Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CANDIDATOS AO CONGRESO

A executiva do BNG propón a Jorquera, Davila, Tabarés e Paz Abraira para encabezar as listas nas Xerais

As asembleas comarcais e o Consello Nacional teñen que referendar a proposta do máximo órgano do Bloque antes do 9 de novembro.


Redacción - 21:15 22/10/2007

Francisco Jorquera (A Coruña); Olaia Fernández Davila (Pontevedra); Iago Tabarés (Ourense); e Paz Abraira (Lugo) son os catro ases propostos pola Executiva Nacional do BNG para encabezar as candidaturas ao Congreso dos Deputados. Agora serán as asembleas comarcais e o Consello Nacional os que deben de referendar a proposta do máximo órgano do Bloque. O proceso rematará o vindeiro día 9 de novembro.

O propio coordinador executivo, Francisco Jorquera, foi o encargado de facer públicas as propostas. Jorquera subliñou que a organización frontista encara os comicios co reto de "dar un salto cualitativo e pasar a ser unha forza coa que hai que contar sempre para a gobernabilidade do Estado". Dende o BNG tamén fan fincapé na paridade de xénero nas cabezas de lista.

Fontes da organización nacionalista consultadas por Vieiros sinalan que o obxectivo primordial é consolidar a actual representación nas circunscricións da Coruña e de Pontevedra. O terceiro deputado pasaría por un notábel e complicado aumento de votos en Ourense mentres que se ve case imposíbel lograr unha acta en Lugo.

Poden consultar o currículo dos candidatos (.pdf) na páxina do BNG.


4,5/5 (8 votos)


Comentarios (12)

Gaviotero #1 22/Outubro/2007 Gaviotero

Me temo que lo de renovar el diputado en la provincia de Pontevedra lo tiene más bien difícil el BNG...

ranciadas #2 23/Outubro/2007 ranciadas

Pode que o PP perda varios escanos e un por Pontevedra...

Freixo #3 23/Outubro/2007 Freixo

Resultado das eleccións:
PSOE 11 PP 10 BNG 2 (se A Coruña perde un escano como din).

laurinha #4 23/Outubro/2007 laurinha

E como os do Bloco som tam parvos que nom apresentam por Crunha ou Pontevedra ao Xosé Manuel Beiras?

Nem que andiveram sobrados de candidatos com tirom.

Alguém pensa que qualquer outro ia fazer no Congresso um papel tam brilhante e para o que está este home hiperdotado?

O modelo choromiqueiro e de dar pena do paquinho projecta uma imagem do país bem triste e apagada, isso seria um câmbio fantástico


Beiras ao Congresso a Madri

lenin #5 23/Outubro/2007 lenin

Parece incríbel. Un partido que saca 2 escanos de 23 e logo é o encargado de negociar co estado as inversións en Galiza. Se en vez de sacar 2 escanos sacara 10...
Pero mais preto está que saque 0, co que as inversións caerían ata achegarse a 0... E Gaviotero tan contento, debe vivir en Madrid, que para alí si que van cartos.

El_pastorrr #6 23/Outubro/2007 El_pastorrr

Se se extrapolasen os resultados das eleccións municipais o BNG tería 4.... e espero que así ocorra.

Freixo #7 23/Outubro/2007 Freixo

pastorr os resultados das municipais non son comparables con estas eleccións, se así fora o PP podería ter opcións de quitarlle o BNG o deputado de Pontevedra, cousa que estou seguro que non sucederá.
En canto a provincia de Ourense, o PP vai perder un deputado que vai para o PSOE. A única dúbida está no oitavo deputado da Coruña. o partido que máis votos obteña (PP ou PSOE) terá 4, o segundo 3 e o BNG 1. En Lugo está claro, empate a 2.

ecoe #8 23/Outubro/2007 ecoe

Así que agora o bng aspira a facerse imprescindible na gobernabilidade de €$paña??! Coma os cataláns?!!

Pois sí que van medrar

ranciadas #9 23/Outubro/2007 ranciadas

O PSdeG non consegue 11 nin por asomo.

Freixo #10 24/Outubro/2007 Freixo

Se non chega a 11, estaralle preto.
Ten en conta duas variables, o voto dos agradecidos co poder (sempre votan o partido que goberna) e as sacas de votos que traerán da emigración (antes ían o PP agora irán para o PSOE).

ranciadas #11 24/Outubro/2007 ranciadas

Ten en conta o desgaste de poder, onde o PP vai ir a por todas. Xa o verás.

cibran #12 26/Outubro/2007 cibran

Así que a UPG vai copar o congreso de novo

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: