Manuel Fernández e Ángel Currás, irmán do ex conselleiro de Educación, comparecen este mércores no Parlamento.
O que fora director xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ángel Currás Fernández, e o anterior director económico financeiro, Manuel Fernández Balboa, comparecen este mércores na comisión parlamentaria que investiga a xestión das obras do Gaiás. Ambos os dous teñen en común algo que de seguro vai centrar boa parte das intervencións parlamentarias. Mentres o primeiro é irmán do ex conselleiro de Educación, Celso Currás, o segundo é cuñado de Mariano Rajoy. Socialistas e nacionalistas veñen denunciando que estes casos son un exemplo do “nepotismo” que practicou o anterior goberno.
Segundo puido comprobar Vieiros, Manuel Fernández Balboa presentou o seu currículo para director económico da Cidade da Cultura en xaneiro de 2001. Daquela o seu cuñado era vicepresidente do goberno español. Fernández Balboa, que naquel momento tiña 30 anos, licenciárase en Empresariais pola Universidade de Santiago en 1997. Até que ocupou o alto cargo na Fundación Cidade da Cultura, toda a súa experiencia reducíase a unha bolsa Feuga en “Caixa Pontevedra” (entre xullo de 1998 e setembro de 1999) e, posteriormente, a un cargo na rama de servizos do Grupo Dragados en Pontevedra.
O 1 de marzo de 2001 o ex conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela, asina a contratación do cuñado de Mariano Rajoy. Na cláusula segunda do contrato sinálase que “o traballador percibirá unha retribución anual bruta de sete millóns de pesetas”. Na terceira estipúlase que o contrato “páctase cunha duración indefinida”. Na quinta sublíñase que “dadas as características especiais do posto de traballo e do seu carácter de confianza, non se somete a período de proba nin a horario específico”.
Liquidación
Fernández Balboa mantívose no cargo até a chegada do bipartito. O 21 de setembro de 2005 remítelle un preaviso de abandono ao novo presidente do patronato da Fundación Cidade da Cultura. Logo de recoñecerlle os dereitos a ser indemnizado (sete días por ano traballado) a Xunta abonoulle 4.206 euros canda a preceptiva liquidación.
Pola súa parte, Ángel Currás Fernández licenciouse en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago e posteriormente, en 1978, comezou a súa vida laboral como profesor agregado de bacharelato até converterse en catedrático de ensino secundario. Logo dunha estadía como profesor asociado na Universidade de Santiago entre 1991 e 1996, deu un xiro radical ao converterse en director económico-administrativo do proxecto cultural “Santiago de Compostela, Cidade Europea da Cultura do ano 2000”. Precisamente nese ano noméano director xerente da Fundación Cidade da Cultura. No currículo que presentou para o cargo poden verse como únicos méritos, á marxe dos relacionados coa bioloxía, uns cursos de inglés, outro de iniciación e perfeccionamento en lingua galega e un seminario de “xestión de organizacións” de 120 horas.
¡¡¡CUÑAAAAAAAAAAAAAAAAAO.....¡¡¡
para quen é isto unha sorpresa?
Levan facendo isto moitiiiiiiiísimo tempo
Soben como "fojetes" e sen facer nada, só cobrar diñeiro a "pasto"
non entendedes a diferencia "intrínseca" entre un posto de confianza e un puto proletario
Eu dos familiares de Mariano quédome co primo, o experto en medio ambiente que rexeitou de forma concluinte o cambio climático co seguinte argumento: "Oiga, he traído aquí a diez de los más importantes científicos del mundo y ninguno me ha garantizado el tiempo que iba a hacer mañana en Sevilla. ¿Cómo alguien puede decir lo que va a pasar en el mundo dentro de 300 años?".
Como non podía ser menos, Marianín, fixo seu o argumento do primo de Zumosol e deixou moi claro que de cambio climático nada de nada, que o sabe de moi boa tinta de calamar.
Mariano, eres un crack.
E que o "clan dos rachoys" saben de "tudo": de cambio climático, de pequenos "hilillos" de fuel, de cultura "verbigratia", de explosivos e detonadores do 11M, etc. etc.
E o "clan dos trigos" de pepinazos (léase canonazos)a petroleiros, de grandes conquistas de "Pirijil", etc.
E o "clan dos ajirres" de Carmiñas Buranas, de que "abaixo ensino laico, arriba a COPE", etc.
etc.
etc.
Intervencións lamentabeis do sr. cuñado de Rajoy, que lle ensinaran a falar polo menos... daba vergoña allea.
A garabata moi mona e se lle vía máis que a cara de tanto que a agochaba.
Vergüenza ajena da leeros a algunos de vosotros.
Por cierto, de cuñados, primos, hermanas y amiguetes contratados sabe mucho Abel Caballero, que contrató no a uno sino a más de 30 en el año y medio que estuvo presidiendo el Puerto de Vigo.
http://www.lavozdegalicia.es/g...
¡¡¡CUÑAAAAAAAAAAAAAAAAAO.....¡¡¡
Para o pepeiro
http://usuarios.lycos.es/alehu...
- Marianito define o "nepotismo".
- Nepotismo é o termo utilizado para designar o favorecimento de parentes em detrimento de pessoas mais qualificadas, especialmente no que diz respeito à nomeaçom ou elevaçom de cargos.
- Muito bem, Marianito!
- E qual é a diferença entre "tempo" e "clima"?
-Abofé que nom sei, mas hei-lho perguntar a meu curmão de Sevilha que aprobou a oposiçom de catedrático com os mesmos méritos que os do meu cunhado o da Cidade da Cultura.
DE "FAMILIARES" MÁIS SABE A DEREITONA DESDE 1936 ATA ACÁ, ESPECIALMENTE EN TÓDOLAS DEPUTACIÓNS E CONCELLOS DA GALIZA!!
Ola a todos!
Este cuñado de Rajoy, é o mesmo que está a traballar na empresa Urbaser, recentemente adxudicataria da recollida do lixo en Redondela cun contrato de 20 anos e por un importe de máis de 860.000 euros/ano.
Dende as oficiñas de Redondela, Urbaser, tamén dirixe a recollida do lixo nos limítrofes concellos de Soutomaior (PP) e Ponte Caldelas (PP.
Manuel Fernández Balboa, actualmente está a participar na negociación do convenio colectivo do centro de "explotación" de Urbaser en Redondela. Nestes intres concretos, as negocicións están estancadas, despois de varias xuntanzas nas que Urbaser alegou que non podía facer ningunha subida este ano, máis aló do IPC real, por que non había cartos. O 4 de outubro os traballadores de Urbaser Redondela, presentaron unha convocatoria de folga, para as 00:00 horas do próximo 28 de outubro. dende entón ata a data de hoxe os traballadores non recibiron ningunha comunicación de Urbaser.
Hai que ver con que facilidade se suben os custes das obras e dos servizos, e que dificil é subirlle os traballadores o IPC máis 1 punto, que foi a última proposta dos traballadores, rexeitada pola patronal. Os traballadores esixen ademáis que so camións de carga traseira da recollida conten cun equipo humano de un conductor e dous peóns e non como veñen facendo nos últimos anos, nos que a recollida se fixo con 1 peón e 1 conductor, sobrecargando o traballo do peón. Ademáis piden recuperar o plus de antiguedade (o 5% do salario base), que se respecte o seu horario de saída (no turno de mañá), e que non se tomen represalías contra os traballadores polas súas creenzas sindicais, coma agredir os intereses dos traballadores con modificacións sustanciais das condicións de traballo inxustificadas, a non renovación dos contrato, etc.
Non o digo eu, "dixomo meu primo"
Coincido totalmente co último comentario de ecoe. Isto non cambiou nada ainda que lle chamen democrácia, seguen chupando os mesmos, e pagamos os mesmos e outros que veñen a nosa terra en patera
Di meu primo, que estades convidados a participar nos piquetes que se van a instalar o vindeiro sábado, 27 de outubro, ás 23:45 hs., no portal das instalacións de Urbaser, na Avda. da Estación, 25, de Redondela.
Tamén vos convida a participar na CACEROLADA POPULAR que se celebrará, o luns, 29 de outubro, entre as 20:30 hs. e as 20:00 horas, na praza do Concello de Redondela, coincidindo ca celebración do pleno ordinario do mes. Con esta cacerolada reivindicase, que Urbaser se sente a negociar e que se chegue a un convenio xusto e digno para os traballadores do servizo. Por uns servizos "Públicos" e de "Calidade", cacerolada!.