Consideran que é "inoportuna", dado que "a Igrexa non pediu perdón polo acontecido", e quéixanse de que a xerarquía eclesiástica "se preste á politización".
A Coordinadora de Crentes Galegos -que representa máis de vinte asociacións do país, así como un importante número de persoas que participan a título individual- fixo publico un manifesto crítico en relación cos chamados Mártires da Guerra Civil, 498 persoas asasinadas no bando republicano por motivos relixiosos que van ser beatificadas pola Igrexa Católica o vindeiro 28 de outubro.
"Dende a máis profunda admiración polas vidas e sobre todo polas circunstancias das súas mortes, cremos que, dado que a Igrexa non pediu perdón polo acontecido, esta beatificación é inoportuna", afirman no comunicado, no que tamén critican que a xerarquía católica sexa "incapaz de superar posicións de hai setenta anos" e que se "preste á politización".
"Hoxe xa non se trata de buscar culpábeis, mais tampouco se trata dun ambiguo relativismo histórico. Trátase de que todas as partes recoñezan a súa parte de culpa, e en primeiro lugar nós, os cristiáns, recoñecer e pedir perdón pola posición belixerante que a maior parte da Xerarquía eclesiástica tivo", din.
Poden consultar o manifesto completo no documento adxunto.
As vergoñas non se tapan beatificando, senon pedindo perdón con propósito de enmenda. É decepcionante a deriva da Igrexa; que non beatifiquen tanto e que retiren a moitos bispos e emisoras de radio impresentables e fora da realidade!! Que retiren as bandeiras das igrexas!!
Pero que pouca dignidade... creo en Deus, preciso crer nunha vida despois da morte, nun ser que dirixe a natureza, nun ser bo e preocupado pola vida dos seres humanos, pero... mirade o que fan os que teñen a obriga de predicar a palabra de Deus! son estas maneiras, beatificar aos católicos que morreron na guerra no bando nacional. E os que morreron no bando republicano que eran católicos que pasa con eles? e os católicos que sexan gays? e os que foden sen casarse? e os que non van a misa?... por favor a igrexa ten que finalizar o proceso imperativo, os anos de exercer como suxeito de mando...
Bueno, lo que unos colectivos "cristianos" pero sobre todo nacionalistas, anticlericales y de izquierdas opinen sobre una organización que les es ajena pues como que da igual.
En comparación con las decenas de miles, millones de católicos que apoyan estas beatificaciones, no representan a nadie.
Otro ariete de la izquierda bloqueira para que parezca que no hay unanimidad en un colectivo. Pero no. Estos "colectivos cristianos" no pintan nada.
Seguid intentándolo, chicos.
Por cierto, a ver cuándo piden desde la izquierda perdón por las tropelías, asesinatos, etc. cometidos ya durante la República contra dirigentes políticos de derechas, pero también contra sacerdotes, mujeres y niños a los que se les mató simplemente por ser de ideología diferente.
Aún no he oído a estos "colectivos cristianos" por ello...Igual es que ni son tan "colectivos" ni tan "cristianos".
Eu som crente, e independentista. A Igrexa espanhola é umha merda, ademais de ser umha gaiola de grilos.
E parafraseando a "Mago de Oz": Al igual que amar, también sé castigar.
Estou case seguro que unha boa parte de estar persoas non morreron por ser uns bos cristiáns senón máis ben por ser unhas malas persoas.
En todo caso é absurdo beatificar aos que morren por motivos relixiosos, pois teriamos a 6 millóns de santos, aínda que sexan xudeus.
Que sexan miles ou ata millóns de católicos non quere dicir que teñan razón. Tamén hai miles de mouros que che cortarían o pescozo.
A quénes habería que responsabilizar dos 484 millóns de personas que se deitan con fame no mundo? Posiblemente sairían exentos os ricos occidentais dos países máis ricos do mundo? ó millor non teñen nada a ver cos pobres do mundo e dos seus mesmos países?
Entre os incluídos no Proceso, tamén se poden beatificar torturadores, como Gabino Olaso Zabala, denunciado pola sua víctima, o tamén cura, Mariano Macanay, filipino?
E os 10 ou 12 curas vascos NON INCLUÍDOS na serie, cál é o criterio? Só a curería reaccionaria, retrógrada e trentina? Qué pasa, que o deus do Vaticano non acolle por igual ás suas víctimas?
eugalego, tú no crees más que en ti mismo.
Barcelos, esa gente murió por ser católica y porque enfrente había una banda de cerdos asesinos que mataban al que no coincidía con sus ideas. Tu presunción ("algo habrán hecho") no hace sino demostrar tu miseria moral.
Imos ver, Gaviotero.
Non é de recibo que digas que da igual o que opinan os demáis sobre éste e calquer outro tema porque, entón amigo, non estás polo debate, que é o interesante. Podes discrepar, podes argumentar pero non despreciar, penso eu. Iso de que enfrente "había una banda de cerdos asesinos" sabes que non se axusta exatamente á realidade e que en ambos lados mataba-se por non coincidir coas ideas. Esa era a desgracia. Mais as revolucións teñen esa eiva, ese horror. E sí horrible é que maten a un por ser sacerdote, horrible é que maten a un por ser sacerdote, basco e nacionalista. Non distingas se tanto noxo che provocan as mortes de inocentes.
Recuperar a memoria significa exatamente iso: lembrar para que se saiba e procurar que na vindeira revolución haxa menos sangue e menos mortos.
E recuperar a memoria tamén lle compete á igrexa católica, de aí que desde hai anos -lembro, concretamente, as beatificacións de mártires católicos da guerra civil realizadas por Juan Pablo II en Roma- Roma e o papado estén remexendo na guerra civil para lembrar a todo o mundo o mal que o pasaron. E, lembras, Gaviotero, cando Juan Pablo II beatificaba por ducias a relixiosos e relixiosas asasinados durante a guerra civil, non había estes berros da dereita, Mariano non dicía que se estaba a lembrar as famosas dúas Españas. Non, entón a dereita pensaba que estaba ben aquilo; pola contra, cando pasadas ben varias ducias de anos pretende-se sacar os osos duns sindicalistas, duns concelleiros republicanos ou duns paisanos progresistas, fusilados algúns sen xuizo e tirados na cuneta, entón montamos un lío mediático acusando-nos de sermos os mesmos diaños de sempre. Seguro que non o sabes, pero isto de sacar os osos republicanos das fosas cavadas no monte comezou no Bierzo, en Priaraño creo que foi, e... ¿sabes que algunha das persoas que tiñan familiares alí asasinados, cando recolleron os osos pelados de irmáns, pais, nais ou sobriños, sabes que fixeron?. Pois soterralos no cemiterio tras facer unha misa, e o sacerdote acompañou ás familias. Iso se é reconciliación, Gaviotero. Iso non é o odio que, disculpa, supuras na túa escrita. E nengunha persoa de nengunha asociación de recuperación da memoria histórica dixo aos familiares qué tiña que facer cos osos nen lles negou o aulio espiritual que necesitaban ou querían ter.
Ese é o cerne do asunto. E tan ben me parece que a Igrexa Católica beatifique aos seus mártires coma que nós abramos as fosas que guindadas no monte eran testemuña calada dun tempo e dun país felizmente chantados no pasado. Non sei se me entendes, Gaviotero
Completamente de acordo con Xabi1, creo que mellor explicación non podia ser...
Estimado Xabi1, perdes o tempo dialogando co gueivotero, porque para dialogar fan falta, como mínimo, dous e a ave carroñeira soio monologa. Estudando as aportacións do paxaro de marras a estas páxinas de debate, estou por concluir que é un membro de algunha secta ou axencia de información. P.D.: Onde digo axencia de información, non quero decir T.I.A.
Na Galiza non houbo guerra civil, houbo represión pura e dura dende o primeiro intre. Houbo xenocidio, houbo roubos, violacións, asasiñatos, torturas e todo tipo de abusos e inxustizas. E moitas destas aberracións foron cometidas, xa non co benepácito, ca complicidade de moitos curas. Calquera que desculpe as atrocidades cometidas polo franquismo, o falanxismo e o fascismo son peores que os da ETA, ao fin e ao cabo a ETA non conta ca estructura do Estado para exercer o seu criterio, pero o franquismo en Galiza practicou o TERRORISMO co aval do Estado e da Iglesia Católica.
Caro Ouxo, discrepo. Non perdo o tempo dialogando con Gaviotero. Ten todo o dereito a decir o que lle peta, a min tamén, tamén a ti.
Creo que poderás comprobar como tras a meu comentario non entrou máis a debater e si noutras ocasións Gaviotero pasa-se, creo que entre todos dimos abondo argumentos para que meditase, só ou na compaña doutros, sobre o carácter das súas afirmacións insultantes.
Penso que hai que falar, contrastar, argumentar, ou sexa, intentar convencer, tentar acadar un punto de encontro na pura u máis fonda discrepancia porque se non falamos os seres humanos... entón qué raio queda por facer?
Os fascistas golpistas de 1936 ás ordes do xeneral "Mula" asasinaron 16 relixiosos vascos, dos que ningún figura na listaxe do medio cento de "beatificables", pero non son "mártires" para o Vaticano SA (o Primado Gomá detivo as execucións e non as represalias).
Mais houbo un obispo exiliado a Roma, pois cometeu o delicto de non firmar unha carta dos bispos ó mundo, que selaba públicamente a alianza da Dictadura e a xerarquía católica