Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Comeza un foro sobre a Internet en Brasil

O debate sobre a promoción das linguas minoritarias na rede chega á ONU

Este é un dos puntos chave no debate do segundo Internet Governance Forum, que comeza esta segunda feira en Rio de Janeiro.

Redacción - 12:45 12/11/2007

Xa o ano pasado se tiña debatido neste mesmo foro (celebrado, naquela altura, en Atenas), sobre o predominio do inglés na rede, en detrimento doutras moitas linguas. Por isto o tema central deste ano é a promoción das linguas minoritarias, sobre todo as que non empeñan o alfabeto latino.

Promoción dos contidos locais
A promoción dos contidos locais é outros dos temas que se abordará neste foro; mais tamén se vai debater sobre diversidade cultural, a fractura dixital, e a seguridade e a loita contra os delitos na rede. Tamén se falará de aspectos máis técnicos, como a infraestrutura da rede e a xestión dos enderezos IP, ou os estándares que se usan na rede.

Agárdase que participen unhas dúas mil persoas de cen países distintos, representando tanto á administración como á sociedade civil, ás empresas e ás comunidades dixitais.

Esta é a segunda reunión deste foro, e xa se prevén, polo menos, dúas xuntanzas máis, a celebrar na India en 2008 e en Exipto no 2009.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Unha imaxe do foro do ano pasado, onde os activistas de Amnistía Internacional promocionaban unha nova páxina sobre os dereitos humanos na rede
Unha imaxe do foro do ano pasado, onde os activistas de Amnistía Internacional promocionaban unha nova páxina sobre os dereitos humanos na rede



Locais:
GZ-Sete