É a cifra de cazadores que percorrerán os montes do país a partir deste domingo, entre as protestas da federacións e as novidades de compartir coutos.
A nova tempada, que se estenderá até o Día de Reis -a do cervo até o 30 de decembro e a do xabarín até o 27 de xaneiro-, comeza con varias novidades, como a de compartir tecores (terreos cinexeticamente ordenados, dos que hai en Galiza arredor de 400).
Con esta medida, as sociedades que controlan estes tecores acollerán a outros cazadores de fóra, non afiliados. Actualmente, en Galiza hai unhas 252 sociedades de cazadores, que xestionan economicamente os permisos para cazar nos seus tecores, as cacerías organizadas ou os torneos, entre outras actividades.
Ademais das novidades, coa apertura da tempada tamén veñen as reivindicacións da Federación Galega de Caza, que considera excesiva a veda de tres anos nas zonas queimadas polos incendios forestais, e piden que se reduza a un só ano, salvo naqueles lugares onde o hábitat non se recupere.
Uns 60 mil galegos botaranse ao monte nestes meses con cadansúa escopeta ou calquera outro tipo de arma, baixo un certo control que as asociacións ecoloxistas consideran insuficiente.
Eu pregúntome, ¿todos estes cazadores se lles gusta o campo non poderían pasear sen ter que dispararlle aos pobres animais que bastante sufren con tanta peste, parques eólicos, pistas forestais, incendios, autovías que lles están a estragar o medio natural?
Ao ler os titulares pensei que iniciabamos a guerra da independencia.
Logo xa ví que eran os cazadores. E hai quen cualifica a caza como un deporte, igual que os touros. Deporte para o matador, xenocidio para o animal.
Entre as industrias contaminantes e as balas exterminantes remataremos coa nosa terra e logo co planeta.