Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xornadas de Agricultura Ecolóxica

O Courel, paraíso do porco celta

Os bosques de carballos e de castiñeiros, con grande presenza de arbustos, e a climatoloxía, convérteno nunha zona moi atractiva para a cría desta especie.

Redacción - 11:15 23/10/2007
Hai 210 explotacións de porco celta en Galiza, mais só unha ecolóxica

Hai 210 explotacións de porco celta en Galiza, mais só unha ecolóxica

Varios expertos, que asistiron a pasada fin de semana a unhas xornadas sobre o porco celta organizada polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica (Craega) en Monforte, salientaron o potencial da comarca do Courel para a produción ecolóxica deste animal.

Carlos Galego, presidente da Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel) afirmou que a extensión de terreo e a flora propia do Courel, -composta por bosques de carballos e de castiñeiros e con grande presenza de arbustos-, ademais das súas condicións climatolóxicas, fan da comarca unha zona moi atractiva para a cría desta especie.

En municipios coma O Incio e A Pobra do Brollón, engadiu, xa hai un número importante de explotacións non ecolóxicas dedicadas a este animal, e as características do Courel son moi similares, polo que o éxito estaría garantido.

Na actualidade, dos 210 produtores de porco celta que hai en Galiza asociados a Asoporcel, só un, en Valdoviño (Ferrol), usa criterios ecolóxicos, e algunhas explotacións do Incio e da Fonsagrada están en período de reconversión para conseguiren as etiquetas.


5/5 (10 votos)

Comentarios (6)

O_Castrexo #1 23/Outubro/2007 O_Castrexo

Boicot ao porco ibérico.

carlinhos77 #2 23/Outubro/2007 carlinhos77

pero meu rei, que te figeron a ti os porcos extremenhos, vai a dar umha voltinha polo courel que seica tes un habitat moi especial pra tua raça

ecoe #3 23/Outubro/2007 ecoe

Se a cousa vai ser máis granxas intensivas, non coido que sexa nada especialmente bó para Courel. Outra cousa sería o aproveitamento de castañas e landras nas zonas onde non se apañan xa.

O_Castrexo #4 23/Outubro/2007 O_Castrexo

O carlinhos77 ese en qué norma escribe?

Agora xa tedes Academia trapalleira privada "socialistillos" de academias privadas do carallo. Xa poderiades ir homoxeneizando os vosos heteroxéneos xeroglíficos lusistas... agora xa tedes a quén pagarlle para que vos ensine a escribir.
Cada día cústame máis entender as mensaxes que escriben.

teixugo #5 24/Outubro/2007 teixugo

NINHADA DE RATOS!!!!!!!!
Não de Porcos, de ratos!!!!!!!!!!!!!

arinspunk #6 24/Outubro/2007 arinspunk

Ostia macho, ainda é cansino o Castrexo. Cansino, cansino, cansino...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: