O presidente de ERC participou no programa Tengo una pregunta para usted xunto a Josep Antoni Duran i Lleida e Gaspar Llamazares.
O programa de Televisión Española Tengo una pregunta para usted contou o martes á noite coa presenza dos políticos Josep-Lluís Carod-Rovira, presidente de ERC; Josep Antoni Duran i Lleida, voceiro de CiU no Congreso español, e Gaspar Llamazares, coordinador xeral de IU. Cada un dos tres representantes políticos foi respondendo as preguntas que lle formulaba o público presente no plató. A intervención máis agardada e máis polémica foi a de Carod-Rovira. A anécdota da noite foi o momento en que defendeu o seu nome, Josep-Lluís, fronte a dous cidadáns de Valladolid que lle chamaron “José Luis”: “Se vostedes en 300 anos non aprenderon sequera a dicir Josep-Lluís pero en cambio saben dicir Schwarzenegger ou Shevardnadze, vostedes teñen algún problema, non eu”.
Todas as intervencións do programa pódense ver na canle de TVE en YouTube.vivaaaasss i bravos por Josep-Lluís!!! pagüer, pagüer!
Josep-Lluis estivo brilhante, correcto e aguilhoante frente à feixista do PP e o de fachadolid: estes dous foram buscando tralha e voltaram com o rabo entre as patas.
No jornal da noite do canal La2, umha rapariga de Santiago tivo a oportunidade de fazer a sua pergunta já fora do programa: menos mal que nom a deixarom intervir!!!: "yo hablo gallego y pienso que es un idioma y no un dialecto, mi pregunta para el sr. Carod seria por que hai que echar a alguien de Catalunya por no hablar catalán" pasmadinho fiquei com tanta imaginaçom e verborreia infantiloide!!!!
aquí alguén terá que recoñecer errores de concepto en algún momento; por que non pode ser que todos teñamos razón. e sí a ten carod rovira, si o que dí diante das cámaras é perfectamente razoable para calquera con dous dedos de frente, o razoamento xeral terá que situar a todos estes agoreiros e tastabexos no seu lugar. quizás, eso sí, ese lugar sexa o corazón e o voto de tanto analfabeto, de tanto subnormal funcional como onte representaron algúns convidados a este espazo que ahora nos serve para o debate. pero que non sexan eses e os seus interesados representantes os que marquen o noso camiño.
Eu tb vi a rapariga, era das de tangallegocomoelgazpacho, ela nunca nunca imporia a ninguén na Galiza o galego, nem botaria à gente de aqui por não o saber falar?
A lástima foi que não lhe perguntara isso mesmo ao Rovira. Penso que ela mesmamente ia com essa intenção, era um discursinho muito básico e aprendido de cor(yo hablo gallego -ha!- y no es un dialecto, eh?, pero no quiero que me lo impongan ni que ECHEN a nadie fuera de Galicia por no hablar gallego)!!! : essa nacha ia com intenção de perguntar, não se atreveu à que a replicassem e buscou poder botar depois o speech que levava depois tranquila...Na Galiza botam à gente por não falar galego, na Galiza impõem o galego...onde é que isso lemos ouvimos...? ;-)
Pergunto-me eu pelos critérios "aleatórios" na escolha.
soberbio, con politicos coma el falando craro e forte, co corazon e ca cabeza ese e un politico, que di o que pensa e da oa que vai por leña dalle lume, esplicase claro e alto, con politicos coma el outra cousa seria, o esplicou ben con eles os que non nos queren polo tanto donde non te queren sobras, adeus moi ben.
SEMPRE EN GALIZA.
Apenas escoitéi os derradeiros 10 minutos, pero puxéronllo ben fácil: as preguntas que vin (e outras que me contaron) non eran moi comprometidas para quen practicou as respostas para as posibles preguntas. Non obstante respostou ben e tranquilo.
Mágoa que para poder ouir cousas como as que dixo e moitísimas que non dixo, teñan que pasar moitos anos -así en horario ponteiro non deixan nin controladas expresións de disconformidade como a de Carod, por outra parte siñor culto e con táboas, que se di).
Esta mañán unha señora maior comentábame que cómo era Carod, que non quere ser español, que hai que ver o que se podía dicir! (os medios de comunicación e o €stado ocultan, por medio do control do pensamento, o que a xente líbremente di e pensa)
Carod-Rovira, por certo, sabe falar um galego bastante decente. Desde logo, melhor do que muitos galegos e, mádia leva, do que muitos espanhóis.
Já agora, quantos espanhóis sabem algum outro idioma peninsular?
Paréceme perfecta a resposta de Josep-Lluis! Eu non escoitei aínda a ningún catalán dicir Josep-Lluis Rodríguez Zapatero, nin escoitei vasco dicir Josu Kepa, ou galego dicir Xosé Lois... é unha incultura enorme! Ninguén di Jorge, Gorka, Xurxo ou Jordi Bush!
Galeguzo, ningún español sabe outro idioma peninsular, é a triste realidade.
Que se pode dizer?
Que enveja, que enveja, que enveja!!! Cando teremos nós um/uma política de semelhante talha democrática?
Só um reproche: o não ter citado a Galiza (Catalunya, Eskadi, ponto). Já nos da por perdidos ou que?
QUE ENVEJA!
Moi ben Josep-Lluís. Sincero, directo e clarísimo. Sen pelos na lingua. Non se amedrentou ante ningunha pregunta comprometida. Declarouse independentista abertamente.
Defraudoume Gaspar Llamazares. Escapou a moitas preguntas e foise polas ramas.
E dixo algo que me gustou moito. (Vai por Gaviotero) Con actitudes como as que están tendo moitos españois con Catalunya van conseguir que terminen odiándolles.
Xa me gustaría un partido non nacionalista en Galicia pero independentista cun político como Josep Lluís Carod Rovira.
O que dixo da actitude de España para conseguir Xibraltar. Un dez.
Eu fun a Xibraltar de visita e ao volver tivéronme dúas horas na aduana, a policía española, sen comprar nada. A min e a todos os que pasamos. Como para querer ser español.
Concordo co que dixo Carod, pareceume un tío moi coherente co que pensa.
Dende sempre envexei a política catalana. Ata o PP cando era de Josep Piqué, que defendía as suas ideas sen entrar no "acebismo"( ou "zaplanismo" como se prefira.
Agora que as tvs e periodicuchos xa toparon o chiste para ridiculizalo, que pena(e que asco o mesmo tempo)...
Ah!que mal deixou ó de fachadoliz(coñezo algun de por aquí que é =), e á señoriña do peinado... GRaNDe CaRoD!!
A respeito da Galiza, eis o que pensa o senhor Carod-Rovira, linguista e político:
http://www.agal-gz.org/modules...
Perdoa Ghaviotero mais Xose Lois em euscaro nom e Josu Kepa (isto e Jesus/Xesus-Pedro/Pero)...Jose e Joseba que eu saiba
falando de intervintes: vistes que guapa estaba aina calpe serrats? anque a presentaron como estudante, ten traballado de actriz e protagoniza un interesante filme de josé maría de orbe chamado a liña recta. extranóume o seu nervosismo, a súa dificultade para concretar o que quería decir ( ela excusóuse decindo que tiña a voz mal ), pero entendo perfectamente a que se refería cando recoñeceu que os seus peores temores se estaban a confirmar ca actitude mesetaria cara as periferias nacionais ( tamén tocou, anque milá non deixou seguir ese fío argumental, á prensa como culpable de moitos de estes estados de ánimo, xa que na búsqueda do rédito publicitario e electoral buscan máis a confrontación que a unión ) . e foi a partir da sua intervención cando o debate ganou puntos, pois a partir de ahí carod foi moito máis incisivo e craro.
Moi bem Carod.
O deses dous que lle traduciron o nome só pode ser considerado de "ignorancia" ou falta de respecto, o dos "pseudo-xornalistas" que hoxe critican a Carod, é sometemento da razón á súa ideoloxía españolista
"Perdoa Ghaviotero mais Xose Lois em euscaro nom e Josu Kepa (isto e Jesus/Xesus-Pedro/Pero)...Jose e Joseba que eu saiba"
Tes razón, trabuqueime! En éuscaro, Lois é Koldo!
Respecto ó de Xosé, eu non o teño tan claro. Josu en realidade non é nin Xosé nin Xesús, Josu e Josu (ou Iosu tamén, segundo as zonas). De feito, nas igrexas dise Jesus, non Josu. Porén, Joseba ou Joxe si que é Xosé.
Grazas pola corrección.
Fixástesvos como trataron os medios de comunicación estes días ese "minuto de ouro" da entravista a Carod?
Curioso que, até o de agora, ninguén censurase a actitude dos dous vallisoletanos (a xubileta e o estudante) que se mofaron e chulearon da lingua e do sentir catalá;, e de ahí, as palabras do líder catalanista sobre ben que corremos para aprender palabras en inglés ou ruso (os dous exemplos que puxo), pero amosar interese por outra das linguas do Estado que non sexa o castellano, nada.
Pois ben, así nos vai e así temos os medios que temos.
Moi ben Carod-Rovira, políticos coma el fan falla en todas partes; é un patriota de pés a cabeza e non se deixa asoballar nin tentar polo suculento que resulta o poder e o aburguesamento que ofrece España. Espero que siga así e haber se volvemos (porque xa o tivemos con Beiras) ter un político deste nivel.
A CIG destapa a existencia de tratos de favor a empresas vinculadas ao PPdeG
Edición xeral
Luz verde á Lei Ómnibus co 'Non' do BNG, que pedía blindar as condicións laborais e garantir deberes lingüísticos
Edición xeral
"Que impere a razón", reclámalle Vázquez a Zapatero ao fío das caixas
Edición xeral