Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Evita defender o ex conselleiro Pérez Varela

Feijoo pregunta "por que se ocultou" até agora a destrución de documentación

O actual presidente distanciouse novamente do ex compañeiro no goberno Fraga, e criticou a Cultura por non informar antes desa presunta destrución de documentos.

Redacción - 10:30 11/11/2007

Referíase o presidente do PpdeG á suposta compra de trituradoras de papel que, segundo o executivo actual, se realizou no treito final de Xesús Pérez Varela á fronte da Consellaría de Cultura, co presunto obxectivo de destruír grandes cantidades de documentación.

Alberte Núñez Feijoo falou dunha "dobre irresponsabilidade" da Xunta. En primeiro lugar por "ocultar" esa destrución de documentos durante dous anos e medio, cando na súa opinión o que tería que facer, se iso sucedeu, é "dalo a coñecer ás autoridades xudiciais, aos medios públicos e á sociedade galega". Por outro lado, criticou que a Xunta evite responder polo miúdo a cuestións como "o que vai custar a Cidade da Cultura".


0/5 (0 votos)


Comentarios (1)

Alberto #1 11/Novembro/2007 Alberto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¡non hai como ter unha boa jeta! ¡este "Alberte" vai chegar moi lonxe!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete