punto de vista. Pero lamentablemente pódeme dicir vostede que foro ou asociación de xornalistas que sinalan o contrario da SIP non responden a intereses. Os países e os gobernos adoitan financiar a intelectuais, xornalistas e pare vostede de contar para formar asociacións que respondan aos seus intereses. De tal xeito que a práctica de descualificar ao opoñente é común para os réximes intolerantes.
Cando sinala sobre os emigrantes galegos en Venezuela. Tocaches o punto máis importante. Eu non sei realmente que opinan xa que comprenderá que é difícil sacar conclusións en base ás persoas dunha contorna particular. O detalle é que Vieiros (non a miña persoa) ten unha declaración de principios “que e Vieiros?” Pero resulta que se vostede le o apartado GZ-EXTERIOR beira que do menos que fálase é dos galegos en Venezuela, certamente parece a tradución do galego das noticias da axencia bolivariana de noticias.
Cando fala de “índices económicos” Pregunte vostede se é mentira que os Mestres, profesores de liceos, enfermeiras, bioanalistas, celadores e médicos cobran menos de 160 euros ao mes (os que máis cobran) e o goberno négase desde fai anos a discutir os contratos colectivos. Mentres tanto hai diñeiro para comprar débeda Arxentina, vender petróleo e combustible económico a Cuba e á o sistema de transporte da cidade de Londres.
Vostede cre que logo de 9 anos de goberno revolucionario coa maior cantidade de ingresos da nación nos últimos 50 anos. Morran máis persoas vítimas da delincuencia que na guerra de Iraq ou ter que buscar como un tolo leite e azucre, ou simplemente teña que comprar os medicamentos para ser atendido nun hospital. Vostede cre que isto é xustiza social.