Sorprendeu o ex presidente descargando culpa sobre os daquela conselleiros. Con todo, afirmou que "cando se ten un soño hai que ser decidido e tirar cara a adiante".
"A Cidade da Cultura é un soño", afirmou Manuel Fraga na súa comparecencia deste mércores no Parlamento. Fráxil de voz e nunha desordenada intervención, o ex presidente da Xunta destacou que "obras moi criticadas foron finalmente admiradas en todo o mundo, e así pasará coa Cidade da Cultura". "O que está feito está ben feito e o que queda pódese rematar ben", asegurou.
A maior sorpresa da súa comparecencia veu cara ao final da súa primeira intervención, momento no que afirmou que non intervira especialmente na súa xestión: "deixei que os conselleiros tomasen as decisións correspondentes", comentou citando aos daquela responsábeis de Facenda e Cultura e subliñando o protagonismo "especial" deste último, "o señor Pérez Varela".
A "grande demostración"
Relatou o ex presidente que a súa vontade no impulso deste proxecto foi facer "unha grande demostración da cultura galega a todos os niveis" e asegurou, ao xeito en que o fixera o actual presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, que "estará entre as dez primeiras infraestruturas culturais do mundo".
Fraga xustificou a desviación orzamentaria asegurando que "era difícil prever desde o primeiro momento" e interpretou, ao igual que o fixera antes Alberto Núñez Feijoo, que no informe do Consello de Contas "non se desprenden responsabilidades nin contábeis nin penais".
Ironizou tamén sobre o cualificativo de "mausoleo" adicado ao proxecto por PSdeG e BNG, mencionando que "o meu mausoleo, sen ornamento especial ningún, é o nicho que xa teño mercado en Vilalba".
Recoñece que o goberno Aznar non se comprometeu co proxecto
Foi apenas o único asomo de resposta de Manuel Fraga ás moitas preguntas que lle fixeron os voceiros socialista e nacionalista, a conto da falta de compromiso desde o goberno español coa iniciativa do Gaiás. Así, recordou o ex presidente que no seu momento falara do proxecto "con José María Aznar e con Mariano Rajoy", no momento en que o PP estaba no poder en Madrid, "pero naquel momento había temas máis importantes, coma o asunto do Prestige".
"Eu asumo as responsabilidades nos fallos de coordinación", dixo na súa terceira e última intervención e despois de que Carlos Aymerich, polo BNG, e Ismael Rego, polo PSdeG, lle reprochasen que descargase culpa sobre os ex conselleiros e evitase responder ás cuestións presentadas polos respectivos voceiros parlamentarios.
Así e todo, concluíu asegurando que "o día que estea rematado Galiza terá outro referente, ademais do Pórtico da Gloria, no mundo". "Espero vela rematada se Deus me dá vida, e que sexa o orgullo de Santiago e Galiza", dixo Fraga.
Sen ánimo de polemizar con Manolo Fraga nen con Deus, o Noso Señor, penso que non vai ter oportunidade de ver rematada a Cidade da Cultura e, ao paso que levamos, tampouco os fillos de Pérez Varela, tan ben educados en Pamplona.
Polo de agora, e mentres o goberno de Progreso continúa as obras, o sno don Manuel pode ir facendo contas de cánto dixo que ía costar e cánto vai costando, e, de paso, calcular, se lle da a cabeza, o que custará finalmente, amén.
Sobre iso de botar culpas aos demáis, nomeadamente a Pérez Varela, pois qué dicer, que Manolo sempre foi así, eran outros, sempre foron outras persoas as culpabeis de todo: do de Vitoria, do de Montejurra, do da Xunta... Manolo, un tipo recocido en furanchos, feiras e os mares de Perbes, nunca foi un grande defensor dos seus ¿escravos? ou axudantes. Tampouco agora. Bendito sexa Deus.
Os demais tiveron moita culpa, pero Fraga moita máis, por ser sabedor da manada de chupóns e incompetentes que tiña arredor, ainda que non coñecera os detalles, e non marchar antes para casa. Esa non-defensa dos colaboradores que amosa agora (¡tarde piaches!) debeuna de por en práctica mentres tiña folgos e votos. Lamentable.
Vin onte na TV a Fraga e é un cadáver ambulante. Non creo que lle queden máis de seis meses de vida.
Con todo o vello que está, xunto con Beiras é dos políticos con maior personalidade que houbo, hai e haberá en Galiza en moitos anos.
Por suposto, que non coincido en nada coas súas ideas, pero si respecto a súa personalidade, bastante máis, se cabe, que el a min.
queremos competir co Escorial ou coa Sagrada Familia, ou iso parece.
O de Fraga soa a broma, se non xogaramos cos diñeiros de todos.
Un tipo que foi ministro de Franco e apoiou o asesenato de Julian Grimau
Un tipo qeu asesenou a 5 obreiros en Vitoria e a a un carlista en Montejurra.
Un tipo que apoiou a guerra de Iraq e o xenocidio.
Un tipo q
Este tipo quere agora pasar como un pobre "vello" galego, insultadoos: eu son, din, como calquer galego... no ton de sempre dos señoritos "galegoespañois", como calquer "pobre" galego, que só pensan no seu curruncho, e non nas grandes cousas da vida; esos galegos, como Fraga, Rajoy, e moitos que hoxe estan no PSOE, como o noso Pepiño Blanco, cando pensan en "grande", xa non falan galego, non son galegos, salvo para as vacacions, son "españois". Que os galegos so pensamos no noso curruncho.
Pois ben, ise tipo quere sair ben parado da súa obra final, o Cidade da inCultura.
Non podemos deixalo ir así como así. O BNG, o PSOE -a pesar do complice de Bugallo, que por solidariedade "institucional" non quixo denunciar-, todas as xentes honestas da Galiza non poder lavarse as mans diante dunha fraude "faraonico" e colosal.
Xa esta ben de falar de Fraga como se fora dos nosos. Fraga, e os seus, son os nosos inimigos dende fai moito, pero que moito, tempo.
Esse Grande Cabrão aproveitou-se do projeto da Cidade da Cultura mentres estava em São Caetano, movimentou a todos os seus Conselheiros, tão cabrões como ele, e organizou o maior roubo de dinheiro público havido na Galiza desde os saqueios do outro Grande Cabrão, o Imbecilíssimo (vide Paço de Meirás e outros).
E agora quer eludir as responsabilidades. Como sempre. Não cambiamos Don't Manuel. Continua a ser o mesmo "caimán" de sempre.
Fraga, não morras. Vive!. Que tenhas uma dura e longa agonia....Ainda assim nunca pagarás os teus crimes e o legado que nos deijas.
A ver, a ver. Un pouco de moderación. Desexar o mal para calquer persoa non nos fai mellores, porén sexa Manolo Fraga. Que un sexa mala persoa non implica que o resto teñamos que nos comportar así, e nos convirtamos tamén en malas persoas.
E, oigan, non son borras cristiáns as que boto aquí. Simplemente quero decir que Manolo ten responsabilidades na desfeita do Gaiás, en proxectar tamaño edificio sen saben nen cánto ía custar, nen cánto tempo ía levar erguelo, nen para qué podería server.
Claro que Manolo Fraga debería pagar por isto, pero todos os políticos están, digamos, "fóra da lei", todos, os de agora tamén, porque son "aforados" e están rexidos, á hora de afontar penalmente as consecuencias das súas decisións, por outro regulamento diferente ao do resto da cidadanía.
Polo tanto, as responsabilidades penais por malgastar os cartos públicos non están contempladas. En mala hora, tamén é certo, pero é o que é, agás que a lexilación española mude neste aspecto.
Con isto quería decir que, se ben o de Manolo Fraga foi un auténtico espectáculo que debería subvencionarse vía orzamentos para o teatro galego, as declaracións na mesma comisión de investigación do señor Alcalde-Presidente de Santiago de Compostela, carísimo Sánchez Bugallo, alcumado nos tempos da clandestinidade, cando era do MCE ou do MCG, xa non sei, alcumado, digo, "Nitro" (outro día cóntovos a razón), as declaracións, repito, son de todo ponto impresentabeis: saber que o proxecto da Cidade da Cultura ía desfasarse en máis de 200 millóns de euros e calar ante a cidadanía por "lealtad institucional" que ese desfase ía producirse, pois fala bastante mal do señor Bugallo, fala bastante mal do seu partido e deixa, cómo diría eu, deixa co cu ao ar aos socios do goberno municipal e autonómico. Ou, resulta agora que ninguén sabía o marrón que se viña enrriba??.
Agora comezo a entender as mudanzas políticas do BNG e do PSOE.
Agora entendo que o prometido non era máis ca fume, fume para agochar, fume para seguir facendo o mesmo ou similar en áreas tan fundamentais como a cultura, o medio ambente, a industria (por certo, ónde fica o colega Fernando Blanco?), a administración (vaia co procedemento de seleción nas Galescolas...).
E ben sei que a mudanza política tiña que darse, e darse por ación cidadá, pero, xuro, eu non votei isto.
Xabi1, haveria que ver até onde chega a responsabilidade do Don't neste assunto. O pior é que nunca se vai ver. Se calhar por aí vai o de desejar-lhe cousas más: já que não podes fazer justiça, que se faça a injustiça para todos.
A lei de amnistía do 76, pola que os criminais franquistas conseguian un "punto final" polos seus crimes, o tempo que saín das prisions antifranquistas fixeron dous males: un, o de deixar na rúa a todos os xenocidas do franquismo, incluido o sr Fraga; e dous, xerou "xurisprudencia".
É dicer, se se perdoan crimes do calibre dos de Vitoria, Montejurra, Praza de Touros de Badajoz, Malaga, etc. etc. etc., como non se vai perdoar un que só se leva diñeiro.
Fixo da irresponsabilidade dos politicos reaccionarios (sexa do partido que sexan, reaccionario é Paco Vazquez, Pepiño Blanco, Bugallo, ou Llamazares cando culpa de todo a Batasuna, ou Quitana cando privatiza esgallo) a norma.
Se non se castigaron os crimes de lesa humanidade, quen vai ser quen de castigar o simple roubo, por moitos millons que foran.
Este é o drama. Mentras non fiquen na prisión os responsabéis, "aqui paz, y allá gloria", como din o refran castelán.
O que hai que ter é "moita cara" e tirar a casa, dos demais, pola fiestra.