Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Condóns pola normalización lingüística

"Cando fodas non esquezas a lingua"

O colectivo compostelán Gentalha do Pichel distribúe preservativos con palabras galegas relacionadas co sexo.

Redacción - 18:30 17/10/2007
Os condóns con mensaxe

Os condóns con mensaxe

O centro social A Gentalha do Pichel, de Compostela, está a desenvolver unha campaña de promoción lingüística para dar a coñecer “novos campos semánticos”. A comisión de lingua da asociación e os colectivos LGBT da cidade están a distribuír condóns con mensaxe no seu envoltorio.

O consello de “Quando fodas nom esqueças a língua”, está acompañado dunha serie de palabras imprescindíbeis para a comunicación sexual: lamber, cheirar, beijo, foda, belisco, chupar, pele, língua, pirola, abraço, cona, vir-se, apalpar e cu.

Se queren completar o seu léxico, Vieiros recompilou no especial do Día das Letras 2002 un amplo vocabulario sexual galego, con abondosas achegas dos lectores.


4,36/5 (22 votos)

Comentarios (6)

anacleto #1 18/Outubro/2007 anacleto

Na súa língua híbridada do Portugués, esta xente seguramente correráse dicindo cousas coma "Com licença, posso meter a pirola na cona de voçé e apalpar qualquer coisa, nomeadamente o cú, para vir-nos mutuamente, no entanto?", ou cousa similar.Ademáis, estos/as neolusistas ligan mesmo en castellano se é mester(que coas cousas de comer non se xoga), cuanto máis foder.Eu acho.

chou #2 18/Outubro/2007 chou

Estas pequenas manipulacións xornalísticas...
Non sexades mintireiros, pois di: "Quando fodas...", non "cando..."

"pele" e "abraço"...

Unha aperta pra todos!

baltar69 #3 18/Outubro/2007 baltar69

como vou esquecela? a língua é necesaria antes, durante e despois.

BonKarallan #4 19/Outubro/2007 BonKarallan

eu mudiño, mudiño e ao remate un "pitiño"

BonKarallan #5 19/Outubro/2007 BonKarallan

Agora ben, para manter unha boa conversación agradécese contar cun amplo vocabulario.

Mourom #6 19/Maio/2008 Mourom

Observo em todos estes colectivos hippy-progres compostelanos uma constante centralidade monotemática de léxico, assuntos e imagens sexuais. Por que será?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: