O contorno das Cíes tivo o privilexio dunha sesión de limpeza de fondos. Neumáticos, trapos, somieres, latas... Até sete toneladas de porcallada foron retiradas. Na maioría de zonas costeiras permanece sen limpar.
Unha lata de aluminio queda até 200 anos contaminando o medio, unha simple tapiña de botella metálica "tarda até 30 anos en desintegrarse", diferentes materiais tinguidos de pinturas sintéticas quedan décadas xerando residuos tóxicos moi perigosos durante o seu proceso de degradación no medio. Trapos impregnados por aceites e líquidos corrosivos abrollan a pé de portos e praias. Neumáticos liberan xofre e ducias de substancias contaminantes durante a súa degradación. O coñecido e aparentemente inofensivo "corcho branco" que ás veces aboia fronte aos areais, é en realidade un composto fabricado con benceno, "recoñecido carcinoxénico" e outros compostos canceríxenos. Un vaso de plástico permanece no medio 50 anos, unha botella pode durar máis de 450 anos sen degradarse, unha bolsa de plástico perdura ata 150 anos,... Son exemplos mencionados no estudo O lixo no mar: Un problema global, un problema local, financiado promovido polo Observatorio do Mar.
O exemplo das Cíes: sete toneladas en cinco días O Canal Verde achegábanos esta semana un exemplo significativo do estado dos fondos mariños a pé das nosas costas. Nun contorno relativamente máis afastado das áreas industriais, como é o caso das Illas Cíes, un grupo de mergulladores traballaron en días pasados nun proxecto de limpeza despregado polo Parque das Illas Atlánticas.
Se ides a un porto pesqueiro galego, cando van sair os barcos, veredes aos mariñeiros cada un coa súa bolsa de plástico na que gardan os bocadillos, latas de conserva, botellas de auga mineral... Se ides a ese mismo porto cando os barcos voltan, veredes que os mariñeiros volven sen a bolsa de plástico, ¿qué pasou aquí? pois que os mariñeiros, tiran pola borda todos os seus desperdizos: bolsas, botellas, latas, papel de aluminio e en definitiva toda a basura que xeneran.
Imaxinade os miles de mariñeiros que hai en Galicia, imaxinade agora a eses mariñeiros tirando merda pola borda todos os días do ano, e saberedes de donde ven moito dese lixo que "emporcalla" os litorais.
Ollo que no litoral hai máis merda que a dos mariñeiros, pero creo imprescindíbel comezar a facer campañas de sensibilización entre a xente do mar porque o seu comportamento en xeral deixa moito que desexar.