Os monarcas ían visitar as cidades a vindeira semana, pero o goberno marroquí rexeitou os plans de viaxe e chamou ao seu embaixador en Madrid por un "período indeterminado".
Segundo informaba a axencia marroquí MAP, o ministro de Comunicación e voceiro do goberno alauí, Jalid Naciri, dixo que o seu executivo vía "lamentábel" esta iniciativa, sexan as que sexan as motivacións dos reis para visitar as "cidades marroquís espoliadas" de Ceuta e Melilla.
O goberno marroquí reuniuse esta sexta feira, a raíz das informacións aparecidas nos xornais españois sobre a primeira viaxe oficial dos monarcas a estas cidades do norte de África, e finalmente resolveu, por instrucción do rei Mohamed VI, chamar ao seu embaixador en Madrid, Omar Azziman, por un "período indeterminado".
"Mensaxe clara, e non codificada"
Xa na quinta feira o voceiro do goberno marroquí, Jalid Naciri, tiña advertido de que existen "liñas vermellas relativas á integridade territorial de Marrocos que non deben ser traspasadas" e que "os amigos españois deben comprendelo". Por isto, dixo agardar que a visita "non teña consecuencias negativas nas súas relacións bilaterais".
Neste sentido Naciri dixo querer transmitir unha mensaxe "clara e non codificada" na que lembraba que as "relacións entre os dous reinos son fundamentais e que traballa para consolidalas e promovelas aínda máis", mais a amizade non lle fai esquecer, segundo dixo, "que existe un desacordo de fondo sobre Ceuta e Melilla".
Sería a primeira visita dos reis ás dúas cidades
Zapatero visitou tamén ámbalas dúas cidades a finais de xaneiro deste ano (na que foi a primeira viaxe do goberno español dende a etapa de Adolfo Suárez), e naquela altura o goberno marroquí xa cualificara de "inaxeitada" a viaxe xa que "non encaixaba na perspectiva" das relacións que Marrocos quería ter co Estado Español.
Esta sería a primeira visita dos reis españois ás dúas cidades, que dunha banda do estreito son "cidades autónomas" e da outra "territorio ocupado".
Segundo contaban as axencias, a prensa marroquí non segue o asunto. O xornal Al Alam (que é propiedade do partido Istiqlal, ao que pertence o primeiro ministro Abbas El Farsi), non menciona o asunto, e tampouco outros xornais como Al Sabah e Al Ahdat Al Maghribia. Pola contra o xornal máis vendido en Marrocos, Al Masaa, titula "O rei de rompe a tradición e asenta a ocupación de Ceuta e Melilla".
Non é custión de beiras do Estreito: as duas cidades son COLONIAS en África, dígase o que se diga, como colonia é Xibraltar.
Os reises xa estiveron coido que no 74/75 e agora fan parte da competición preelectoral para as xerais por ser máis españolistas pois éste é un valor ALZADO!
Si, todo iso está moito ben, mais Marrocos non é precisamente un modelo de anticolonialismo, como ben saben os saharauis. A lei do funil e cinismo sen límites.
Por outra parte, ¿ata que punto é conveniente e xusto darlle Ceuta e Melilla a Marrocos mentres nese país haxa unha monarquía case absoluta? Eu no caso desas dúas cidades preguntaríalles aos habitantes que é o que queren nas actuais circunstancias.
Habería que ter outra postura no problema do Sahara, vergoñentamente entregado por España a Marrocos en 1975. O problema é o da pesca, da defensa dos intereses dos mariñeiros españois e galegos, aínda que eu considero que iso non é razón para dar por bo o que está a facer Marrocos co Sahara, tratando por todos os medios de impedir que se cumpran as resolución da ONU para a autodeterminación, reprimindo salvaxemente e tamén reprimindo a liberdade dos propios marroquinos.
teñen razon neste caso mais que din do Pobo Saharaui, din "na de na", se queren ter razon nesto deben liberar a o Pobo Saharaui.
SEMPRE EN GALIZA
E eiquí por que non podemos rexeitar a presenza dos reises?. Eu non quero que pise a miña cidade o sucesor de Franco.
A min que non me chamen para defender Ceuta e Melilla.
Oín dicir nunha cadea de TV española, que esas prazas pertencen a España desde fai 500 anos, antes de que Marrocos existise.
É iso unha razón de peso?.
Vasche a outro Continente. Invades un territorio que non é teu e cresche que che pertence por toda a eternidade. É igual que o fagas hoxe a que o fixeches fai mil anos.
Con Galicia, igual. Non lle pertencemos.
O rei de Marrocos tómase en serio ao Rei de España. Se non é ninguén. Vai alí a anoxar. Pois mandarlle a marcha verde, a amarela e a de cores do arco da vella, a ver como lle fode.
Logo supoño que botarán del Ejido a todos os marroquís. E máis tarde, España entrará en guerra con Marrocos.
E entreténdonos con problemas exteriores, taparán os problemas interiores: Catalunya, Euskadi, Galiza... A Monarquía, o AVE...
Señores:
Marrocos é un pais despreciabel, colonial, monarquia absoluta... se lle preguntan ós habitantes de Ceuta e Melilla musulmáns se queren incorporarse a Marrocos dirán que non, porque no Estado español teñen unhas avantaxes coma os xibraltareños dentro do Reino Unido, que non terian en Marrocos.
Marrocos está levando moitos postos de traballo que antes estaban na Galiza (telemarketing, sector pesqueiro, agricola...)polo que se eu estivese no goberno español, diante desta parvadas, falaria de anular permisos de residencia, expulsar inmigrantes, bloquear contas bancarias, deixar de dar axudas...
Estou canso deste pais que sempre esta a nos amolar
Moi ben home. Viva a discriminación clasista, que non racista.
Marrocos é unha merda para España porque é un país máis pobre.
España é unha merda para Francia porque é un país máis pobre.
Douche a razón de que o Goberno de Marrocos é un goberno despreciable, como seguramente o é o noso. Pero o pobo, non ten a culpa.
E segundo o que dis, non prefires ti tamén ser inglés que ser español?
Por que cres que Jose Mari se fixo amigo do matón de Bush?
Para ver se nos tocaba un bo anaco da torta.
BonKarallan, sexamos prácticos; eu non estou a vivir en Xibraltar, máis se estives, non querria saber nada de España. Unha anecdota, cando estiven no Norte de Irlanda, algunhas rapazas irlandesas católicas non querian saber nada da reunificación, disque porque non querian estar baixo unhas leis sobre reproducción e sexualidade inspiradas pola relixión católica.
As miñas palabras non nacen pola probeza ou riqueza do pais, máis ben polas actitudes fariseas dos seus monarcas, que teñen a teima de cando hai problemas botarlle a culpa de todo a España. Se fose marroquino teria medo da actitude do meu goberno fronte ó principal pais que emprega ós meus compatriotas (lembrade o peche da verxa de Xibraltar e as consecuencias para os traballadores españois no Peñón)
E o do pobo é outro cantar, e o mesmo de iñorante que o pobo galego cando non distinguia na emigración a crítica a Franco da crítica a España. Pero tampouco vou ter agarimo cara marroquinos no meu pais que se desfán en eloxios cara o seu rei, cando están na emigración precisamente por culpa de como esta o seu pais de corrupto.
Eu non teño problema de nacionalidade, son galego e historicamente son español. E a historia diplomatica de alianzas do estado español nos derradeiros 250 anos son bastante tristes...
O mellor, as declaración de Bobiño Blanco: "La primeira visita de los Reyes a Marruecos"
E supoño que a derradeira a Ceuta e Melilla como cidades españolas. Claro, como xa lles regalou o Sahara, pois foron a despedirse de Ceuta e Melilla.
Concordo contigo lostrego, ainda que entendo que a milhor soluzom seria outogra-lhes um estatuto internacional a ambas as duas cidades, que nem dependeriam de Espanha nem de Marrocos emtermos de soberania, mais manteriam um estatus que lhes permitisse manter a sua condizom na UE...Semelha razoabel ..No que atinge a Gibrlatar opino mais do mesmo, se bem haveria que desterrar opinions bizantinas britanico-desfasadas (das que ninguem mantem ja nem no mais cutre clube elitista de Londres) que se dam em Gibraltar, onde ha alguns que semlelha que querem ser mais inglesses que a Rainha de Inglaterra (ainda que esta seja de ascendencia germana seica)...Mais e certo que Gibraltar tem um componhente populacional que nom e so espanhol ou ingles, se nom maltes, siciliano, sirio seica tamem etc etc etc...E lembrar que tanto Gibraltar como Ceuta e sobre tudo Melilha som postos de importancia militar-estrategica sobranceira...nem mais nem menso, plo cal a ninguem extranha que tanto os giblralteiros como os melilhenses sejam os mais espanhois ou os mais ingleses...Sabem que tenhem que demonstra-lo constantemente...D'ai que moitos galegos tirem por esse caminho tamem, ainda que no nosso caso e umha derivazom logica do HISTORICO AUTO-NOXO INFLICTIDO POLA SECULAR COLONIZAZOM CASTELHANO-ESPANHOLA NO NOSSO PAIS..Eis o unico historico que temos @s galeg@s recebido de Espanha: A nossa humilhazom como nazom, a nossa pratica invisibiliadde historica e internacional e o arrombamento da nossa dignidade, da nossa identidade e da memoria que temos de nos mesmos...Nom amigo Lostrego, nom somos historicamente espanhois (que e Espanha??), somos o resultado dumha tragica desventura historica que AGARDO TENHA TOCADO FUNDO...Por outra banda e de salientar o xorne castelhano-espanholista da reclamazom de Gibraltar..Que eu saiba ninguem reclamou desde o estado a re-unificazom de Catalunha coa sua parte Norte (O Roselhom) que casualmente coincide no tempo e nas causas coa disputa gibralteira...Ha-vos moito do que falar-mos ainda e moito que escoitar-mos e moito por APRENDER-MOS