Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irimia

Xestionado pola Asociación Irimia
RSS de Irimia
utopía

Carta de despedida de Alexandre Bóveda

Nestes tempos de beatificacións traemos aquí a carta de despedida de Alexandre Bóveda, momentos antes do seu fusilamento, ao seu irmán Vitín. Figuras como Bóveda son mostra de que as recentes beatificacións teñen pouco de inocentes e neutrais. Persoa entrañable, de recoñecida bondade e profundamente católico. O texto é boa mostra. Pero tamén era republicano, nacionalista e impulsor do Estatuto. Velaí a cuestión.

Redacción - 17:12 07/11/2007

Eu morro tranquilo; confio en que serei recibidio onde todos queremos xuntarnos e fagoo con ledicia e confiando en Deus iste sacrificio. Quixen facer ben, traballei por Pontevedra, por Galicia e pola República, e o trabucado xuízo dos homes (que eu perdoo) e todos debemos perdoar) condéname, Sé, agora, máis home que endexamais por que é cando máis o precisas; polos nosos vellos e polos nenos, de quen, sen que puideramos esperalo, vas ser un pouco pai. Confórtaos a todos e procura ser sempre bon. Non te arrepintas de canto ben teñas feito e poidas aínda facer. Vitinciño: aos papás, a Vera, a Carlos, a César, a todos, as miñas apertas. Pra ti, irmanciño bon, a máis grande que podas recibir de Alexandre PS. Reza por min, que eu lembrareivos sempre e (se podo como espero) intercederei por vós. Ás 5 e ¼.


4,9/5 (31 votos)