Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Chámase 'Destino Galicia'

O ex celtista Míchel Salgado presenta o seu canal de TV dixital sobre o país

O canal temático funciona dende esta sexta feira e poderase ver nas principais plataformas televisivas do Estado.

Redacción - 17:45 09/11/2007
O futbolista, coa camisola do seu novo canal

O futbolista, coa camisola do seu novo canal

Destino Galicia é o nome que o xogador de fútbol escolleu para o seu propio canal, que comeza a emitir na sexta feira nos paquetes básicos das principias plataformas dixitais do Estado. É un canal temático sobre Galiza que vai abranguer, segundo os seus creadores, as diferentes identidades do país: dende o mundo da pesca, ao da gastronomía, pasando polo deporte.

A canle poderase ver en toda a Península Ibérica, Baleares, Canarias, Azores, Madeira, a meirande parte dos países europeos, no norte de África e nalgunhas zonas de Oriente Medio.

Cun investimento de preto de catro millóns de euros e un cadro de profesionais dunhas 20 persoas (entre operadores de cámara, redactores, guionistas, produtores e editores), Míchel Salgado entra no mundo dos medios, aínda que xa se embarcara no mundo empresarial hai tempo.

Vida e obra de Míchel Salgado
Ademais de xogar ao fútbol, Salgado fixo os seus investimentos, sobre todo na súa cidade, principalmente no terreo inmobiliario. Os seus cartos mesturáronse cos de Karpin na remodelación do Barrio do Cura, en Vigo. Tamén ten propiedades no polígono industrial do Porriño.

Investiu nun proxecto inmobiliario que comezou na rúa viguesa de López de Neira, con distintos locais comerciais que mercou alí e en varios barrios, entre os que se atopa un baixo que agora aluga á firma Adolfo Domínguez na zona de Príncipe.

Outra fronte aberta polo peto de Salgado son os investimentos no mundo da hípica. De feito, mercou unha egua que lle está proporcionando considerábeis ingresos tras gañar algunhas carreiras.

A pesar dos negocios nos que anda, o xogador do Real Madrid non quere deixar a súa actividade no deporte profesional, aínda que, como algúns predios e construcións, non dura toda a vida.


3,25/5 (8 votos)


Comentarios (13)

dumiense #1 9/Novembro/2007 dumiense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

xa veremos de que carallo fala este paspán

Cesare #2 9/Novembro/2007 Cesare
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O ex-celtista... anda que tamén... :)

Cesare #3 9/Novembro/2007 Cesare
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#1 ai, dumiense, que cansino es...

ecoe #4 9/Novembro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Millor sería dicirlle o xenro do expresidente madridista aquel, ou?! (os cartos han ser compartidos, pois)

semprecelta #5 9/Novembro/2007 semprecelta
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#2

E logo, non o é?

lavesedo #6 9/Novembro/2007 lavesedo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

en q idioma vai emitir a canle do ex-celtista??

Sara_Mago #7 9/Novembro/2007 Sara_Mago
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#6 em ex-celtico espanhol

Oleiros_GZ #8 9/Novembro/2007 Oleiros_GZ
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

que convide aos seus amigos os ultra sur a unha mariscada ¬¬

Colazo #9 9/Novembro/2007 Colazo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

botádelle unha ollada aos programas na web http://www.destinogalicia.tv
senón fora porque está todo en castelán parecería unha canle pública, para galegos de dentro e diáspora e para vender Galiza no mundo. Para isto último, o castelán non chega, en Europa só se fala no Estado Español e en nº de falantes non só lle gaña o inglés, o alemán, o francés e o italiano, línguas que se falan en varios estados europeos.

Esa porgramación ten que tirar de subvencións á forza, ou vai facer publicidade institucional de balde?, sería toda unha novidade de moito agradecer.
E outra cousa, de onde vai sacar tanto documental e reportaxe?

lute #10 11/Novembro/2007 lute
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Grazas Colazo polo link,

aos que se dem umha volta por él verám cousas como "la nueva lareira: cocina regional"; ou umha entrevista ao Sr Salgado no que di, entre outras perlas: "también es un canal para los gallegos por que conectará con su forma de pensar y hablaremos de nuestro pasado, nuestro presente y nuestro futuro".

O nosso idioma parece que nem existe. Lute

BonKarallan #11 11/Novembro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"Destino Galicia: Es el canal digital cien por cien gallego"

????????????????????????????

e cero por cento en castelán?

Será de Galicia Bilingüe?

guillerme #12 12/Novembro/2007 guillerme
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Moito criticar a Michel Salgado, pero é o único deportista de élite galego que defende Galiza (aínda que non todo o que debería).

Prefiro a un Michel facendo iso e sacando a bandeira galega cando O RM gaña a liga que un Pereiro coa bandeira española no Tour.

Ghaviotero #13 30/Novembro/2007 Ghaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Si, eu tamén, son desas persoas pragmáticas que, de ter que comer unha merda prefirena dun paxaro que a dun elefate.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: