Cobran de media entre 540 e 558 euros ao mes, fronte aos 989 que percibe un pensionista de Biscaia.
Os xubilados galegos seguen a ser os que máis problemas teñen para chegar a fin de mes. Segundo os últimos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, en Galiza a pensión media é de 625 euros. Porén, dependendo de cada provincia, os datos varían substancialmente: Pontevedra(666,67 euros); A Coruña (664,90); Ourense (540,94); e Lugo (558,62).
A pensión media galega sitúase en 564,71 euros, a mesma cifra a nivel estatal é de 676 euros. Os mellores datos son para Biscaia (989); Asturias (955); e Madrid (924).
A cuantía das pensións de xubilación está en funcións das cotizacións( a maior parte depende das empresas ) que se fan durante a vida laboral. É un feito que a menor salario menor cotización. Outro feito é que a menor cotización, mais gañancia de empresarios. Conclusión: Na Galiza as pensións son menores porque as cotizacións son as mínimas e porque os empresarios explotan ao persoal mais que no resto do Estado.