Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PRESIDENTE DE AGACeS

"Google é un monstro que vai diante de calquera administración"

Jaime Garaboa, organizador do congreso estatal sobre cartografía dixital que comezan hoxe en Santiago, analiza o futuro da información xeográfica na rede

M. Vilas - 14:08 17/10/2007
O Obradoiro en Google Maps

O Obradoiro en Google Maps

Asociación Galega de Cartografía e Sistemas de Información Xeográfica (AGACeS) organiza dende este mércores as IV Xornadas IDE de España (JIDEE 2007). Uns 250 expertos en sistemas de información xeográfica dixital participarán nesta importante cita que se prolongará ata o venres.

A aplicación máis popular entre os sistemas de información xeográfica é o Google Maps. O presidente de AGACeS e responsábel da organización do evento, Jaime Garaboa, recoñece que “Google é un monstro e vai diante do que poida facer calquera administración” debido a súa capacidade e alcance global.

SITGA e ideAC
Con todo, en Galiza tamén se desenvolven ferramentas propias, como explica Garaboa nesta entrevista. O SITGA da Consellería de Medio Ambiente e o ideAC da Deputación da Coruña son exemplos de como as administracións galegas están aplicando as últimas novidades da cartografía dixital.

Segundo Garaboa, a cartografía dixital en Galiza aínda está despegando sobre todo grazas aos esforzos do sector público. A AGACeS agarda que este congreso sirva para achegar esta tecnoloxía ao público e involucrar máis axentes no seu desenvolvemento.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: