Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Nova interface negra

Aforra enerxía con Google

O magnate da internet dá un paso máis a favor do medio ambiente e pon na rede Blackle, unha versión en negro do coñecido buscador.

Redacción - 09:00 19/11/2007

Blackle é a nova iniciativa que a empresa máis coñecida da Internet vén de poñer en marcha co fin de diminuír o consumo de enerxía. Esta nova páxina ten un fondo negro, o que supón un gasto moito menor que o tradicional en branco e, tendo en conta a grande cantidade de persoas que cada día usan o buscador, podería chegarse a obter un aforro de 750 megavatios/hora anualmente.

A cor e o tamaño das xanelas que se poden ver nas pantallas teñen unha influencia enorme no gasto de enerxía, e isto é así porque un computador require máis potencia para recoñecer un fondo branco (ou claro), que un negro (ou escuro). En xaneiro deste ano 2007, un blog propuxo a teoría de que unha versión en negro de Google conseguiría, pouco a pouco, acadar un grande aforro enerxético e así o levaron a cabo os dirixentes desta empresa.

A nova páxina de Blackle está por agora en período de proba, polo que Google anima a todos os usuarios da rede a utilizala e a achegar consellos e propostas para acadar un funcionamento mellor e estender o seu uso ao maior número de persoas posíbeis.


3,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: