Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
INTERNET EDUCATIVO

Nace unha nova enciclopedia na rede: Kalipedia

Ao formato clásico engádenselle funcionalidades sociais da web 2.0: crear grupos, crear blogs, engadir tags, gardar favoritos, subscrición RSS

Redacción - 17:55 17/10/2007
Kalipedia.com

Kalipedia.com

Kalipedia é o primeiro recurso na rede onde poder consultar de forma rápida e fiable educativos e compartilos con outros usuarios. O grupo editorial Santillana apostou pola integración dos contidos multimedia para diferenciarse doutras fontes de consulta da rede. Kalipedia organiza a información por temas e apóiase moito nas imaxes e os vídeos.

InterKambiador
A diferenza da Wikipedia, Kalipedia vai dirixida máis á consulta escolar e está baseada na web 2.0. Por iso permite aos seus usuarios compartir contidos e interactuar coa páxina a través do chamado 'interkambiador', unha comunidade de profesores e estudantes onde o internauta pode personalizar, ampliar, compartir, valorar, publicar e comunicarse con outras persoas: blogs multiusuario, foros, xeración de grupos con intereses afíns, avatares personalizados, clasificación dos seus propios contidos, retos, concursos ou tests de autoevaluación.

Ademais, inclúe noticias na súa páxina de inicio e un glosario de termos.O usuario é o protagonista. Kalipedia ofrece a posibilidade de compartir, interactuar e participar onde o internauta pode personalizar, ampliar, compartir, valorar, publicar e comunicarse con outras persoas: blogs multiusuario, foros, xeración de grupos con intereses afíns, avatares personalizados, clasificación dos seus propios contidos, retos, concursos, tests de autoevaluación....


2.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: