Este mesmo luns comezaron a incorporarse ao Bantegal as primeiras parcelas para alugar.
A satisfacción era evidente no rostro do titular de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal. Escoltado polo vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, o conselleiro 'inaugurou' formalmente unha das ferramentas máis ambiciosas de todas as que estivo a traballar o seu departamento: O Banco de Terras de Galiza (Bantegal).
Diante de preto de un cento de persoas, Suárez Canal subliñou que a medida que está xa en marcha marca un “antes e un despois” nas políticas rurais do país. Segundo explicou, o Bantegal pretende un gran cambio estrutural que só pode traer a medio e longo prazo un “enriquecemento colectivo”. O obxectivo non é nin moito menos cativo, Medio Rural pretende que en 2011 esta ferramenta sirva para ter mobilizadas 100 mil hectáreas de terreos agora improdutivos e á mesma vez mellorar as condicións de vida de 10 mil familias.
O propio director xeral de Estruturas Agrarias, Xosé Carballido Presas, encargouse de lembrarlle ao vicepresidente que a reactivación do rural era unha das grandes promesas electorais do BNG: “Aquí ten o Banco de Terras, misión cumprida”.
Quintana: “Compromiso co país, valentía política e intelixencia”
O vicepresidente da Xunta mostrouse convencido de que o Bantegal vai dinamizar un rural que vive unha forte crise dende hai décadas: “Sen medio rural non hai Galiza. Por iso, había que afrontar con valentía os problemas estruturais”.
Quintana asegurou que o Goberno sabía perfectamente que a medida podía ser impopular e que se prestaba a “manipulacións”. De feito, o vicepresidente aludiu a todos os que quixeron “intoxicar” falando dun “proceso de colectivización”. Fronte a isto asegurou que “non nos dobregamos. Había que ter a valentía de poñelo en marcha porque mirar para outra lado non era a solución”.
Este é o camiño que precisa Galiza: Cambios estruturais reais. O resto pode quedar en simple propaganda.
Ben pola equipa de Alfredo Suárez Canal, ben polo BNG. A recuperación do noso rural pode ser un feito se tod@s turramos. Tentaran biocotealo con intoxicacións e trapalladas mais non debemos dar nin un paso atrás, este é o camiño. Adiante.
Parabéns por chegar a este fito, e ánimo para seguir traballando, mellorando e corrixindo esta ferramenta, e que visualice o que os galegos poden facer xuntos nestes tempos de de incertidume.
e galegas???... un esforzo na linguaxe para facer País enteiro e non medio... ;-)
Moi ben! que sigua adiante a desenvolverse este proxecto interesante e innovador. Penso que é un gran paso adiante.
Que se vexa que na Xunta alguén comeza a cambiar as cousas.
Agardaba con moito interese iste momento por ser persoa interesada nunha comarca onde eu teño fincas abandoadas. Se isto vai adiante, coma desexo, non serei o único galego que arranxará as herdanzas que se atopan durmidas.
Pois se é boa ideia, avante. Mas façam-no bem, por favor!
E não roubem nada.
Que obsesión teñen o neo-liberais con que non se lles "roube" nada... como no PP, que cousas.
Que obsesión teñen o neo-liberais con que non se lles "roube" nada... como no PP, que cousas.