Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Protección

Amigos da Terra esixe unha lei máis severa contra os maltratadores de animais

A asociación ecoloxista propón elevar a contía das sancións a aquelas persoas acusadas de maltrato animal, e reclama o fin de prácticas deportivas agresivas para a fauna.

Redacción - 19:16 05/11/2007

Ante o retardo da publicación do borrador da Lei de protección de animais domésticos e silvestres en catividade redactado pola Consellaría do Medio Ambiente, a asociación Amigos da Terra quere lembrar que a nova lei debe ser máis "rigorosa e severa cos infractores". Dende esta sociedade ecoloxista reclaman que se eleven as contías das sancións e que se prohiba a tenencia de animais a calquera das persoas acusadas de maltrato.

Amigos da Terra solicita tamén que a venda de animais estea baixo control, para evitar a tenencia destes seres vivos por parte de maltratadores. Así mesmo, a nova Lei que está a preparar o Departamento dirixido por Manuel Vázquez, tería que pór fin a todas aquelas prácticas, chamadas "deportivas" nas que se prexudica á fauna do noso país, como é o caso do "tiro ao pombiño".

Lei vixente
Actualmente a normativa que regula a protección dos animais queda reflectida na Lei 1/1993, do 13 de abril, que segundo a asociación ecoloxista ten un carácter de "mínima protección", quedando os animais nunha situación de "desamparo legal".

A Consellaría do Medio Ambiente anunciou a publicación do borrador desta lei hai aproximadamente un mes, e actualmente atópase á espera de obter o visto e prace da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.


Documentos

5/5 (2 votos)


Comentarios (1)

Jatopardo #1 6/Novembro/2007 Jatopardo

Por suposto que é necesario elevar as sancións polo maltrato aos animais, pero o maltrato grave non pode saldarse cunha simple multa. O que cometa barbaridades coma a rapaza de Lugo que deixou morrer ao seu can de fame e sede ou o impresentable de Aguiño que mallou no seu can sen compaixón, que paguen coa cárcere. Hai que cambiar o Código Penal duhna vez.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: