Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Belixerante crítica da CIG a Vicepresidencia

A CIG-Administración acusa a Quintana de privatizar "todo"

A sección do sindicato nacionalista di que a Xunta monta 'chiringuitos' a un ritmo “como nunca se viu”. Sinala as Galescolas e os centros de maiores.

Redacción - 17:00 19/10/2007

“A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar segue co seu ritmo galopante de privatizacións como nunca se viu na Xunta de Galicia”. Así comeza un durísimo comunicado da CIG Administración contra as políticas da Vicepresidencia da Xunta de Galicia.

Galescolas e centros de maiores

En concreto, esta sección do sindicato nacionalista acusa a Anxo Quintana de privatizar a selección de persoal das Galescolas e dos centros de maiores. O certo é que será unha empresa privada quen seleccionará os traballadores destes servizos públicos, tal e como se pode comprobar no DOG. A cambio, a Xunta pagará 240.000 euros.

A CIG Administración tamén critica a convocatoria, polo trámite de urxencia, da xestión das adopcións. Unha compañía farase cargo desta actividade, a cambio de 170.000 euros, segundo figura no DOG.

Ataque persoal a Quintana
O sindicato, o máis votado na Xunta, cualifica de “escandaloso” este tipo de adxudicacións. É máis, CIG Administración acuas a Quintana de montar “chiringuitos” co fin de “evitar que o persoal sexa seleccionado a través de tribunais independentes e imparciais para así colocar aos seus amigos”.

O comunicado conclúe preguntándose “para que están entón os máis de 500 funcionarios adscritos a Vicepresidencia? , para que están entón os máis de 20 asesores adscritos ao Vicepresidente?”. Vieiros comunicouse con Vicepresidencia para dar a coñecer a súa versión. Con todo, o departamento de Quintana declinou, polo de agora, responder as críticas de enchufismo.


4,48/5 (21 votos)


Comentarios (21)

guillerme #1 19/Outubro/2007 guillerme

Pero Quintana non era de esquerdas????? Por favor, que alguén bote a este tipo do BNG porque senón moitos imos deixar de confiar neste partido.

quintanista #2 19/Outubro/2007 quintanista

Quintana é de esquerdas e tamén intelixente demais como para saber que se quere que un traballo se faga ben o mellor é prescindir do funcionariado que en maioría poboa a administración.

pikolote #3 19/Outubro/2007 pikolote

Non guillerme, coido que os que non son de esquerdas (algún dia fórono) son os "sindicalistas-admon"

emigrado #4 19/Outubro/2007 emigrado

Quintanista o que dis é demagoxia en estado puro. O que está a pasar coas galescolas, caso que coñezo máis de perto, é que para entrar a traballar nunha hai unha entrevista persoal que ten unha valoración de 8 puntos no total do concurso de acceso. Isto só serve para COLOCAR aos amigos do que entrevista ou do que paga ao que entrevista. O que está a pasar é peor co que pasaba con Fraga. Onde está a rexeneración democrática que prometía esta xente? ou é que a rexeneración pasa por comprar Audi's a pares?

Barcelos #5 19/Outubro/2007 Barcelos

O enchufismo e a burocracia non a inventou Franco. Existiu no século XIX, existiu no século XX con Franco e existirá sempre, con calquera partido político, sexa comunista, fascista ou demócrata.

Quintana non ten porque ser mellor que os demais, pero tampouco é peor. Quen quere meter a un inimigo na sua casa?

Barcelos #6 19/Outubro/2007 Barcelos

Os sindicatos nacen ao son dun partido político pero logo deixan de ser de esquerdas ou de dereitas. Defenden aos seus traballadores, que é o que teñen que facer. O que pasa é que ás veces os intereses duns traballadores chocan cos intereses doutros e o sindicato ás veces é o mesmo e atópase nun conflito de intereses que non sabe como resolver.

Barcelos #7 19/Outubro/2007 Barcelos

Por que se di nesta noticia, a CIG-Administración?

Hai tamén unha CIG-Empresas privadas de contratación?

COUTOVEN #8 20/Outubro/2007 COUTOVEN

O privatizar tende a ser demonizado moito. Non necesariamente por que sexa malo en si mesmo. O problema é que este mecanismos do mesmo xeito que outros estivo suxeito de prácticas fraudulentas. A privatización como a nacionalización son mecanismos que utilizados correctamente poden dar orixe a prácticas económicas e politicas saudables.

Creo que é inxusto que a un político cualifíqueselle de esquerda ou de dereita polo só feito de nacionalizar ou privatizar. O que hai que ver é a eficiencia e a necesidade de restarlle discrecionalidad ao contratar de persoal por parte do estado, xa que isto pódeo transformar en ineficiente e clientelar. Tamén temos recordar que os sindicatos nalgunhas oportunidades negociaron cargos cos patróns ou facilitando os empregos aos amigos e familiares dos directivos destas organizacións.

De tal xeito que creo que é máis preocupante que Anxo Quintana este facendo comparsa aos príncipes de Asturias xa que se el realmente representa ao nacionalismo galego tería que deixar claro a súa condición de antimonárquico polo anacrónico desta institución. Pola contra que non fale de nación galega senón do reino de galiza.

echeoquehai #9 20/Outubro/2007 echeoquehai

Non, se agora vai resultar que privatizar é bo! O que che hai que oir! Algúns con tal de non falar mal do seu líder cósmico son capaces até de deixar de ser de esquerdas... ui, perdón, pero se Quin non é de esquerdas, é nacionalista. E do Opus, por certo.

Manuelaldao #10 20/Outubro/2007 Manuelaldao

Este tipo de actuacions deslexetimiza a quen as fai, e a quen as consinte.

lavesedo #11 20/Outubro/2007 lavesedo

o do bloque xa cheira!!
Mais o peor é o q di echeoquehai, q os simpatizantes tenten xustificar as cacicadas do quin é máis grave

mceleiro #12 20/Outubro/2007 mceleiro

Manda caralho!!!!

Assim que agora privatizar é de esquerdas????

Evidentemente que sim, da "esquerda" que representa o PSOE e agora também o BNG, e dizer aqueles meninhos de papá que se autodenominavam "progres" e agora que medrárom, som empresários neoliberiais agressivos que só se diferençam da direita mais carronheira em que ela está assentada e eles luitam por serem os novos ricos.

Quando un SERVIÇO PÚBLICO, se privatiza, a sua funçom já nom é a de ser um SERVIÇO PÚBLICO, senom de dar benefícios ao accionariado da companhia concesionária.

Quando os SERVIÇOS PÚBLICOS, som privatizados, os cidadãos aos que servia, passam a ser CLIENTES, onde os seus DIREITOS COMO CIDADÃO, passam as ser os que marquem as câmaras de comércio para os "consumidores". E certamente o que manda é o dinheirinho.

Cuando umha empresa se nacionaliza, cousa que nós nunca vimos e possivelmente nunca veremos, a é o caso contrário. Umha empresa de telefonia, deve dar simplesmente serviços aos seus utilizadores, e a preços de custo, nom de lucro.

Agora estám a sair a luz a verdadeira chusma que está a mandar hoje no bng, que já nom é um "frente" nem menos um "bloque", é um partido "a la española", totalmente burocratizado, corrupto, carente de democrácia interna, que nom tem outro programa que o de manter o cu nos escanos para aupar aos amiguinhos. E ao que nom cale, já seja da CiG, GN, Adega, ou qualquer outra organizaçom do seu "universo", manda-no à merda.

Que expliquem a merda de convenios que estám a firmar, onde manda a patronal. Que expliquem os vínculos da conselharia de médio rural, com o novo entramado de multinacionáis agrícolas que os seus amiguinhos estám a criar, onde se redicaliza a política de "Abandono voluntário da explotación", onde dentro de uns aninhos os labradores passarám de ser labradores proprietários a ser proletários do campo, empregados de outras empresas.

Que caralho se passa com Reganosa? Onde está Nunca Mais?
Por certo, há méios por se volta por aqui outro Prestige?

Que o grandíssimo filho de p. de Fernando Blanco explique como vai prantar Galiza de parques eólicos para que os seus amiguinhos sejam os novos "Condes de Fenosa". Anda o pobre luitando muito, porque os espanhóis também querem talhada desse novo papel que têm asignado para o nosso país.

Vos dade-nos hino e seleçom, e mentras continuai com a devastaçom da Galiza, agora em troques dos caciques fascistas, temos os novos caciques neoliberais.

Manda caralho, e eu que pensava que pior que Fraga nada poderia haver.....Aqueles polo menos eram ineptos. Estes som listinhos demais.

charino #13 21/Outubro/2007 charino

Non lembrades aquela canción portuguesa de "E sempre, sempre a mesma melodía/ mudan as moscas, mais a merda non varían". E aínda que votamos lles temos que pagar.

eliodoro #14 22/Outubro/2007 eliodoro

sobre o tema o que acabo de recibir como delegado da CIG, a algun pode aclarar, vede:

Caros coincido com todos em que ha que denunciar as assistências técnicas e os chiringuitos, mas temos que ser rigorosos e usar sempre a mesma vara de medir e ajustar-nos a verdade.

O Consórcio nom é um chiringuito, é o único procedimento de que seja administraçom pública umas actividades que pertenciam aos concelhos e que iam ser entregues a empresa privada (Artigo 6.5 da Lei 30/92). (quantas creches e jardins de infância municipais conheces na Galiza com gestom pública?).

1- Ha que denunciar a assisténcia técnica, porém nom é igual

Resolución do 4 de outubro de 2007 pola que se anuncia o concurso público para a contratación dunha consultoría e asistencia técnica para prestar apoio técnico, metodolóxico e loxístico durante o proceso de selección de persoal para galescolas, centros de atención ás persoas maiores, servizos centrais e outros,

que privatizar os pocessos de selecçom

2- Tampouco é igual
Resolución do 10 de outubro de 2007, da Secretaría Xeral e de Relacións Institucionais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, pola que se anuncia a convocatoria pública do concurso aberto, polo trámite de urxencia, para a adxudicación do contrato de servizo para desenvolvemento dun sistema de xestión e consulta de expedientes de adopcións.
é dizer fazer um programa informático de gestom das adopçoes e nele racionalizar os procesossos administrativos das mesmas
com privatizar as adopçoes.

Ninguém se faz perguntas sobre porque é que a Secretaria da Analise e projecçom (PSOE) deixou de fazer analise de processos?. Ha pessoal qualificado nas conselharias para fazer esse trabalho? porque desapareceu o curso de Inspector de serviços da EGAP?


Comprendo que esteja muita gente queimada com o BNG, eu próprio poderia contar saborosas anedotas, e cousas que da minha pessoa se tem dito por uns e outros.
Sei que havia muitos que tinham expectativas colectivas e individuais muito legítimas que nom se cumprirom, e que agora gostam mais de fazer de franco-atiradores como no seu momento figeram de UPG ou do que for, mas como organizaçom nom podemos perder os papeis mais do que os temos perdido. É denunciar com firmeça e com objectividade sem palhas nos olhos, a todos por igual

carlosroca #15 22/Outubro/2007 carlosroca

Parte da CIG Administración da Xunta há tempo que perdou os papeis e a perspectiva. En fin, non só non fan País senon que minten e atrapallan.....O de que a Xunta é a Patronal a min "me copa", a patronal somos os e as cidadáns!!!

laurinha #16 22/Outubro/2007 laurinha

Para as (e os) que desconhecemos o mundo da burocracia, o texto atrapalhado da denuncia fazia-nos pensar que estes (BNG) estavam fazendo bom o PP.
O texto de Eliodoro para mim veu aclarar a cousa e po-las no sítio, polo que se ve na CIG há franco-atiradores cuxo resentimento bloco, provavelmente muito legítimo, leva-lhes a um catastrofismo de desvario.
O Bloco deveria perguntar-se que é o que fai para ter o país tam inzado de queimados. Tanto sectarismo há aí dentro, que se acava passando de lacaio da UPG a franco-atirador do PP ou psoe?

ulo #17 22/Outubro/2007 ulo

A que demo esperan toda a esquerda do BNG, comezando por moitos militantes da CIG, a abandoar o BNG e comezar a reconstruccion da esquerda na Galiza.
Unha organizacion como o BNG, cando toca poder, xa non ten volta atrás. Ou se rompe con el, e se constrúe unha verdadeira esquerda que retome o camiño da mobilizacion, ou se é cooptado polo poder, perdendo toda capacidade mobilizadora.
Non ha outra alternativa, e a CIG, como toda a esquerda galega ten que decider: ou cos gobernos españois e galego ou contra os gobernos, dende unha perspectiva de esquerdas.
Hoxe, a politica do BNG permite que diante da poboacion só apareza unha oposicion, a de dereitas do PP.
É unha responsabilidade o de construir esa esquerda.

carlosroca #18 23/Outubro/2007 carlosroca

A ver pois logo que se vexa esa esquerda, moito falar mais nunca funciona, porque será? Sobra demagoxia, ideoloxismo, individualismo, anarquismo e chiringuitos.....

A parte da CIG Admon que suscrebe o de arriba évos a mesma que, por exemplo, no Concello de Vigo, con Cabaleiro á fronte, fixo, fai e fara sindicalismo amarelo... e nin lles sirve para teren bos resultados, xa que nas últimas eleccións o amarelo SICO acadou a presidencia do comité, postos a facer amarelismo mellor os que non se agochan nas siglas do sindicato nacionalista.
A maior paz sindical tiverona co PP e maior conflitividade co BNG, curioso non, cando foi o BNG que máis novas prazas de funcionari@s criou. Claro que o que pedia o comité coa CIG á fronte era que non fosen prazas de libre concurso, senon só de promoción interna, como sempre lles aceita o PP, para que toda a tropa de enchulad@s da época Sotista puidese recolocarse en grupos superiores. E prefiriu sempre que os cartos do capítulos de persoal fose para incrementos salariais (o concello de Vigo ten xa dos mellores salarios) e non como quería o BNG para a criación de novas postos de traballo.
E logo criticaba que se fixesen contratacións externas.....

Este tipo de xente é a que suscrebe estas declaracións e non toda a CIG. Cumpre que o sindicato non alimente no seu seo a xentes desta caste, nin son nacionalistas nin de esquerdas, o seu discurso nada ten a ver coa súa praxe.

eliodoro #19 23/Outubro/2007 eliodoro

Sr. Carlos Roca: non sei se saberá que os que fan estas declaracións a prensa son os que pensaban o mesmo que tu sobre o concello de Vigo

eliodoro #20 23/Outubro/2007 eliodoro

Pasa ademais que abundan cargos do BNG que andan no despotismo (pouco ilustrado e con muito descoñecimento) na relación coas bases nacionalista con muita mais frecuencia da que seria entendíbel

carlosroca #21 23/Outubro/2007 carlosroca

"Sr. Carlos Roca: non sei se saberá que os que fan estas declaracións a prensa son os que pensaban o mesmo que tu sobre o concello de Vigo"

Pois logo non sei que fan unidos en amor e compañía......ou é que praxe e teória van cada quen polo seu lado.... tanta trola estraga a cachola e se confunden os termos. En fin ;-)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: