Para o executivo de Asturias non só deixa de ser prioridade, senón que se recomenda non facer a obra.
"As autovías cohesionan e vertebran o territorio, alén de mellorar as comunicacións, pero a alta velocidade só fractura", explicaba esta semana Ana Rosa Migoya, conselleira de Administracións Públicas do goberno asturiano. A voceira do executivo opinou que o AVE cantábrico tería apenas dúas paradas no Principado e dubidou da súa interese económica. Migoya tamén se referiu á posíbel "ferida brutal" á costa de Asturias dunha liña que "ocuparía unha franxa de cen metros aló por onde pasa", feito que na súa opinión lle afectaría negativamente ao desenvolvemento turístico.
As explicacións oficiais desde o goberno asturiano chegan despois que desde a Federación Socialista Asturiana, FSA, anunciasen que non defenderán esa petición de infraestrutura fronte ao goberno español. "Optamos pola vertebración da rede de estradas, con actuacións como a vía Ponferrada-La Espina, a Autovía do Cantábrico e potenciar outros eixos de comunicacións como a alta velocidade con Madrid", afirman desde a FSA. Segundo o secretario de organización dos socialistas asturianos, Jesús Gutiérrez, no canto da alta velocidade defenderán "que se modernice a actual liña do FEVE".
Desde a Xunta, o presidente Emilio Pérez Touriño evitaba este xoves polemizar sobre o asunto, e recoñecía simplemente a constatación de que o proxecto "dificilmente sairá adiante" unha vez que a FSA, no goberno de Asturias na actualidade, subliña que non apoiará a súa construción. Pola contra, na veciña Cantabria, o pé socialista do goberno de coalición si apoia unha conexión de alta velocidade con Euskadi que á vez abra de xeito directo ao resto da Unión Europea a Cantabria.
O PP asturiano cualifica o paso coma "o colmo do disparate"
"Pretenden que os asturianos perdan o tren das oportunidades", queixábase este xoves o presidente do PP de Asturias, Ovidio Sánchez. Na súa opinión sería "un disparate" renunciar a esta infraestrutura. Sánchez destacou que o proxecto foi proposto polo goberno español cando o PP estaba no poder e considerou que o PSOE asturiano "fai o traballo sucio para que Zapatero non teña ningún compromiso novo nin investimento nesta rexión".
os da mariña lucense téñennos que poñer un monumento na praza do obradoiro. Non fan máis que mexar por nos e non protestamos nin papa. Increible que despois da vergoña que he a autovía do cantábrico que non vai polo cantábrico senon pola terra cha agora tamen nos deixaran con un tren de fai 70 anos. Non queremos AVE!! queremos cercanias para non ter que movelo coche por ese matadoiro que é a 640 e 642!!! sinvergoñas!!!
Os sociolistos asturianos saben máis que ninguén, non temerán unha penetración cultural galega polo oeste? Son patéticos. Cantabria si, Euskadi si e Galiza polo sur si. A Mariña que lle dean e mentres sufrir unhas obras da Autovía do Cantábrico interminábeis.
Grazas Ana Rosa Migoya e Jesús Gutiérrez (dous mediocres metidos a políticos), ademais de teren mal carácter fan de parapeto da españolísima FSA-PSOE. E Torito a velas vir? E o BNG que opina?
El atraso historico de lugo,me parece patetico que ahora se culpe a Asturies,cuando galicia siempre le dio la espalda a esa provincia gallega,la mas atrasada en infraestructuras,economicamente y culturalmente;y eso lo saben bien los habitantes de lugo...En cuanto a los gobernantes de asturies,estamos de acuerdo,son lo mas patetico y españolista que se puede tener como gobernantes...
O TAV só serviría na Mariña para chegardes máis pronto (a alta velocidade) á EMIGRACIÓN! Qué vos ía aportar nas vosas comunicacións diarias? (Por certo, en Euskal Herria están moito contra o TAV, pesie o goberno anatómico)
Ben. Outro asunto son as COMUNICACIÓNS que na Mariña son urxentes, mais non valen por calquera lado. Non se pode destrozar a costa e as zonas de maior habitación, como fixeron no Sul ca Autopista do Atlántico!
A riqueza non se pode estragar. Duas vías ou tres de aproximación en 5/10 minutos ata a rama principal dan cobertura de calidade e non destrozan o millor.
Como se ve que non coñeces A Mariña. As comunicacións son xa urxentes e non teñen nada que ver coa emigración/inmigración.
Sobre o do mineiro, e que fai a Gran Asturias sobre o atraso económico tan bestial do Eo-Navia con respecto a Oviedo? A iso como se chama? Porque Ribadeo dálle mil voltas e A Mariña a calquera vila eonaviega en TODO.
estas por el desarrollismo salvaje? pues yo no!!!! porque lo que estan haciendo en ribadeo es una salvajada contra el desarrollo sostenible,y es un ataque a la normal situacion de los vecinos,pregunta a los habitantes de ribadeo a ver si estan contentos con lo que hacen en su villa....