Os alcaldes das sete cidades galegas xuntaranse en Compostela para estabelecer unha estratexia común e poder enfrontarse aos problemas que están a xerar os botellóns.
Foi o alcalde de Compostela, Sánchez Bugallo quen falou cos medios, declarándose partidario de determinadas medidas como a prohibición da venda de alcol pola noite. Tamén pediu a mediación da Xunta no asunto.
O alcalde compostelán respondía deste xeito a unha pregunta da oposición (PP) que lle lembraba a Bugallo na terza feira que unha das medidas que pode empregar para combater o botellón é a Ordenanza de Convivencia, Residuos e Limpeza, á que debera botar man, segundo os populares.
De todos os xeitos Bugallo considera que el posúe "medios humanos e materiais limitados" para enfrontarse a un problema que todas as quintas feiras é noticia nos medios de comunicación galegos.
Loitando contra os botellóns
O botellón é un tema recorrente esta semana e mesmo saíu da propia Xunta unha posíbel solución. A directora xeral de Comercio da Consellaría de Innovación e Industria, Ana Rúa quixo lembrarlles aos alcaldes que poden limitar a venda de bebidas alcólicas nos comercios, aplicando a Lei de Horarios Comerciais, que lles permite "acordar de xeito regularizado e por razóns de orde pública" a prohibición de vender alcohol das dez da noite ás nove da mañá.
Mais Rúa quixo salientar que esta medida é proposta dende a Xunta para dar unha solución ao chamado fenómeno do botellón, que estes días enche de titulares os xornais, mais dun xeito "estritamente comercial", sen afondar no problema social que hai detrás.
non creo que lles coste moito traballo os ( cómo vamos chamalos? botellonenses, botelloneiros? botelloneses? ) que participan neste tipo de tinglados mercar o bacardí e o jotabé pola tarde, cando eroskis, gadis, carrefures e demais tropa moven, até o paroxismo, as cintas das caixas rexistradoras, polo que a solución buscada por bugallo ( e suxerida pola miña veciña ) non servirán para outra cousa que para tapar un pequeno espazo na prensa.
o enfrentamento das autoridades con este tipo de actos, de calquera forma, non parece estar moi xustificado e, posiblemente, mellor sería artellar uns cauces que permitisen a convivencia de festeiros e veciños, de orde pública e prácticas lúdicas, que buscar nas recámaras da ley a forma de acabar con estas manifestacións; anque, tal e como se está a xudicializar a vida na península ( polo menos nunha boa parte de ela ), tampouco sería moito de estranar que tamén neste caso se buscase acabar coas moscas a cañonazos.
a cousa, ten sen dúbida, unha compoñente endiañada: a hostería é unha ocupación moi extendida en cidades e vilas e enche unha boa parte dos baixos comerciais das mesmas. eses baixos acadan uns prezos desorbitados, por mor da especulación á que a política de construcción ten levado o asunto, e non queda outra que meter clientes e máis clientes para a barra e facelos consumir productos de dudosa categoría, servidos por estudantes ou outros elementos sen formación algunha no traballo hosteleiro ó tempo que se cobran unhas facturas totalmente fora de madre, que axudan a mitigar tamén os abusos impositivos ós que organismos autónomos e estatais someten a este tipo de negocios.
entón, a unión de todos eses coadvuvantes ( e a proliferación nos derradeiros dez ou quince anos de tugurios " de ambiente " donde, na práctica, a clientela xa se concentraba máis nas aceras que no interior dos infectos cuchitriles donde se despachaban os alcoholes e as finas herbas de fumar ) da cóa alternativa da xuntanza en prazas e parques e co aprovisionamento selectivo de productos nos centros comerciais. se temos en conta que unha boa parte da " hostería nocturna " merca ó mesmo prezo estes productos, o bebedor ( ou cliente ) afórrase a marxe con que o empresario ia gravalo cubalibre, marxe nada ridículo e, que como se apuntou antes, serve para trasladar unha serie de gastos e tasas a ese consumidor que ben pode estar de acordo con financiar o sistema público de sanidade, pero que cecais desista de pagar as letras do novo bmw que mercou o dono do local ou de sostelo durante toda esa semana que non curra en espera do venres noite.
doctores tiene la iglesia, pero o botellón non é máis que unha resposta razoablemente cabal o problema dunha cidadanía empeñada na dinámica infernal de hipotecas, coches, vacacións de este ano e o anterior, roupa, reloxios, etc e, ademais, conta co compoñente histórico e social da festa popular da segunda metade do século xx, da verbena até altas horas, das pantagruélicas celebracións do estío patrio e das, tamén, baconianas exaltacións de caldos e licores que atravesan o calendario entre xaneiro e decembro.
ademais, e sobre todo, a rúa e dos cidadáns, para amole de quen sospira que sexa soio da policía. tanto falar de que a xuventude se encerra co internet e ca ps a masturbarse na casa e logo temos medo de vela relacionándose nas prazas!!! veña ho, se non dorme ben non será de eso, que eu cando teño sono nin me molestan os cans que oubean pola cadela nin os ratos que teño no faiado. nas cidades hai tránsito de coches, camións, trens, avións... vivimos no país máis ruidoso de occidente, o que non teña a orella afeita fai anos que tería que internarse!!!
outra cousa son os problemas derivados das inxestas masivas de alcohol, pero eso nin está máis presente no botellón que nos outros lugares nin é o motivo real do interés dos medios nin da queixa dunha pequena leva de cidadáns. e tampouco é algo no que eu quiera entrar, anque supoña un problema grave. o botellón, a pesar do seu nome groseiro e vulgar, ten que organizarse e ten que seguir. non hai volta atrás.
Visto nun blog
http://melnibonenews.blogspot....
O botellón non é un problema social, nen tampouco necesariamente un síntoma dunha sociedade enferma. De ser síntoma de algo, seríao da hipocresía dominante entre a xeración que agora está instalada no poder.
E é que nun país onde o 80% da poboación consume alcohol e hai unha festas do viño en cada vila, resulta absurdo pretender que hai un grave problema social porque os adolescentes e mozos tamén beban. Un amigo meu sostén que a cuestión é que "se lles vexa como beben", polo que chegamos ao absurdo de que tomar unha cervexa nun parque ás 12 da noite parece máis perigoso que meterse unhas raias de coca ou tomar unha pastilla nunha macrodiscoteca ás 7 da mañá.
De feito, se o miramos sen preconceptos, resulta que hai cousas positivas no botellón. En primeiro lugar, significa unha pequena rebelión contra a "privatización do ocio", xa que implica reapropiarse dos espazos públicos para o disfrute dos cidadáns -ou acaso os mozos non somos cidadáns-. E tampouco é certo que o botellón implique gregarismo e evasión da realidade. Ou acaso non resulta moito máis fácil falar de política nun parque que nun bar onde a música non te deixa escoitar as conversas?
Claro que todo o discurso "antibotellón" parte dunha premisa falsa establecida pola xeración dos nosos pais, hexemónica no goberno e na creación de pensamento: "nós cando eramos mozos pensabamos na revolución e tiñamos que estudar e traballar; a xuventude de agora só pensa en chuzarse". Pois non. Como afirmou Afonso Eiré nun artigo n'A Nosa Terra: "os mozos de antes bebían máis, eran máis violentos e conducían máis borrachos". Claro que hai cousas que se esquecen con máis facilidades ca outras.