O Consello de Ministros non admitiu os requirimentos polos que o Goberno galego denunciaba unha vulneración nas súas competencias.
Como indicou o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, “non podemos decidir que dende Madrid se decida o que se fai na nosa costa". O Consello da Xunta aprobou enviar un requirimento a Madrid para que o Executivo central "dea marcha atrás"na súa negativa e chegue a un acordo co goberno autonómico.
O vicepresidente sinalou que a instalación de parques eólicos mariños pode supor un “grave prexuízo” para un país que vive do mar, e criticou a “perspectiva recentralizadora” do goberno español.
O Consello de Ministros aprobou este venres dous acordos polos que se contesta aos requirimentos de incompetencia formulados pola Xunta de Galicia e o Goberno de Canarias, nos que se indica a ambas as dúas comunidades que non teñen competencias para autorizar as instalacións eléctricas situadas no mar alegando que, polas súas características, o Real Decreto 1028/2007 reparte competencias entre goberno e autonomías nesta materia.
...Seica ainda nos toman por uns pobriños incompetentes...
Competencias, competencias .... o que se di competencias, realmente só as temos para beijar a man dos príncipes. Xa non sei nen o que digo ... que nojo dan. Havia que publicar o DOG cheio de erros e onde devia dizer madrid, pór "el mandril"..., e "al-cajalá dos fenhares" , e "vallarrodicio", ... e rírmonos algo deles nós tambem
Quenes aceptan que Madrí-€$paña teña a SOBERANÍA da Galiza teñen que tragar o que lles boten.
O "nacionalismo" regionalista -aspiran a influenciar no goberno €$pañol- lévanos a éstas e outras moitísimo piores situacións de SUBORDINACIÓN E DEPENDENCIA.
Quenes aceptaron, aceptan e aceptarán as "bases de xogo" do réximen francobourbónico, xogo de cartas marcadas, que se RESPONSABILICEN DO QUE POR ESTA CAUSA OCORRA, mais non miren para outro lado.
Não nos tomam por incompetentes. É ao contrário. Sabem que seriamos competentes na nossa terra e com as nossas cousas. E por isso fazem o que fazem.
O DOG em Galego já vai publicado com inúmeros erros próprios de quem desconhece a língua e todas as normas ortográficas em uso pela Administração desde os anos 80 até hoje.
Devem engolir até rodas de moinho, sim. Precisamente disso é que se trata. Se queres ser Vice-presidente da Xunta tens que engolir muita cousa. E se não queres engolir, então tens que lutar e talvez (ou com certeza) arriscar o "posto" pela causa.
E isso já não se leva...
É o nosso destino: Galicia, el gran parque eólico.
Aos hipócritas do BNG o que lhes fode é que os dinheirinhos vaiam a Madriles e não aos petos dos amiguinhos, mas da ideia CONCORDÃO TOTALMENTE.
Adeus rias, adeus montes, ....
Canda quen ten o seu papel. No canto de ladraren a traballar na sociedade galega para que haxa rexeitamento frontal a semellante caste de "parques" eólicos... é cousa dos bos e xenerosos...