Nunha entrevista en 'TVE' di que é inevitábel reclamar "que se manteñan as formas", mais que a maior falta de respecto é "entremeterse nos asuntos internos dun país soberano".
O vicepresidente do Goberno, Anxo Quintana, sinalou este luns ao respecto do incidente entre o presidente venezolano Hugo Chávez, o español José Luis Rodríguez Zapatero e o xefe do Estado, Juan Carlos de Borbón, que "é inevitábel reclamar que, en calquera reunión de carácter internacional, estatal ou nacional, se manteñan o decoro e as formas".
Quintana, no transcurso dunha entrevista no programa Los Desayunos de TVE, matizou no entanto que "a maior falta de decoro e de respecto que pode cometer un responsábel político é entremeterse nos asuntos internos dun país soberano, e sobre todo, por parte dun gobernante como foi Aznar na súa etapa, amparando un intento de golpe de Estado en Venezuela".
Sinalou ademais que considera necesario un cambio de rumbo nas relacións que se manteñen con Latinoamérica: "Dáme a impresión de que seguimos co convencemento de que nos deben obediencia de por vida. Temos que facer un común esforzo de comprensión e de igualdade".
O vicepresidente recalcou que consideraba lóxico que "nese ámbito e nesa forma de proceder", houbese tamén unha interrupción por parte do xefe do Estado Español, "arrogándose un papel de moderador que debería ter feito a presidenta que naquel momento estaba moderando a reunión".
Diferenza de criterio no BNG
Porén, dentro da formación nacionalista, Movemento pola Base expuxo un criterio diferente nalgúns aspectos ao expresado por Quintana. "Defendemos o dereito á liberdade de expresión do presidente Chavez á hora de facer valoracións políticas sobre un personaxe como José María Aznar", ao que cualifican de "criminal de guerra" pola guerra de Iraq, e ao que acusan de "apoiar e colaborar co golpe de Estado contra o goberno lexítimo de Venezuela".
Cualifican ademais a intervención do monarca español de "maleducada, máis propia de quen viaxa a América con mentalidade colonial". "Por todo isto, pensamos que a maioría da militancia e base social do BNG non se ve representada polas palabras do portavoz nacional, Anxo Quintana, cando expresa a súa comprensión á inxustificábel actitude dun monarca que, como demostran as actuacións xudiciais dos últimos meses, non convive demasiado ben coa liberdade de expresión", afirman nun comunicado.
Outros temas da entrevista a Quintana
O vicepresidente asegurou que, cando se reclama que sexa Galiza a que teña a competencia en Salvamento Marítimo "parece que a competencia en vez de darlla a Galiza, se lle dá a alguén que está fóra do Estado, mais nós tamén somos o Estado, que non se preocupen".
Ademais, explicou que, cando se pide a transferencia dunha competencia como Salvamento Marítimo, estase a apostar por pasar dunha visión antiga do Estado, "totalmente centralizado", a un Estado que funcione "coordinadamente en rede".
Lingua galega
Preguntado sobre algunhas afirmacións que falan de que en Galiza se persegue ao castelán, Quintana afirmou que, no país, "a día de hoxe, é totalmente imposíbel que un neno non o aprenda".
Neste senso puxo como exemplo aos seus dous fillos: "Na miña casa fálaselles unicamente en galego; van a unha galescola en que se lles fala unicamente en galego; os seus avós fálanlles en galego; mais eles falan en castelán. Por que? Porque a vida, a rúa e a televisión son en castelán."
Ese El-Rei soa ao de Marrocos.
Supoño que a Chávez, os galegos tampouco lle caemos simpáticos, por moi independentistas que queiramos ser.
Dirá que lle destruímos Venezuela e fritiranos a impostos. Dirá que Franco era galego, o cal é mentira. Franco era militar e iso non pertence a ningún sitio en particular.
Eu coido que toda esta leria soluciónase se enviamos a Venezuela a Aznar, o cal adoita insultar ao goberno Español cada vez que viaxa a ver ao seu amigo Bush, e que se biquen os dous ou que se esnafren.
O BNG já tem um sector sionista. Agora cumpre-lhe um outro monárquico-imperialista, e assim temos um amplo leque plural completinho.
Creo que Anxo Quintana ten que ser educado e diplomático, como debe corresponder ao cargo que ocupa, ainda que pense como os seus militantes e os militantes do Bloque non teñen porque dicir o mesmo, e poden e deben manifestarse de forma máis radical.
Imaxinádevos que nun cume Europeo Zapatero sóltalle ao presidente italiano que é un colonialista que nos invadiu España coas lexións romanas e Berlusconi é un fascista.
Sim, compreendo. Mas há ou nao há monárquicos no BNG? Acho que Quin dá o tipo. É tao doce e complacente com o rei.
Non pode haber monárquicos porque o Rei García xa fai tempo que se foi de Galiza.
E os Reyes de fóra non nos interesan, sempre que sexan de fora e non den a vara.
Digo-o porque penso que há ou pode haver um sector amplo da sociedade politicamente próximo ao Bloque que estaria de acordo com a monarquia encarnada por o rei. De facto há sectores que estão com o sionismo, como pudemos ver não há muito. Também lembro que os aliados estatais do BNG são o PNV e Convergência, que são partidos essencialmente “accidentalistas” ou que compreensivelmente têm uma muito boa relação com a monarquia como valedora de interesses económicos salientes e legítimos de suas comunidades nos países de América, onde o Rei é admirado pelas elites e uma parte importante da povoação, sobre todo as influentes classes medias. Desde o ponto de vista eleitoral, não seria conveniente que uma parte do frente nacionalista se declarará no mínimo simpatizante da monarquia como forma de governo? Obrigado.
Ai, Quintaniña, cada vez que falas metes a zoca, para ti e os teus ficade co El-Rei español maleducado. Menos mal que aínda nos queda o Movemento pola Base que está á altura das circunstancias.
Se mal não me lembro, os professores Vildawsky, Eckstein e mesmo Inglehart, insistem na conformação confederada do estado sob uma autoridade superior, que no caso do Império Austro-Húngaro foi um sólio imperial. Esta configuração teve a virtude de ser muito respeitadora com as particularidades nacionais dos distintos países que a configuravam, muito mais que as repúblicas de tipo jacobino. Além disso Almond e Verba também falam do desenvolvimento económico que fomentam as grandes estruturas político-económicas. Não seria descartável uma commonwealth hispano-americana democrática como a que durante anos deu gloria ao império inglês. Falar de império tem má imprensa, mas eu estou a falar duma sorte de “Quinto Império”, daquele do que falavam os nossos irmãos lusitanos, ou, se se quer de uma comunidade global fraternal.
temos que ser comprensivos. el-rei estaba bébado. quen seria o impertinente que lhe mandou sentar nunha reunión na que non podia falar, despois de comer, escoitando verdades e sen oso que cazar?
quin... canquenocú!
Polo menos de cando en vez saen estes do Movemento pola Base dicindo o que pensamos (e o que calamos) os do Bloque, e así vaise levando mellor a vergoña allea que sentimos con algunhas declaracións do portavoz do BNG.
Lembras Quin cando berrabamos na Quintana os Días da Patria aquilo de "Fora Borbóns, da nosa Nación"? Se foi onte coma quen di. Pois o de "Borbóns" era por El-Rei, que parece que non te coscas.
Até o próprio Anasagasti, do PNB e portanto de direita, ultrapassou Quintana pola esquerda. A submissom à monarquia espanhola é de vergonha. Aspirará Quintana a ser convidado ao próximo beija-mão no palácio real que todos pagamos?
Que vaia para casa Quintana; o único que fai é dano ao independentismo e ao nacionalismo serio. É un paiaso, se quere falar da monarquía que deixe o partido maioritario ancionalista galego e se vaia a ´´donde estas corazón``.
Un vicepresidente de Galiza non ten nada que falar sobre este tema publicamente, e de facelo, non debe apoiar ao inimigo.
Ai, qué graciosa é esta esquerda galega de Nazón sen estatuto. Esta esquerda galega que, como non é normal e quere "normalizarse", non sabe, aínda, se é republicana, se é acidentalista (ou sexa, tanto lle ten o réximen político mentres o País (pronuncien como se tiveran un canapé de Nazón na boca) disfrute de autonomía, se é monárquica, se quere ser como o PNV (ánimo, Dios, Patria y ¡Leyes Viejas!... ¡Viejas!), se como Maragall antes de estar atacado polo Alheimer... En fin. O que se amosa aquí é que a esquerda nacional, patriótica e popular de Nazón sen Estatuto, en cando ve un uniforme militar, a un bocazas (como mínimo, Chavez ten a boca grande), a un corrupto (a ver, cariños, non me negaredes iso) e a un antimperialista que é un dos principais subministradores de petroleo a Estados Unidos, o país gobernado por "Satán", todo xunto na mesma persoa, amén, acaba por caer rendida aos pes dun impresentable.
Non, se está claro que con esta esquerda paleta, pacata, sectaria e analfabeta o PSOE vai botar pero que moitos anos no poder.
Non vexo por ningures que Quintana se defina a si mesmo como monárquico.
Por sorte para o BNG, nem todo o mundo é um boubónico complacente ou amante das touradas como Quin.
Juan Carlos de Borbón, que pouco ten que facer, cando ó marxe de regatas, visitas guiadas, etc ten que amosar ou polo menos interpretar un rol mais ou menos serio, evidentemente falla.
Zapatero: Perfecto.
Quintana: Correcto.
Eu teño unha dúvida, quen dos que aquí escreben viu a entrevista en TVE. Eu infelizmente estou de baixa na miña casa estes días, e vina. Porque Vieiros fai un resumo moi resumido, e ademáis xa introduce na mesma notícia unha pinión do Movemento pola Base, que só comenta esta resposda de Quintana, e nada sobre as demáis preguntas. (sobre a "imposición" da lingua galega, o Prestige, as competencias, a existencias de dous gobernos paralelos...)
Pero a primeira pregunta da entrevistadora xa foi sobre o estes días famosísimo video de El-Rei en Chile.
Quintana estivo correcto, pero deixando claro que pior é o que fixo Aznar no seu día.
A entrevistadora tamén estivo á defensiva cando Quintana pediu as competencias sobre salvamentp marítimo, dicindo que o mar non remata en Galiza, e que tamén o Prestige afectou a Asturias, etc.
Quintana respondeu ben, pero incidindo no das fronteiras, tiña que haberlle comentado, que o mar tampouco remata en España, mesmo o chapapote nese caso chegou a Arcasson, Franza.
Segundo o razoamento da entrevistadora as competencias debería telas a Unión europea xa directamente...
A agora pregunto eu que houbera pasado se Quintana di na súa resposta que El-Rei dixo iso porque estaba bébedo (ainda que así fose, non hai probas), e é un maleducado.
Hai cousas que se poden dicir nun foro de internet, pero non por unha persao con responsabilidades.
Dedicado a Quintana e a toda esta descolorida tropa de eurocentristas aos que a árbore non lles deixa distinguir o bosque:
"El exabrupto" por Eduardo Pavlovsky, no xornal arxentino "Página 12". http://www.pagina12.com.ar
E qué ía pasar si alguén "relevante" di que debe respectarse o protocolo e o bo facer, e ninguén debe atribuirse funcións que non ten?.
Qué máis pasaría si afirma que ningún dos presentes ten prioridade ou autoridade sobre os restantes, calqueira qaue sexa a sua condición, salvo a moderadora nas suas funcións?
E qué podería pasar si, a mesma personalidade "relevante" mantén que, no bo entendimento xenérico e protocolario, non cabe que se nomee a un auspiciador do golpismo contra a constitución vixente, nun país representado polo seu máis alto nível de Estado, sin facelo por enturbiar a atmósfera de entendimento. Mesmo cando se critican as empresas predadoras made in "patriabarata" española?
E non se siga a dicir que Chavez é corrupto, porque non hai ningún dato aceptable -esto é, que non proveña da Contra, dos escuálidos-ó respeito. Ou vostede tenos? Propóñaos.
Mal Quin. Impresentables Quin,ZP e "Mitrofan".
E eu pregunto:
Que carallo me importa a min, como galego, o que diga o rei dun país veciño chamado Hespaña? Seica ao Quintana si que lle importa moito, senón a resposta á xornalista era ben rápida...
Seica, como xa alguén apontou antes, algúns xa non se lembran do que berraban hai uns anos, cando aínda non involucionaran de independentistas a nacionalistas...
Boa frase: "involucionar de independentistas a nacionalistas"... e a autonomistas, engado. Esta ben. Pero o tema é o monarca español, Chavez e máis nós. E o numerito montado entre todos na reunión de negocios de Chile.
Concordo plenamente co presidente de Nicaragua: Fenosa, que, cada día é menos nosa, fixo auténticas canalladas non só en Nicaragua senón tamén noutros países iberoamericamos. Fenosa é, sí, unha auténtica mafia sacacartos dos países en vías de desenvolvemento, e Chavez, pese a ser tan antipático e tan autoritario, ten toda a razón do mundo en denunciar a Asnar por complicidade no golpe de estado. Iso é así. Outro tema é que Chavez sexa un incontinente verbal e un tipo que non sabe falar en asamblea, él prefire os programas laudatorios e monologales da radio estatal que controla.
Sí, vale, para razón tiña para poñer verde ao ex presidente Asnar.
Quintana está demasiado pragmático, non sei se por cousa das elecións, ou porque é así de fábrica. Pero como non acade un bo resultado en marzo con esta actitude connivente, vaise ter que enfrontar a algún pequeno movemento dentro do seu partido.
Se bebes, non conduzcas!
Se bebes, non vaias á non vaias á Cumbre Iberoamericana! (Vai dormir a mona).
ZP, chapó!.
Quintana, dimisión!
no puedo llevar mucho la contra a quintana, por que es cierto que ignoro las reglas de este tipo de cumbres y no sé si se beneficia el diálogo en ellas o se opta por la fórmula 59 segundos, donde cada uno dice lo que le parece mientras no le esconden el micrófono. si hay un tiempo para cada uno, pues adiós al diálogo, dígalo cuando sea y punto. pero a zapatero le concedieron la venia de la réplica, y fue al calor de esa réplica del leonés cuando el presidente de venezuela, sin señal de audio en la amplificación, solicitó un respeto semejante al que demandaba zapatero al líder venezolano.
el discurso inicial del presidente del gobierno de españa había resultado soso y paternalista, sin matices y sin aportar ninguna solución estructural, tal y como demandaban varios de los presentes. su ejecución fue más bien rapsódica ( como siempre que hablan los políticos más recurrentes ), más de compromiso que de necesidad. luego, en plan ahí te dejo un guiño, se permitió incluso una chanza donde mencionó el papel histórico de europa como cuna de la revolución francesa y de karl marx ( coño, la rusa tiene 200 años menos y ni dudar de su estatura y de su repercusión en el mundo actual , a pesar de los majaderos ). fuera de eso, su tiempo se consumió en su táctica habitual: alargar las palabras y las frases, crear una absurda atmósfera antes de repetir lo dicho con anterioridad en distinto orden o con sinónimos, gesticular en señal de concentración y orden con las dos manos... ignoro como los presentes soportaron el envite, aunque las actuaciones de algunos compañeros de mesa, como uribe, no fueron mucho más halagüeñas.
pero esta vez la cháchara vacua encontró enfrente a un continente que no cree ya en milongas y a unos políticos que no acepten cheques en blanco para hipotecar más sus naciones ( a pesar de los intentos de nuestro muy "admirado" aznar ). ahora sí es cierto aquello que cantaba carlos puebla: se acabó la diversión. los pobres se han hartado de pagar y se han vuelto cobradores; los mestizos, los zambos, los mulatos se han vuelto orgullosos de su color, de sus ídolos, de su tierra. ya no miran a chicago ni a madrid. mientras el borbón de turno se levanta tarumba por la diatriba que axacerba su acidez, mientras moratinos sabe que no hay otro discurso más que el que está oyendo de ortega, de chávez, de lage, de morales, de correa ( pero también de kichner, de lula o de tabaré, quizas estos en menor medida, pero no por ello sumisos ), quizás a todos nos convendría pensar que el mundo se mueve a pesar de que a muchos les gustaría que se sumiese en la quietud histórica del amo y del esclavo. pero se mueve.
ah, esto vai en castelán non por que eu sexa da asociación esa bífida, se non por que xa o tiña para outro medio nese idioma.
" a un corrupto (a ver, cariños, non me negaredes iso)"
corrupto ou corruptor?
hum, xabi1, a ver si che van mandar ós mesmos que foron visitala casa da barbara rei.
PARA PIORNO.
E agora esyou a ver as intervencións na Comisión de Asuntos Exteriores no senado.
Anasagasti acaba de facer unha loa ao que dixo El-Rei (dixo textualmente: Más vale un coño a tiempo que un avemaría mal rezada), e atacou duramente a Chavez e ao seu sistema.
Moito mellor o representante da Entessa de Progrés catalana, indicando que un xefe de estado ten que escoitar e non intervir nin mandar calar.
Moratinos prendeu a pólvora. Deulle a información a Chávez. Este a solta, e o rei de copas, pois máis dunha seguro que tiña, tolea, sinala co dedo, que é de moi mala educación, parece mentira, unha persoa con educación "real", larga o ¿Por qué no te callas? e vaise logo facendo eses.
Moratinos estaría pensando: "¡Tierra, trágame!"
E O zapatero do Rei, se fose consecuente debíao cesar. Pero O
zapatero, tiña e ten un problema. Por unha banda dar a razón a Moratinos, ou sexa a Chávez, e por outra agradar ao Rei, ou sexa a Aznar, e elixiu a "ferrada": apoiouse na varanda e case se cae. Postura moi diplomática, moi real, moi "tolerante", pero moi traizoeira, co seu partido, co seu ministro e cos seus votantes.
E Moratinos estaría dicindo: "¡Serás cabrón, traidor!"
Se Chávez ten razón, é todos sabemos que a ten, Aznar debe ser xulgado e condenado a bastante máis dos 3.000 euros de multa, que lle puseron a cada debuxante por pintar ao futuro??? "mona...do arca" no "Jueves".
Aznar puxo en perigo a paz nesta península e no mundo varias veces: Iraq, Venezuela, Afganistán...
E o Rei, castigado a non saír do país a deixar en ridículo a os que non o votamos, e tampouco o botamos... aínda.
¡Quin, esos fillos, teus, necesitan mellor educación e man dura, e ver menos as entrevistas a Gloria Lago!
"Na miña casa fálaselles unicamente en galego; van a unha galescola en que se lles fala unicamente en galego; os seus avós fálanlles en galego; mais eles falan en castelán. Por que? Porque a vida, a rúa e a televisión son en castelán."
Manda webos!!! Será a vida que ti lles das...
Agora resulta que Izquierda Unida ten probas da participación do Goberno Español nos sucesos do 11 de abril de 2.002.
Iso dá risa e á vez tristeza. Ver como a lingua de Gaspar Llamazares é tan longa e a súa intelixencia tan curta. Sera que este infeliz político non sabe o que significa “cousa xulgada” É bo que saiba que en sentenza firme da SALA PLENA DO TRIBUNAL SUPREMO DE XUSTIZA DE VENEZUELA indico: Que nos feitos ocorridos o 11, 12 e 13 de abril de 2.002 non houbo un golpe de estado senón un baleiro de poder.Sabe porque? Simplemente, por que o Xefe do Estado Maior Conxunto de Venezuela General Lucas Rincon díxolle aos Venezolanos e ao mundo enteiro que ao presidente (é dicir Hugo Chávez Frías) Solicitáronlle a renuncia. A CAL ACEPTO (SE NON ENTENDEN REPÍTOO) A CAL ACEPTO.
Este xeneral non foi detido por dicir isto. Pola contra foi ratificado no seu cargo, posteriormente é nomeado como ministro e por ultimo EMBAIXADOR DE VENEZUELA EN PORTUGAL. (Por se alguén ten dúbida pregúntelle).
O que dá moita máis tristeza, é ver como Gaspar Llamazares sinala que España non condeno o golpe. Cal golpe? E supondo que os embaixadores de USA e ESPAÑA tomásense a foto de familia co impresentable de Estanga. Onde deixan ao Embaixador de Cuba Sánchez Otero que recoñeceu a maxestade presidencial de Carmona? Non en e unha foto fixa se non nun vídeo desde a embaixada de Cuba en Caracas?
Do mesmo xeito que nos artigos publicados en GZ-EXTERIO dedicado a Venezuela onde o responsable da mesma non é máis que unha caixa de resonancia do goberno venezolano e traizoa coa súa desinformación á comunidade galega en Venezuela que xunto a millóns de Venezolanos di soberanamente ¿POR QUE NO TE CALLAS? cando é obrigada a escoitar unha das maratonianas e escatológicas cadeas presidenciais de Chaves.
Quintana não é diplomático. É uma putinha servil. Desde quando tem que justificar a esse indivíduo, posto a dedo por Franco e que jurou "servir y ser fiel a los principios del Movimiento", ainda que ao único que é fiel é ao bom vinho.
Qualquer galego coerente deveria de não reconhecê-lo e atacar a sua figura, por todo quanto simboliza, em geral, e para a Galiza (lembras Quintana, o pais que te elegeu) em particular.
Qualquer demócrata coerente deveria de defender que se alguém pode não manter as formas é o presidente eleito, não o papanatas que leva com ele a lamber o vinho que fica nos copos dos outros convidados.
BNG monárquico?
BNG defendendo a facha fronte a um dirigente de esquerdas?
BNG defendendo a ridícula diplomacia espanhola?
Manda caralho!!!!!!!!
COUTOVEN tés un problema. Tenta de correxilo.
Para #29 nonsoneu:
Na intervençom anterior referia-me a declarações como estes.
http://www.youtube.com/watch?v...
http://www.youtube.com/watch?v...
Atreveria-se o monárquico Quintana a dizer qualquer cousa como as que manifesta o representante da direita basca?
E nom esqueçamos nunca que dos mais de 22 Chefes de Estado e de Governo na Cimeira Ibero-Americana, o único representante nom eleito democraticamente, mas designado por um ditador, era Juan Carlos de Bourbon. Que ainda se atreveu a mandar calar um representante democrático de um outro país.
Nom fazia o mesmo quando nessas cimeiras falavam os ditadores Pinochet, Stroessner, Videla, etc. Será que concordava com o que eles diziam.
Para o COUTOVEN-ezuela.
No eres ti soio, non, pero tés un problema. Tí e máis eu, e alguen máis sabemos o que pasou na Vzla o do 11 ao 13 de abril do 2002, e tamén antes, sabemos dos videos ocultos por Globovisión, que brincaron a luz vai ti saber como, si home os videos do Puente LLaguno que filmou Globovisión de frente á Avenida Baralt, nos os que se filmaron de lado dende a Avenida Urdaneta, verdade que os coñeces, logo porque fas o que fas, porque dis o que dis. Na Galiza hai coplas sobre a xustiza que pilla os peixes pequeníños e deixa fuxir aos grandes. Ti e mais eu sabemos que o 11 de abril huoubo un golpe de estado, digan o que digan certos tribunais.
E outra cousa meu paisano, XURXO MARTINEZ CRESPO É O INVESTIGADOR MÁIS IMPORTANTE QUE HAI E TEN HABIDO SOBRE A EMIGRACIÓN NA VENEZUELA, O SEU TRABALLO É DUNHA DIMENSIÓN ENORME E DUNHA IMPORTANCIA VITAL, É A MEMORIA HISTORICA DA EMIGRACIÓN EN VENEZUELA. Seguramente non o coñeces, seguramente non tes nin idea do tempo, esforzo, adicación a nosa emigración, a él debemos o rescate da memoría de nosa xente da emigración.
Un pouquiño de respeto, por favor.
Se ques coñecer máis sobre o traballo de Xurxo visita http://www.galizcig.com
Unha aperta, e a ver como arreglas ese problema.
#21 Uma linguagem viva, ainda instintiva, apenas nascida do fecundo ventre terra, emporcalhada pelo sangue e a merda, frente a uma outra linguagem docílima e manhosa como cavalo de circo, mais morta do que cataléptica, mais vampírica do que fossilizada. Obrigado pelo link.
#21 Grazas: "El exabrupto" por Eduardo Pavlovsky,
Hai compañeiro NELBRANDAM vouche a dicir un dito moi Venezolano “Estas mais perdido que Adán o día das nais”
Quen díxoche a ti que foi Glovovisión foi a que realizou as que tomas dos asasinos de ponte llaguno? Para que che informes foi Venevisión. E queres saber que un dos autores que aparecen o vídeo é o consejal Richard Peñalver (Con antecedentes criminais de asasinato e condenas firmes).
Pero che aclaro que, o vídeo do Xeneral Lucas Rincon e o da embaixada de Cuba non son os de ponte Llaguno. E esa é a desinformación da cal estas padecendo e a que os medios comprados co diñeiro de todos os venezolano non difunden pero que aparecen en You Tube (Podes velos e é posible que se che acláren as cousas).
Con respecto a XURXO MARTINEZ CRESPO dígoche o seguinte. Ti dis que é un investigador da emigración Venezolana. Por favor, le os seus últimos 20 artigos en GZ-EXTERIOR dedicados a Venezuela a ver se atopas algún que fale da emigración galega en Venezuela.
Sera que Naomi Campbell ou Sean Penn son de San Andres de Teixido onde se vai de morto cando non se foi de vivo.? Se es tan amigo Xurxo que che explique a incoherencia entre os que di en “Que *é Vieiros? “ Esta abaixo e á esquerda da pagina web. Sorprenderasche da inconsistencia dos seus principios.
Non se se antes, pero na actualidade a única investigación que realizou é a tradución ao galego nos titulares da axencia Bolivariana de noticias. E se é tan acertado e coñecedor da realidade Galega en Venezuela. Por que non admite comentarios?
Mira, unha gran maioría da poboación galega en Venezuela pertence á terceira idade. A pesar de axudar ao desenvolvemento deste país. Este goberno que se enche a boca falando de reivindicación social págalle pensións miserables e retírallas por calquera cousa, non lle garante as medicacións de enfermidades crónicas e deus libre ao infeliz que apareza na lista tascon xa que isto transfórmao nun paria digno de ser sometido a calquera vejamen ou malos tratos.
Chaves en 9 anos de goberno cos ingresos petroleiros máis grandes da historia do país. Con todo e iso, é tanta a incompetencia que o goberno non é capaz de garantir un Kgr. de leite en po para a poboación infantil. E non falemos da delincuencia que fai palidecer as cifras de mortos das guerras imperialistas de Estados Unidos.
Ao amigo OBSERVADOR aclárolle que non sufro de problemas odontolóxicos. E xa que espero que faga honra ou o seu nome de OBSERVADOR? Eu pregúntoche O teu sabes o que é a Lista Tascon e para que serve?.
Con respecto a cal golpe?. Se vostede non é un fanático ten que saber que unha SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO DE XUSTIZA EN SALA PLENA. NON ADMITE APELACIÓN. Pódenos parecer xusta ou non, pero é unha sentenza firme e só admite recurso en instancias internacionais. Por que o goberno Venezolano non acode a estas instancias? Mentres tanto e lamentando que a túa ignorancia en materia xurídica. O único evento xudicialmente tipificado como golpes de estado foron os intentos dos anos 90 das cales a do 4 de febreiro de 1992 foi unha das máis sanguentas e covarde. Liderada por Hugo Chávez e moi criticada polo goberno Español e o de Fidel Castro. Que che parece?
Pois seica non debo andar tan perdido, pois nin Adán nin a súa nai.
A ver home, outra vez, voucho explicar, o golpe montase apoiado nos videos filmados dende a Avenida Urdaneta, feitos por Venevisión que dirixe o golpe como eles mesmos confesaron en conversa de do Recao co Napoleón Bravo ao día seguinte do golpe, sentianse seguros e sobrados. Pero se lees ben estouche falando dos videos de Globovisión, non de Venevisión, os videos que Globovisión ocultou, e que posteriormente sairon á luz, e que Ravell tivo que admitir como propios. Son tan obvios para calquera que os vexa que sobran comentarios.
Vamos a outro tema, empezo por contache un detalle, fai uns meses os medios de comunicación publicos e privados do Estado español, publicitaron con bombos e platillos que trouxeran unha meniña de África para operala dos ollos. Aburrironnos con semellante demostración de solidaridade, de humanidade, que sei eu canto máis.
Pois ben, ti tes idea de cantas persoas foron operadas da vista pola MISION MILAGRO, e non soio da Venezuela, tamén de outros países latinoaméricanos.
Para non facelo largo non che vou falar das outras misións, ti mesmo podes percurar a información.
Para rematar obrigasme a retomar o tema do investigador XURXO MARTINEZ, máis ala dos dous libros publicados sobre a emigración, están os seus artigos, repitoche o enderezo, http://www.galizacig.com, e ainda nos publicou toda a información recopilada, pero sobresaen persoeiros coma Pepe Velo (presidente lo Lar Galego, e dirixente do DRIL), Xosé María Mosqueira Manso, primeiro presidente do Lar, Alberto Puente García, Alejandro Tejero Cuenca, secuestrado e torturado deica morte, desaparecido en 1967, Pura Vazquez,…
Solicitoche que antes de voltar a pronunciarte sobre unha persoa que non coñeces aproveites estes datos que che dou para que teñar oportunidade de informarte.
Tamén fas un comentario sobre as pensións en Venezuela, faigoche as seguintes aclaraorias: en Venezuela a pensión miníma, por decreto do presidente, é igual ao sueldo minímo, ¿en que país da Europa se da este tema? Certamente que a cuantía da pensión miníma e baixa, pero rinde maís unha pensión miníma en Vzla que no Estado español, porque no Estado español, ben saberas que hai pensións de 300 euros, ben sabes que hai 8 millós de persoas por baixo da liña da probeza, (20% da pobación) según datos do propio INE do Estado español. Así pois vexamos todo no seu contexto, o Estado español en Europa e Venezuela en Latinoamérica e veras.
Se ti coñeces Venezuela recordaras os vellos protestando diante do Congreso para que lles pagaran unha pensión que era miserable, e a Guardia Nacional reventandoos a paus, acordaste non? Pois hoxe, non teñen que agradar a fin de mes, o vinte de cada mes xa teñen a súa pensión que é igual ao sueldo minímo depositada na súa conta. Pregunta, informate, para que vexas. E vouche dar outro dato o sueldo minímo é o segundo en cuantía de Latinoamérica.
E home por favor, ti e máis eu e moitos máis sabemos que o que é legal non sempre é o correcto, senon recorda que o 30% dos condenados a morte en USA son inocentes según eles mesmos dín. Non me neges o golpe polo que dixo un tribunal, nas circunstancia e contexto que coñecemos.
Ala veña, que xa e moi tarde, non esquezas que o nacionalismo na Galiza e en Venezuela implica necesaria e imprescindiblemente ser antiimperialista, e está moi claro na Venezueala de que lado están os proimperialistas e os antiimperialistas.
Desprendete dos prexuizos, e pensa por ti. Votalle unha miradita á historia, foron os mesmos, en Chile, en Guatemala, en Irak e en Venezuela, e en tantos outros sitios como Cuba, Filipinas,… onte e hoxe seguen sendo os mesmos.
Deica outra.
Compañeiro NELBRANDAM reitéroche o devandito Venezolano “Estas mais perdido que Adán o día das nais” xa que tes un enredo maiúsculo. Algo así como confundir a ximnasia coa magnesia.
Os que falaron de golpe de estado o 11 de abril de 2.002 e elevaron a situación ante o tribunal supremos de xustiza de mans do Fiscal Xeral da República Isaías Rodríguez. Perderon o caso xa que non puideron xustificar a existencia dun golpe por unha simple razón. CHAVEZ RENUNCIO e iso non o digo eu, a oposición, a CIA, a KGV ou o G2. foron as declaracións de Xefe do Estado Maior Conxunto Lucas Rincon R. Estas declaracións non foron realizadas baixo disparos. Non compañeiro, foron nunha dependencia militar ante micrófonos e cámaras que viu todo o mundo. Se o xeneral dixo algo tan pero tan falso que o creu ata o Embaixador de Cuba Desmínteme? Porque non está preso. Non o meu irmán, Chávez ratifícoo no seu cargo, despois noméoo ministro e hoxe é o flamante embaixador de Venezuela en Portugal. Sabes porque? Eu non o sei, pero me supoño que Chávez e o seu sequito compraron o seu silencio posterior garantíndolle impunidade e a prebendas antes sinaladas.
Non se porque confundes o anterior co de ponte Llaguno. Este foi un enfrontamento onde participaron forzas policiais e uns “defensores de lle revolución debidamente armados e algúns con antecedentes criminais por asesinato”. É bo que saibas, que ata o día de hoxe non hai ninguén condenado por estes feitos. Do mesmo xeito que Chávez non pagou polos mortos do 4 de febreiro de 1992.
Polo tanto entenda que o vídeo de ponte Llaguno é unha cousa que xera responsabilidade penal e estase xulgando e ata que non exista sentenza firme condenatoria, simplemente todo o mundo é inocente. Pola contra, o proceso aos militares do 11 de abril baixo a figura de GOLPE DE ESTADO. Foi xulgado e a sentenza foi: O 11 de abril de 2.002 non ocorreu un golpe de estado xa que ao haber Chávez renunciado segundo as declaracións públicas e notorias do maior cargo militar da nación as cales determinaron un VACIO DE PODER. Iso é cousa xulgada e non se pode facer nada. Aínda que Gaspar Llamazares queira gañar simpatías de Chávez indicando de forma extemporánea que ten probas da participación do goberno español nun golpe que legalmente foi descartado.
Con respecto ao "MISION MILAGRO" e outras tantas che aclaro. Quen che fala é medico con case 20 anos de exercicio (non precisamente mercantilista) Eu vin os mortos dos intentos de golpe de estado dos 90 e atendín a moitas vítimas da delincuencia neste país. A diferenza de vostede que dá por feito que todas as propagandas que difunde o Chavismo son certas, aclároche. Sae moito máis económico para Venezuela dotar aos hospitais Venezolanos e operar aquí aos pacientes. Para que che decates, nunha cidade como Ourense que malamente ten a cuarta parte de habitantes que a cidade de Valencia (estado Carabobo) conta con sala de hemodináma, varios equipos de TAC e RMN, lencería para a cama dos pacientes, médicos de atención domiciliaria e ata parto con auxilio de epidural, mentres que en todo o estado Carabobo só hai un un equipo de RMN e TAC obsoletos, que malamente funcionan por falta de mantemento. E cando logran estar operativos só funcionan en horario de oficina.
En España as familias teñen os seus médicos de cabeceira e os pacientes poden retirar os medicamentos en farmacias. As veces que me tocou asistir ao Complexo Hospitalario Ourensan , hospital Mexoeiro en Vigo ou o Juan Canalejo na Coruña non vin aos familiares dos pacientes comprando medicamentos, inyectadoras, etc. Se non me crees dille algún amigo teu que viva en Venezuela ou a Xurxo Martinez Crespo se é falso algo do que che sinalo.
Moitas destas “MISIONES” son mais efectistas que efectivas.
Con respecto ás pensións e o salario mínimo. Perdóame, pero por Deus quen lea o escrito por vostede e viva en Venezuela pensase que es unha persoa cándida. E a túa candidez transfórmase en risa cruel para moitos anciáns. Falemos dos anciáns galegos que durante décadas contribuíron ao engrandecemento do país e pagaron de acordo ao seu soldo e cun bolívar que tiña un valor con respecto ao dólar de 4,30 Bs. /$. Ti sabes a cantos bolívares tense que pagar hoxe en día na rúa por un dólar (6.400,oo Bs.). Tristemente as pensións son insuficientes xa que o xusto é que polo menos desen cobertura á canastra básica alimentaria. E que estas persoas non tivesen que pagar polos medicamentos frecuentemente requiridos a estas idades (diabetes, hipertensión, osteoporoses, etc.). E aclároche unha cousa importante, se por algunha razón o xubilado non retira O seu DIÑEIRO por algunha razón retíranlle a pensión e pode pasar ata dous anos de trámites para restituírlle o dereito de dispor do seu diñeiro novamente. Iso si, senón morreuse antes.
E de folgas e represión non cambiaron para nada, son iguais ás da cuarta república.
Vostede fala que a pensión é igual ao salario mínimo coma se fose xusto. Pero non se preocupa en sacar a calculadora e ver o nivel de miseria do salarió mínimo nun país como Venezuela cos ingresos petroleiros máis grandes deste século. Chávez ten 9 anos de goberno e ao único que destinou os fastuosos ingresos por concepto de petróleo é a perpetuarse no poder, comprando conciencias e desinformando ao máis propio estilo fascista.
A que vostede non está decatado que os empregados públicos, mestres, enfermeiras, camilleros e médicos cobran soldos menores a 160 € a valor de mercado libre. E a que vostede non está decatado que o goberno négase sistematicamente a discutir os contratos colectivos alegando mecanismos legais ou intentando impor sindicatos oficialistas ao máis puro estilo do sindicato vertical franquista. Ojala estes funcionarios cobrasen 300? mensuais.
Para concluír falemos de Nacionalismo Galego. Respecto a túa opinión pero creo que ser nacionalista ou non. Non ten que ver nada con ser imperialista.
Eu síntome galego porque estou orgulloso da nosa cultura, o noso idioma e a dignidade de loita desta nación. Creo que a tolerancia é a base sobre a cal débese fundar este proxecto de país. Na miña opinión considero que amarrar a galeguidad a doutrinas políticas ou pensamentos imperialistas, fascistas ou de calquera doutrina de pensamento é un erro porque xera intolerancia e desunión.