A Marcha Mundial das Mulleres convoca unha xornada de reflexión, con fundamentos regulamentaristas e abolicionistas, e propostas de diversas experiencias.
A primeira destas conferencias organizadas pola MMM, ás 10.00, deste sábado, no Café Moderno, achegará os argumentos a prol da regulamentación da prostitución da man de Nanina Santos, profesora, licenciada en Historia directora da Revista Galega de Pensamento Feminista Andaina, e a xornalista Carmen Briz, que traballa dende hai sete anos no colectivo Hetaira, e con anterioridade pasou cinco na comisión antiagresións do movemento feminista de Madrid.
Logo dun descanso, ás 12.30 chega a quenda das argumentacións abolicionistas, con Rosa Cobo, doutora en Ciencias Políticas e Socioloxía, e doutora en Socioloxía pola Universidade da Coruña,e a avogada Rosario Carracedo, voceira da Plataforma de Asociacións de Mulleres pola Abolición da Prostitución. É tamén asesora do centro de acollida da Fundación Solidariedade Democrática.
E despois do xantar, á tarde dedicarase a propostas diversas na práctica: en primeiro lugar, as de carácter regulamentarista. Coñeceremos as achegas de Ana Lopes, antropóloga cuxa tese de doutoramento estuda os dereitos e a organización laboral das persoas que traballan na industria do sexo. Ela traballou durante catro anos como operadora de liñas eróticas, bailarina de striptease e modelo, e na actualidade está a crear unha organización de traballadoras da industria do sexo. É autora do libro Traballadores do sexo, unídevos.
Tamén a xornalista e traballadora sexual sueca Pye Jacobson, quen xa participou hai tres anos nun encontro organizado pola revista Andaina no Auditorio de Galicia, falará sobre o caso do seu país, onde se puxo en marcha unha política abolicionista, e como lle afectou. Ela e membro do colectivo ROSEA. Estaba prevista a asistencia da antropóloga Isabel Holgado Fernández, membro do LICIT (Liña de Investigación e Cooperación coas Inmigrantes Traballadoras Sexuais), pero finalmente non poderá participar por motivos persoais.
A última das sesións será para que as persoas que se manifestan a prol da abolición compartan a súa experiencia: Ana Míguez, presidenta de Alecrín, e Beatriz Sagrado, presidenta de AFESIP. Tamén estaba no programa Gunilla Ekberg, especialista en prostitución e tráfico de persoas e asesora do goberno sueco, mais finalmente non vai poder asistir.
"Aprofundizar no tema e enriquecérmonos"
Deste xeito, nunha mesma xornada, coñeceremos de primeira man os argumentos, pero tamén as experiencias reais na práctica. Como explica Pilar Álvarez, voceira da Marcha en Pontevedra, "ao sermos a MMM unha organización de organizacións, é lóxico que convivan todo tipo de posturas, abolicionistas e regulamentaristas. Pareceunos interesante e frutífero convocar unhas xornadas para profundizar no tema e enriquecérmonos". Tamén tiveron en conta que as dúas posturas non son pechadas, "sempre hai matices e diversidade de opinións, e tentamos que tivesen representación".
Unha evidencia á hora de elaborar o programa era contar con persoas que traballan na prostitución, sexa como traballadoras sexuais ou na asistencia social e outros eidos relacionados. "Pareceunos fundamental, de caixón, contar coas protagonistas. Algo que non adoitan facer os medios de comunicación... É como todo: se hai unha noticia sobre incencios, sairán políticos, ecoloxistas, sindicatos, etc. Pero se o tema ten que ver con violencia de xénero, sairán políticos, pero ningunha asociación feminista".
A idea é publicar os relatorios, aínda que non se sabe en que formato. "Queremos crear unha memoria do debate que haberá mañá. O punto de partida é moi diferente e é difícil chegar a acordos. Evidentemente, todas estamos en contra da prostitución forzosa ou do tráfico de persoas, pero despois hai teses distintas: se se considera un traballo ou non, se as mulleres son libres para decidir se queren dedicarse á prostitución... Pero o obxectivo é aprofundizar no tema e enriqeucérmonos mutuamente".
Evidentemente, eu estou pola regulación, non pola prohibición. As relacións sexuais, sexan a cambio de cartos ou non, deberían ser completamente libres entre persoas adultas sempre que as dúas partes estén dacordo. Eso sí, cando se trata dunha actividade laboral, deberían pagar impostos, facer os recoñecementos médicos precisos, e cotizar á Seguridade Social para ter acceso ás prestacións en caso de necesidade.
Regulamentación sen dúbida algunha, que son moitos os cartos que está perdendo Galiza en impostos debido a negar unha realidade (que queiramos ou non existe e creo que vai existir moito tempo máis).
A prostitución non é un traballo, é unha alienación das relacións persoais e sexuais.
¿Por que non regulamentamos tamén o narcotráfico ou as pelexas de cans? Xa sei que non son exactamente o mesmo que a prostitución, eu penso que cada quen pode facer o que queira co seu corpo a nivel individual sen prexudicar ninguén, mais de aí a regulamentar iso como un traballo hai un abismo.
En certos países nórdicos a prostitución está penalizada, nalgún país penalízase o cliente, e iso é discutible. Eu o que creo é o que dixen, nada de elevar esa prática á categoría de traballo, dubidaría en prohibir ou non a súa publicidade na prensa e non o consideraría delito a nivel individual.
Tamén, na miña opinión, o matrimonio tradicional é unha forma de prostitución, pois sempre que alguén aporta sexo -aínda que haxa fillos- a cambio de sustento e diñeiro... ¿como se chama iso?
Estou contra a prostitución igual que estou en contra das relacións tradicionais nas que a muller tiña como ideal casar cun home para que a mantivese. Quen é mantido non é libre porque depende de, e iso ten unha serie de consecuencias, como as dificultades para romper en caso de malos tratos ou por calquera outra razón en uso lexítimo da liberdade persoal, por existir esa dependencia económica que condiciona toda a vida.
¿Alguén medianamente progresista propón a estas alturas que o matrimonio sexa considerado para as mulleres (¿e por qué non para os homes?) unha profesión? Non, se pode ter ou non unha profesión á marxe do matrimonio, mais o matrimonio non é unha profesión. A prostitución, tampouco.
Xeonllo di: ´´Tamén, na miña opinión, o matrimonio tradicional é unha forma de prostitución, pois sempre que alguén aporta sexo -aínda que haxa fillos- a cambio de sustento e diñeiro... ¿como se chama iso?``
O QUE???????????? Queres dicir que as amas de casa non traballan???? Queres dicir que as mulleres de antes non traballaban????? Estou case seguro que non querías dicir iso, pero por favor, explica o que querías dicir porque é inaceptábel dicir que as mulleres galegas non traballaban e que ao casar o único que facían era prostituirse cos seus maridos.
O post do Xeonllo parece um pouco escuro, sim. Precisa de explicação. Mas, apesar de eu estar mais de acordo com o Jatopardo, entendi uma cousa interessante no que o Xeonllo diz: elevar (?) a prostituição à categoria de trabalho pode significar, dadas as circunstâncias laborais e económicas actuais, um novo trabalho-escravatura para @s prostituíd@s.
Digo-o porque hoje os trabalhos menos agradecidos são trabalhos de escravos.
Já vai sendo hora de regularmentar a profissom mais antiga do mundo !!!
Por certo, o matrimónio tradicional (onde alguém educava os filhos, e se preocupava pela casa e pela família)nom é pior que o de agora. Para mim tem muito mérito o trabalho feito pelas mulheres tradicionais e que nom sempre se reconhece. Deveriam ter direito a uma paga, à seguridade social, etc e nom a ser chamadas de "putas".
O problema, e que nos tempos de hoje temos que trabalhar os dous porque senom nom se pode pagar a hipoteca, as letras, os gastos... Este é o problema (que eu nom considero que se avançasse nada no matrimonio moderno). Oxalá uma família puidesse viver com uma única nómina, porque eu ao melhor escolhia ficar na casa com a família impedindo que os filhos sexam educadaos pela TV.
Eu estou en contra do que se chama "regulamentación" e decir equiparación a un traballo. Eu inclinome por o método nórdico. O cliente e promotor,/productor da prostitución é un delincuente, debe pagar con sanción económica e incluso con pena de carcel. Nestes paises tamén se axuda a muller prostituta con poucos recursos económicos nin formación, a reconducir a súa vida, para que non teña que ser a prostitución o seu medio de sustento e defenderse na vida. Considero á prostitución un acto de sumisión e humillación hacia o sexo feminimo. Para min moitas mulleres que din adicarse "libremente" á protitución, actuan por sometemento, non por convencemento. Chulos de putas, traficantes sexuales, e clientes ao cárcere
Vexamos. Aquí hai catro puntos que comentar:
Un que interpreta que eu digo que as mulleres que, sometidas economicamente aos seus homes, fican na casa non traballan, e que ningunha muller galega traballou ao casar.
Outro punto é o da palabra "elevar" referido á prostitución se se considerase traballo.
O terceiro é o topicazo de que a prostitución é "o traballo máis antigo do mundo".
E o cuarto, que o ideal nunha familia sería vivir todos cunha soa nómina, segundo afirma Trovador, e que os fillos non sexan "educados pola TV". Por tanto, para Trovador o ideal sería a "volta ao fogar" das mulleres e non ter ingresos propios.
1) As mulleres do campo sempre traballaron, mais iso non é traballo do fogar. No campo, os labregos traballaron sempre sen distinción de sexos. Eu falo das que se limitan ao fogar, que tamén é traballo, mais é un traballo como o que pode facer calquera persoa cando le asea, se viste, ordena as súas cousas ou se fai el mesmo a comida. O traballo específico do fogar é un traballo privado, un traballo de atender as cousas da propia casa e familia, un traballo para ela mesma e os seus, non un traballo fóra, para outros ou para a sociedade e remunerado. O traballo da casa non é remunerado, hai dependencia de outra persoa. Iso cando as mulleres traballan na casa, porque tamén as hai que non o fan e deixan todo nas mans de sirventas ou ben se limitan a facer a comida, barrer un pouco, lavar na lavadora, ir a comprar e o resto do tempo ver a tele ou similares. Hai de todo, quero dicir. Sempre falando do papel tradicional da muller no matrimonio, ollo.
2) Eu digo "elevar" porque para min considerar legalmente a prostitución como un traballo é elevala de categoría. Non creo que isto mereza máis comentario.
3) "A profesión máis antiga do mundo" non vai ser a prostitución porque estea de moda dicilo e se repita invariablemente como os papagaios repiten as cousas, de maneira acrítica e sen sequera pararse a consideralo. Os traballos máis antigos son a caza e a pesca. A prostitución viría despois, ademais de non ser unha actividade laboral.
4) Ao Trovador direille que de ningunha maneira é ideal que nunha familia se viva de unha soa nómina. Mulleres e homes teñen a mesma necesidade de seren independentes e libres, e non hai independencia sen ingresos propios. Ese é un gran problema en moitas mulleres maltratadas, e estámolo vendo tódolos días. Os fillos poden estar ben atendidos igual, porque a cuestión non é estar moito tempo con eles -ás veces é incluso peor, dadas as relacións inadecuadas e lamentables dentro de moitas familias, non agora mais si de toda a vida-, a cuestión é a calidade do tempo compartido entre pais e fillos, como sexa esa relación cando pais e fillos están xuntos. Os dous, non só a nai. Por outra banda, deberían aumentar e mellorar en calidade as garderías, que deberían ser todas públicas e gratuitas. Iso sería favorecer a vida independente de todas as persoas do sexo que foren, reduciría a frustración persoal e incluso melloraría a relación cos fillos.
En definitiva, si que creo que o matrimonio tradicional, aínda que non en todos os casos, si que moitas veces ten algo de prostitución. E, resumindo, estou en contra da regulación da prostitución como un traballo normal.
Non sei porque algúns contertulios, cando falan da prostitución se refiren só ás mulleres. Se calquera de nos abre un diario na sección de contactos, pode darse conta de que a variedade de oferta sexual non se limita ao "clásico" muller prostituta-home cliente. Todas as combinacións son posibles, e todas igual de lícitas.
¿Ou os homes que ofrecen os seus servizos sexuais non se dedican tamén á prostitución?
A prostituição é uma das formas mais extremas de exploração das mulheres pobres do Terceiro Mundo. Quando nos recusamos a ver a realidade desta escravidão contemporânea somos cúmplices dela. Tentamos justificar-nos dizendo que é uma escolha livre e que é um trabalho como outro qualquer, mas ninguém que eu conheça recomenda-lhe a filha que estude para puta, n’é?
Este é un tema difícil xa que cando se fala del sempre tende a ser avaliado desde puntos de vista morais que nalgúns casos alcanza os niveis do prexuízo.
Certamente cando unha persoa negocia con outra un servizo no cal o uso e goce do corpo é o obxecto mercantil. En “teoría teríase que sinalar que é un traballo” e como tal ten que estar regulado por todas as leis económicas correspondentes.
Cando se fala de prostitución introducímonos nun mundo onde a explotación e o engano das persoas xogan un papel importante. O feito de mantelo no misterio e a clandestinidade permite que se cren escuros intereses os cales desaparecerían se se regulariza a mesma. Non co fin de promocionala. Pola contra brindarlles alternativas laborais de desexalas, garantías sanitarias e sociais. Isto sen esquecer as obrigacións de calquera actividade comercial.
Unha cousa que non pode ser eliminada ten que ser por necesidade regulada e creo que a prostitución reúne esta condición.
Lamentablemente sempre existirán persoas que interpreten regularizar e legalizar a prostitución é unha sorte de promoción. Cando o certo é, que recoñecer unha situación e regulala é a vía máis acertada de diminuír os posibles efectos negativos dunha práctica desafortunadamente coñecida como o oficio máis vello da terra.
http://www.yoputa.net/?p=372
Este é un blog de unha puta que quer seguir sendo-o.
Podo considerar a abolición como un fin, non un medio. Nun mundo utópico non habería xente que precisase pagar para ter cubertas as súas necesidades sexuais, nin persoas obrigadas a prestar servizos sexuais para gañar o seu sustento.
Na realidade, o que me parece máis grave é que se criminalice a actividade e quen a exerce. O principal problema d@s traballador@s do sexo é a súa baixa autoestima, que limita a súa capacidade de decisión e é unha das principais armas de opresión das mafias. Hai que perseguir aos proxenetas e regulamentar a liberdade de negocio das persoas que de motu propio deciden prestar servicios sexuais. Fago miñas as palabras de Nanina Santos: "Venden servizos sexuais por diñeiro, non o seu corpo nin a súa alma".
tod@s somos put@s. tod@s vendemos a nossa vida inteira e a nossa dignidade a cambio dum prato de lentelhas. as relaçoes laborais nas sociedades capitalistas som, polo geral, relaçoes prostituidas. sobre o comercio sexual pessa um estigma, um tabu, moral que vem das religioes patriarcais. "vender o corpo" (en realidade alugar) da mulher-guardia da honra é pecado. vender a alma e a vida, nom.
Por suposto, Xaviersouto (mensaxe 11). É unha enorme hipocrisía. Como a dos clientes da prostitución que desprezan as putas. Resulta verdadeiramente asqueroso e noxento.
Volvendo ao que dicía eu antes do matrimonio tradicional e a súa relación coa prostitución, quero matizar algo. Á parte do que dixen, eu manteño que existe un paralelismo, no sentido de que nin o matrimonio tradicional é un traballo nin o é a prostitución e sen embargo ambos se senten en certo modo como traballo na mente de moitas persoas, aínda hoxe. No caso da prostitución, pola estupidez esa de que é "a profesión máis antiga do mundo", e no caso do matrimonio porque moito carca pensa que é a profesión ou carreira das mulleres (así o teño oído eu).
E o que fai unha muller casada que non ten emprego remunerado -o cal é sempre unha desgraza polo que supón de dependencia económica e, polo tanto, de falta de liberdade- é traballar na casa, pero ese traballo no seu lar é o mesmo que faría unha persoa que vivise soa e traballase ou non fóra da casa, é dicir, encargarse de facer a cama, limpar, lavar, comprar e facer a comida, ¿iso debe ter un salario? É traballar para un mesmo, é un producto para un mesmo ou para un e mais para a familia de un ou de unha. Non se sae do ámbito privado, non hai relación laboral.
Eu non digo nada novo, nada que non se teña dito, cando digo que o matrimonio en moitos casos podería considerarse unha especie de prostitución legal. Moitos o teñen dito, e eu non o afirmo categóricamente aínda que acho que algo diso hai. Para min nin o matrimonio é unha profesión para as mulleres porque ningún estado civil o é nin a prostitución debe ser considerada traballo.
Aplicar o liberalismo ás relacións sexuais sempre irá contra os sectores máis débiles, a muller en xeral e as mulleres pobres en particular. Que se regulen os peores aspectos da trata de brancas temporalmente é desexable. E os homes que falan por aquí con tanta naturalidade de servizos sexuais a cambio de diñeiro, recomendaríanllo ás mulleres en paro da súa familia? Repasade as porcentaxes de nacionalidade e de extracción social das prostitutas.
Mira Lidor, eu non lle recomendaría a ninguén que se dedicara á prostitución, do mesmo xeito que non lle recomendaría a ninguén que se fixera matarife, pero respeto ás persoas que LIBREMENTE queran facelo.
Lamentavelmente, muitas mulheres do “nosso mundo”, seguem a usar o matrimónio ou o sexo como forma de promoção social. Nestes casos os homens são mais honestos e abertos, já que em general para eles o sexo não é um médio, senão um fim em si próprio. O matrimónio, os relacionamentos, não devem ser um trabalho: essa é uma consequência da natureza patriarcal da sociedade. A sexualidade e a formação de casais deve pertencer ao lazer, ao reino da liberdade do corpo e do espírito, do desejo que nasce no fundo do ser, fora de mediações económicas e familiares coactivas e opressivas. Dormir com alguém por quartos é algo especialmente nojento. Não acha?
Interpreto, Jatopardo, que as prostitutas galegas que enchian os burdeis de Madrid, como tamén limpaban as casas dos ricos madrileños, escollían esa "profesión" LIBREMENTE. Desde o punto de vista da liberdade de mercado, seguro que sí. As galegas pobres eran mercadorías, hoxe son colombianas e non son as nosas nais nin irmás nin fillas. Menos cinismo, por favor. Non confundamos o respecto ás persoas, aínda que se vexan forzadas a prostituírse, coa complicidade coa miseria.
Mira Lidor, que veñas ti falando de cinismo soa un pouco patético. Hai pouco estivemos falando eu e unha compañeira de traballo con unha rapaza representante dun colectivo de prostitutas, e ela dicía que non ten ningún interese en cambiar de actividade, que tiña uns ingresos impensables en calquera outro traballo e que desde logo ía a aproveitar estes anos de moza todo o que puidera.
Así que cando fales, faino por ti, porque aínda que non o creas, hai mulleres e homes que se dedican á prostitución de FORMA VOLUNTARIA, E TI E CATRO MORALISTAS MÁIS COMA TI NON SODES QUEN PARA DECIRLLES O QUE ESTÁ BEN OU ESTÁ MAL. ¿Estamos?
A ver, home, non te alporices. Claro que hai prostitutas voluntarias, pero sabes que porcentaxe do total? Cantas nos clubs de alterne? Consulta os traballos de Alecrín sobre o tema e verás que se trata de porcentaxes moi pouco representativas. Se con iso quedas tranquilo ti e a túa compañeira, felicidades. A ver que plans tedes para o outro 90% encerradas en clubs, drogadas á forza, secuestradas e mesmo para as que chamas libres, tan libres coma as galegas de Madrid que che puxen antes, nada comentas diso. ¿Que pasa é que as súas familias eran unhas moralistas de merda e non querían que as súas fillas fixesen carreira na capital? Se queres converter un problema social nunha cuestión de elección individual, o moralista es ti. Algunhas somos de esquerdas e queremos que vaia desaparecendo esa lacra e queremos garantir, mentres iso non ocorra, todos os dereitos para as mulleres prostituidas.
Nom acho, nom. Nom acho que a prostituiçom sexual seja "especialmente nojenta" ou que seja peor do que qualquer outra forma de exploraçom. O problema é a exploraçom do homem polo homem. O problema é a cousificaçom e a instrumentalizaçom dos seres humanos (e dos seres vivos em geral). Ou é que, por acaso, os homens que cada manha descem nas entranhas dumha mina de carbom som livres de fazer esse trabalho ou qualquer outro?
Mas dado que a exploraçom do homem é intrinseca ao capitalismo e dado que nom semelha que a fim deste sistema esteja proxima, o unico que podemos fazer é tentar melhorar as condiçons de vida das pessoas. E, desde um ponto de vista practico, fica claro que tentar regulariçar a prostituiçom vai contribuir para aliviar as condiçons de vida de quem a practica e para reduzir o volume de negocio das distintas mafias implicadas.
O demais som preconceitos nascidos dum falso moralismo patriarcal.
Por suposto abolición da escravitude e da explotación.
O ideal sería que esta profesión deixase de existir, pero como iso é imposible, como é imposible deixar de beber, deixar de fumar ou deixar de drogarse o máis práctico é a regulación de todos estes hábitos.
Lidor, eu non coñezo eses estudos feitos, mas ese 90% pareceme muito alto. Eu diría un 20 ou 30%, e non o digo por que lera estudo ningún, digo o que vexo todos os dias nos clubs e nas casas (a rúa pode que sexa distinta, iso xa non cho sei). Eu recomendariate que falaras un pouco coestas mozas. Leer está ben, mas non é a realidade.