A acusación pública acúsaos de inxurias e maltrato a militares que participaban nunha campaña de reclutamento.
O vindeiro mércores comezará o xuízo en Pontevedra contra tres mozos acusados de inxurias e maltrato a membros do Exército. A acusación pública reclama que Antía Marinho, Anjo Torres e Alexandre Ríos sexan condeados cada un a doce meses de cadea. Ademais solicita que se lle impoña unha sanción económica de 6.000 euros.
Os feitos tiveron lugar en xuño do ano pasado, cando un grupo de mozos se manifestaba diante dun posto informativo da Brilat na cidade de Pontevedra. Os manifestantes querían amosar así o seu rexeitamento ás campañas de reclutamentos. Segundo un comunicado de Briga, organización na que militan os detidos, os incidentes principiaron logo de que efectivos militares racharan unha pancarta que portaban os mozos. O colectivo independentista xa anunciou unha concentración de solidariedade cos encausados diante dos xulgados.
maltrato a membros do exército??? pobrinhos, pobrinhos! solidariedade c=s detid=s! que nom queremos fazer parte dun exército (nem galego, nem español) que manda à gente a morrer! pela desmilitarizaçom! solidariedade cos moz=s detidos!
Solidarízome cos acusados
Esta é a xustiza podre que temos
Os fiscais defendem os poderosos
Os danos na pancarta quen os paga?
O atropelo cometido contra estes mozos/as por que nom ha ter unha indemnizazóm?
Pues yo me solidarizo con las víctimas y no con los acusados.
Es la diferencia entre estar con los que defienden la ley y el orden y estar con los delincuentes...
Caña a los independentistas que vulneran la ley. Vamos, a casi todos ellos...
O que está claro é que aquí algún voandeiro, con insulto á intelixencia, exerce a DELINCUENCIA da MENTIRA SISTEMÁTICA
Os acusados denunciaron no seu día ter sido agredidos polos militares que lles racharon a faixa que portaban.
Por exercer o dereito a se expresar, e contra o que sexa, mesmo algunha "institución", as persoas non deben ser encausadas, nin golpeadas, nin abusadas nin ninguneadas.
Si foran condenados sería realmente por antimilitaristas consecuentes.
"Es la diferencia entre estar con los que defienden la ley y el orden y estar con los delincuentes...
Caña a los independentistas que vulneran la ley. Vamos, a casi todos ellos..."
Y luego todos los independentistas son delincuentes.
Vaya Non Sequitur que te mandaste.
Prefire a inxusticia ó desorde, como o Goete de Celso Emilio.
Mais desde a lei e a orde pódese delinquir moito máis caladamente, pois a lei non dá conta dos delictos dos gobernos.
É a mesma relación, correspondentemente, que se dá entre a mentira e os medios de comunicación (aquilo da primeira lección sobre comunicación: "o periódico terma DO QUE LLE ESCRIBEN").
Así, pois, haiche moitas formas de delincuencia (ata incluso escribindo)!