Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CLIMATOLOXÍA

A maior seca dos últimos 47 anos fai que a Xunta decrete unha prealerta

A Consellaría de Medio Ambiente pídelle a todas as administracións un consumo máis responsábel de auga.

Redacción - 17:05 16/11/2007
Tags: Seca

O Goberno comezou a tomar as primeiras medidas para afrontar a seca que está a sufrir o país. O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, anunciou que Galiza está xa nunha situación de “prealerta” e dende a Xunta xa se lle pediu a todas as administracións que eviten calquera consumo de auga que non estea suficientemente xustificado. Porén, Manuel Vázquez dixo que está garantido o abastecemento durante os vindeiros meses.

Aínda que esta fin de semana está previsto que cheguen as primeiras precipitacións, de carácter fébel, o conselleiro subliñou que é posíbel que este inverno continúe a ser máis seco do habitual. Segundo os datos da estación de Lourizán, Galiza está a sufrir o outono máis seco dos últimos 47 anos.

Máis información en Metogalicia e na páxina da Consellaría de Medio Ambiente.


3/5 (2 votos)


Comentarios (6)

BonKarallan #1 16/Novembro/2007 BonKarallan

Todas esas nubes da foto satélite de Meteogalicia ten que vir por aquí.

E coidado, a ver que se alaga esta vez.

Eu para aforrar só consumo viño. Albariño e Ribeira Sacra.

trapalleiro #2 17/Novembro/2007 trapalleiro

e máis licorcafé,
e Rajoi e mailo seu curmán que vaian a tomar polo cú.

Barcelos #3 18/Novembro/2007 Barcelos

Chove

Barcelos #4 19/Novembro/2007 Barcelos

Segue chovendo

Barcelos #5 20/Novembro/2007 Barcelos

Ainda chove na Coruña. Pouco, pero chove.

Barcelos #6 23/Novembro/2007 Barcelos

Pois hoxe tamén chove.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: