Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CHEGAR A VELLO

A esperanza media de vida dun galego é de 80,4 anos

Segundo as estatíticas do INE, a expectativa de vida en Galiza é de cinco anos máis ca en 1981.

Redacción - 13:35 29/10/2007

É o que din as frías estatísticas. O máis probábel, se nada se torce, é que vostede chegue aos 80 anos, se queremos ser aínda máis precisisos (coma o INE) teriamos que dicir 80,44. Ao abeiro destes datos, confírmase unha progresiva mellora en Galiza no último cuarto de século: 1981 (75,23 anos); 1991 (76,64) e 2001 (79,52).

Se nos comparamos con outros lugares do Estado temos que dicir que estamos lixeiramente por riba da media, que queda marcada en 80,23 anos. Os mellores datos son para a Navarra (81,51) e Madrid (81,39), os peores para Ceuta (78,62) e Andalucía (78,83).

Outro dos datos curiosos que presenta este luns o INE na súa páxina é un histórico do século XX. Segundo este estudo, en 1901 a esperanza media de vida no Estado Español era de 34,76 anos; en 1931 pasou a 49,97; en 1961 a 69,85; e en 1981 era de 75,62.

Poden consultar os datos polo miúdos na web do INE.


5/5 (2 votos)


Comentarios (6)

O_Castrexo #1 29/Outubro/2007 O_Castrexo

E isto tamén é un feito diferencialismo da raza galega?

Este xornal é unha merda! Noticias localistas e sen a menor importancia para a comunidade e foros infestados e reintegracionistas que no canto de debater sobre os problemas reais da xente debaten sobre o sexo dos anxos e outras cuestións metafísicas.

Voume para La voz de Galicia. Ese xornal é un xornal que se pode ler.

Paso de continuar a participar en Vieiros.

mceleiro #2 29/Outubro/2007 mceleiro

Sim, va melhor com a tua forma de pensar. Menos mal, homem!!! O primeiro com coerência nos teus comentários.

Ainda mais, vai-te a LibertadDigital, onde escreve Pio Moa, um fulano também muito de "ciência".

BonKarallan #3 29/Outubro/2007 BonKarallan

Vaiche e non volvas nunca xamais, vaiche e non volvas.

Vaiche a La Voz de Galicia. De onde nunca debiches saír. A verdade é que hai que ser cabrón para obrigarche a participar nestes foros. E se che levas a Gaviotero aínda mellor.

A esperanza de vida dos galegos aumenta coa vosa marcha.

lavesedo #4 29/Outubro/2007 lavesedo

ben o_castrexo, cando sexas maior e esteas enchufado de profe de inglés nalgún cole do opus poderás dicirlles aos teus alumnos que tiveches unha época salvaxe e mesmo escribías en galego por "interné"... tou co BonKarallan, coa túa marcha andamos xa polos 80,5 de media.

MarinhaLucense #5 29/Outubro/2007 MarinhaLucense

Mais o que "o_castrexo" dis e' a sua opinion!!!! A quen ofende?? Eu gusto de ler ao rapaz e espero que a libertade dixital que moito falan neste foro sexa asin e podan escoitar e ler as opiniones doutros.

BonKarallan #6 30/Outubro/2007 BonKarallan

Eu vou para os 85 anos.

Ribadeo, Viveiro, Foz, O Vicedo...a min non me ofende O Castrexo e estou de acordo con algunha cousa que di como: "Voume para La Voz de Galicia. Ese xornal é un xornal que se pode ler. Paso de continuar a participar en Vieiros".

Ainda que eu coido que neste pódese ler e máis escribir.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: