Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Referendo sobre o estatuto sardo

Pouca participación no referendo sobre a Lei Estatutaria de Sardeña

O referendo do pasado domingo só tivo un 15% de participación, algo que pon en perigo a aprobación dun novo Estatuto para a illa, xa que fai falta que vote o duplo para lexitimar o proceso.

Redacción - 18:13 22/10/2007
De vermello, A Sardeña á esquerda do mapa de Italia

De vermello, A Sardeña á esquerda do mapa de Italia

Segundo publicaba na segunda feira o diario dixital catalán Vilaweb, o referendo sobre a Lei Estatutaria da Sardeña realizado no domingo só tivo só un 15% de participación; pouca se se ten en conta que fai falta un mínimo do 33% para validar a votación.

O resultado habíase de coñecer na mañá da segunda feira, mais, namentres non se sabe nada, fanse conxecturas sobre se se debería promulgar unha nova lei se o resultado fose favorábel.

O presidente sardo, Renato Soru, declarou que vai promulgar a nova Lei Estatutaria, aínda tendo en conta a pouca participación.

A nova Lei Estatutaria sarda
A implica, segundo os que a defenden, numerosas melloras do sistema político actual, como a elección directa do presidente e a definición das competencias dos órganos institucionais; prohibe presentarse tres veces seguidas ás eleccións e implica as entidades locais na vida política.

No caso de que sexa ratificada, esta nova lei contemplaría a redución do número de Asesores -conselleiros de goberno-, a regulación dos cargos privados nas empresas que teñan políticos en activo, e o reequilibrio de poder entre a Xunta, o goberno rexional, e o Consello, o órgano lexislativo.


0/5 (0 votos)


Comentarios (5)

ecoe #1 22/Outubro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Arriba Sardinia, que o que queren é a INDEPENDENCIA

piorno #2 22/Outubro/2007 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Já nos esquecemos do apoio ao Estatuto autonómico galego? A participaçom nom foi muito maior que a actual na Sardenha.

E nom só nom se fizo a leitura correcta (evidentemente nom interessava), que dizia que os galegos queriam mais e nom a merda que nos impingírom, como justamente a contrária. E assim nos vai.

piorno #3 22/Outubro/2007 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E a bandeira da Sardenha nom tem quatro piratas, como aí se afirma, mas quatro mouros. É um símbolo de origem aragonesa que remonta a Alcatraz (ano 1096).

Gaviotero #4 22/Outubro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

En Cerdeña, como en la mayoría de las regiones de Europa, incluida Cataluña, donde no se llegó al 50%, no interesan en absoluto estas patochadas independentistas y nacionalistas que son meros recalentamientos de cabeza de unos cuantos políticos ansiosos por acumular dinero, poder y cargos.

piorno #5 22/Outubro/2007 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Falava da batalha del Alcoraz, em Huesca, e nada de Alcatraz, obviamente.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: