Unha revista especializada explícalles aos lectores interesados en adquirir propiedades na "provincia celta de España" as vantaxes do proxecto de Medio Rural.
O Banco de Terras bota a andar e os ingleses, amigos de disfrutar das súas xubilacións en latitudes máis meridionais ca illa da Gran Bretaña, xa andan a 'bruxulear' en que consiste o bloody Bantegal.
A revista Home Worldwide, especializada no sector inmobiliario e de viaxes, da editorial con sede en Bath (Inglaterra) Merricks, analiza esta semana para os seus lectores as principais características do novo plan da Consellaría de Medio Rural.
"A provincia celta de España, Galiza, é un dos principais territorios en produción leiteira grazas a súa abundancia en pastos. Porén, moitas explotacións non poden medrar debido a escaseza de terras á venda ou en alugueiro", afirman na publicación.
"Achegamento á comunidade"
"Agora, o goberno rexional de Galiza pon en marcha un 'banco de terras', que lles permitirá aos labregos o alugueiro de leiras, coa garantía do goberno de que serán devoltas aos seus propietarios en perfectas condicións".
Ademais, salienta "a moderna tecnoloxía" empregada no desenvolvemento do plan, cunha web -"só en Gallego language polo de agora"-, que posibilita buscar os predios máis convintes introducindo diferentes criterios.
A revista aconsella aos seus lectores que vaian adquirir unha propiedade na zona rural do noso país que se posúen un anaco de terra que non vaian labrar o poñan no Bantegal, "para que un labrego local se poida beneficiar", e ademais facilite o "achegamento á comunidade" do foráneo. Ou ben , aproveitar o baixo custe de alugar terras que, segundo din, "permitirá facer asumíbel o teu soño".
Xa vedes, o de sempre. Valorannos máis desde fora que nos mesmos, e ainda non aprendemos...;-)
Valorarán primeiro as, como din, oportunytties ou como o escriban, así que non vaia ser que no merquen como fixeron no sul e en Girona ou Balears!
Digo eu, cada cousa terá o seu equilíbrio. Há que buscá-lo que se não vendem-nos a terra e a nós dentro dela...
Oi, e a que virá essa teima, TEIMA, castrapeira de inventar palavras "novas" como essa do "alugueiro" por ALUGUER de toda a vida???? Que raio de "xente", foder...
Opportunities :-)
Home tampouco estaba de todo mal que nos metesen unhas cantas divisas no PIB!!! Mentras veña xente calmadiña, e con certo gusto estético (vale, son británicos é difícil)eu gostaría de ver 1000 ou máis xubilados de fóra vivindo na Galiza