Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Marcha Nacional pola Defensa do Litoral

Xente de todo o país xúntase en Corrubedo contra o Plan Acuícola

A concentración de protesta está apoiada por varias ducias de colectivos de toda Galiza.

Redacción - 12:20 03/11/2007

Este domingo ás doce do mediodía arredor de dúas mil persoas de todo o país concentraranse no porto de Corrubedo contra o Plan Acuícola. A Marcha Nacional pola Defensa do Litoral está organizada por doce asociacións de defensa ambiental e apoiada por varias ducias máis de colectivos de todo tipo.

Lemas como "Pola túa costa, polo teu mar", "Non ao plano acuícola" ou "Até aquí chegamos cos peixes planos", servirán para manifestar a oposición da cidadanía a un plan polo que o Goberno prevé instalar plantas de acuicultura nalgunhas das zonas de maior valor ecolóxico da nosa costa.

Para chegar a tempo a Corrubedo, algúns dos colectivos que participarán na Marcha Nacional contra o Plan Acuícola recomendan anticipar a saída. As obras na vía do Barbanza para a súa conversión en autovía poden provocar importantes atrasos. Así, o Comité Cidadán para a Defensa da Ría de Ferrol, que tamén acudirá á marcha, adiantou a saída dos autobuses da Praza de Galicia até as nove menos cuarto da mañá.

En todo caso, quen desexe desprazarse pola súa conta a Corrubedo, pódese guiar por este mapa:


Visualizar o mapa ampliado


5/5 (4 votos)

Comentarios (1)

ulo #1 3/Novembro/2007 ulo

Non ao plan acuícola da Xunta bipartita


A aprobación do Plan Acuícola foi unha das exixencias da patronal do sector composto polas sociedades Pescanova, Stolt Sea Farm, Aquacría-Arousa y Acuidoroy AEROGAL, despois do traslado da planta de rodaballos de Pescanova a Portugal.
A Xunta, logo das presions da patronal de que deixara de “facer que fai”, en palabras do representante da empresa Stolt Sea Farm, fixo un plan a súa medida, ameazando co formigon a costa, sen medidas de control dos verquidos, etc. Un plano o servizo das necesidades dunhas multinacionais que ameazan os postos de traballo existentes, e que só crean uns centos, en condicios de baixos salarios e precariedade.
Alen máis, o plan vai subvencionar as multinacionais con 390 millons de euros, baixo a promesa da criacion de 2000 postos de traballo. E coma sempre, como aconteceu con Atento ou Delphi, con La Toja ou Fadesa, ninguen garante que se non é rendibel, ou atopan outras zonas do mundo onde as condicions laborais e salariais permetan máis lucros, deslocalizaran e deixaran a costa con formigon e esnaquizada.
O plan da Xunta Bipartita é rexeitabel de calquera maneira que se vexa.
Mais, por outra banda, e a pesar das moitas subvecions que levan cobradas os armadores galegos par desguazar barcos, os sectores pesqueiros e marisqueiros necesitan un regulamento que ordenen un sector baseado no caos da pequena e mediana propiedade.
Un sector que, competindo uns con outros polos mercados e rebaixando as condicions de traballo dos asalariados, mantense nunha precariedade permanente, ou como no marisqueo cunha privatizacion encuberta do mar polas nas concesions administrativas familiares, concedidas o longo de moitos anos de fraguismo e caciquismo dende a administración.
Nestas condicios é loxico que cada vez menos galegos queiran traballar no mar, e os empresarios do sector recurran a traballadores imigrantes, aos que superexplotar, baixo a ameaza constante da súa expulsión.
Mais o Plan Acuícola aprobado pola Xunta non é, nin de lonxe, o regulamento que os traballadores e o pobo traballador necesitan. Non serán as multinacionais do sector as que poñan orde, o contrario, a súa actuación só pode traer máis emigración, sustitución de emprego sustentable por emprego precario, baixo a ameaza constante da deslocalizacion, e destrozos na riqueza natural.
So un plan baseado nas necesidades alimentarias reais da poboacion, e non na necesidade de lucro empresarial, é posible facer un plano de desevolvimento do sector axeitado.
Un plano que garanta todos os postos de traballo, a estabilidade no emprego e salarios dignos. Un plano que supoña un control real dos verquidos e non se deixe á vontade das empresas, grandes ou pequenas.
Un plan que se opoña polo vértice ao da Xunta, que permita un regulamento racional dos sectores pesqueiro e marisqueiro cos 390 millons de euros que lle van a dar as multinacionais.
A pesar do seus limites –a mobilizacion non pode convertirse na excusa para logo negociar mellores indemnizacions nas expropiacions- ha que apoiar a manifestación a Corrubedo, do domingo 4 de novembro.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: