Cambiouse un "capricho" pola "responsabilidade", deseñando un proxecto cultural "real" que enche de contido o que era un "problema herdado" do anterior goberno. Así o defendeu este luns o vicepresidente da Xunta.
"Teño comprensión e respecto polos que cando pasan á beira do Gaiás desexarían que iso non existise, porque eu mesmo formo parte deles", expuxo o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, na súa comparecencia deste luns na Comisión de Investigación sobre a Cidade da Cultura. "O BNG non investiría 475 millóns de euros en facer a Cidade da Cultura", asegurou Anxo Quintana, quen engadiu que o Bloque si investiría "iso e máis" en dotar a Galiza de instrumentos clave para a "vertebración da cultura nacional galega" como na súa opinión son a Biblioteca e Arquivo Nacional ou o Museo da Historia.
Quintana indicou que o PP "equivócase" coa súa estratexia de "espallar dúbidas" sobre a definición de contidos e usos estabelecida polo novo goberno e opinou que os populares terían unha "oportunidade inmellorábel" para facer "borrón e conta nova". Foi así que chamou aos grupos parlamentarios a conseguiren "consenso" sobre a importancia estratéxica que implica a nova proposta para o Gaiás.
"Nós herdamos un problema e queremos construír unha oportunidade", defendeu o vicepresidente, criticando que se estea tratando de difundir a idea de que o actual Goberno non elaborou aínda o proxecto para o Gaiás. "O proxecto está perfectamente definido e rematado, e en fase de execución", salientou, enmarcando a súa comparecencia na necesidade de transmitir "tranquilidade" sobre a existencia "dun proxecto real que enche de contido a Cidade da Cultura". Indicou que nese contexto serán escoitadas todas as propostas adicionais pero só integradas na medida en que poidan "enriquecer" o conxunto e facelo a través dunha integración "eficaz e realista".
Un proxecto "transparente" e baixo control
"Valoramos todas as posibilidades", recoñeceu Anxo Quintana, insinuando que o destino cara a outros usos das obras xa comprometidas foi analizado, do mesmo xeito que o posíbel peche, pero advertindo que "ninguén", nin "os votantes do PP", admitirían o desbalde das elevadas cantidades xa investidas. Foi así que criticou que o PPdeG pareza ser "o primeiro abandeirado da dinamita", apoñéndolles aos populares a presunta interese en que "no Gaiás non houbese nada". Na opinión de Quintana, os populares actúan baixo o criterio de "ou nós ou o caos" e "preocúpalles que o Goberno converta en oportunidade o que era un problema herdado".
Quintana considera que partindo do "inevitábel" de que "eses edificios se rematen" o executivo conseguiu estabelecer un "cambio radical" de estratexia no Gaiás. Insistiu Quintana en que o esquema debullado pola propia conselleira de Cultura no Parlamento corrixe a ausencia de usos e contidos deixada polo goberno Fraga e pon a Cidade da Cultura "ao servizo de Galiza como nación cultural". Nesa liña, destacou o proceso aberto á participación de todos os sectores sociais, e a corrección do escurantismo imposto pola administración do PPdeG, estabelecendo agora criterios de "transparencia, sensatez, equidade e control".
Nese escenario, o vicepresidente da Xunta teimou na defensa do Gaiás como "contedor de institucións claves" que á vez servirá como axente innovador e espazo para a "proxección exterior" de Galiza e a súa cultura. Con eses obxectivos, dixo estar seguro de que a estratexia deseñada polo Goberno garantirá que o Gaiás sexa un espazo "xerador de riqueza" para o país.
melhor que escrever muito sobre este tema é ler:
http://www.polabase.org/w/?p=5
Xa está o ghando descarriando. Como mola isto de internet.
isso, isso, olhe para o dedo...
Sí, sí, C O N S E N S O, mesmamente como psoe-pp. Ánimo Quin que sin dúbida algún beneficio terá o acordar.
Que antes era o Mausoleo de Fraga, pois agora, nas novas mans, pois un fito da cultura. Que antes era un despilfarro, pois, agora é unha inversión rendable e de un valor incalculable.
Coma sempre!
Vexo que hai xente para todo. Hai para quen soterrar centos de millóns para NADA parecelle unha boa opción.
Pois ben, logo non entendo como se pode criticar ao fraguismo....
Fraga queria enterralo nun mausoleo sen contidos e outros prefiren soterramento baixo terra, pois ben, nos dous casos supón gastar centos de millóns para nada, bonito xeito de xestionar os recursos de tod@s...
Ou é que non se queren enteirar de que ainda que non se fixese nada haberia que pagar igual as empresas que o PP lle adxudicou as obras...pensará alguén inxenuamente que desa herdanza se poderia ter librado.... ou de que o feito se pode soterrar e nos devolven os cartos como no super...ou que como os do PP son malos-malisimos as súas decisións de goberno son papel mollado...
Que tropa!!
Logo de assumir como próprio o despropósito do PP, "consensuemos" o despilfarro...
Especialmente recomendável o documento do MpB sobre o assunto, que desmonta as mentiras oficiais sobre o que custaria nom construir os edifícios pendentes (bem menos do que nos quigérom fazer crer).
Moi acertada a persoa que di que, asumido o proxecto do PP, "consensuemos" o despilfarro.
O Vice Quim está claro que cada día que pasa é máis estadista.
Xa sabe darlle volta ao calcetín de xeito tal que non sabemos se é media ou calcetín.
En primeiro lugar, os gobernantes son elexidos para que tomen medidas e se non acertan sempre cabe a posibilidade da crítica, se é que é admitida, que a veces tampouco.
Hai veces que un gobernante é elexido porque promete algo, por exemplo, sacar as tropas de Iraque.
Hai veces que os que queren gobernar prometen algo e logo se che vin pois non lembro, por exemplo, sacarnos da OTAN, os 800.000 postos de traballo, promesas todas de Felipe González.
No caso nacional e popolar, o BNG dixo na oposición unhas cousiñas que logo non cumpríu sobre a Cidade da Cultura o que me leva a pensar que ou ben non tiñan idea, ou ben os compromisos no Poder obligaronnos a decir miau onde antes decían guau.
Grazas a Quim sabemos que tirar a Cidade da Cultura (e deixar sen negocio a Caixa Galicia, outro día falamos das débedas do BNG con Caixa Galicia... amiga de... Reganosa) ía custar o mesmiño que construila. Vale. Pero o que non dí Quim é cánto vai custar cada ano manter tan tremendo proxecto faraónico, agora para a cultura galega. Pois as contas son as publicadas e Quim non quere enterarse: entre 48 e 52 millóns de euros anuais, o que quere decir que en dez anos teremos gastado tanto en mantemento e salarios coma costou construila. Alguén compraría unha casa cun mantemente tan elevado que en dez anos igualara o custo total da vivenda?.
Esa é a desfachatez e a caradura de Quim e do goberno que vicepreside: que non contan toda a verdade.
Xabi, segundo o que você diz não é só cousa de que não dizem toda a verdade, mas também de incapacidade para saber estar e governar como é devido.
Lembro que a Vice-presidência tem um Presidente que opina o mesmo ou parecido.
Semella que o bó e criticar todo o que se faga dende o BNG, velaí pois a miña proposta: Botemos abaixo todo o que hai construido, pouco importa o custe que teña. Todo sexa para que poidamos dicer que unha vez no goberno fomos quen de levarlle a contraria a Fraga. Esto si sería facer País.
Saúdos para todolos "Movementos".
Éo tirar para adiante cos proxectos faraónicos? Pode vostede ir de un xeito rápido de Guitiriz a Vigo? Fáltalle algunha circunvalación a Padrón? A Poio? A Pontevedra?
Millor tirar para adiante co "buraco do inferno"!
Non abondaría con rematar os edificios xa erguidos e desbotar os non encetados?
Coida vostede que a cultura que precisamos, a nosa, vai estar fechada toda dentro de un complexo de edificios?
Pois alá vostede.
As palabras de Quin Africa, apoiando á Cidade da Cultura co resto do BNG (Boas Nóminas Gracias) e os seus abeirados é unha mostra máis de que a súa política nada mais é a de "veña a nos el tu reino". Aquelo de "Unha terra, un pobo e unha fala", converteuse agora nunha Lei de Minas, que vai a escarallar O Caurel, un pobo limitado a votar, e unha fala para que os mil amigos que coloque nas galesgolas voten na próxima asamblea do bloque e permitan que Quin Africa poda negociar coas outras forzas, con apoios importantes. Treme Paco Rodriguez, xa nace o Partido Galego dos Mandilóns.
Xa imos descubrindo o que non se quere por quen ataca ao BNG, nesto do Gaiás.
Obvianse a realidade para atacar todo o que signifique facer Páis e identidade. Prefirese destruir e xa que logo continuar o que facia o PP...
Lamentábel actitude desde supostas progresías, inxenuidade tóxica para Galiza, e nalgúns casos velenos interesados...en todo caso seguen todos o xogo a La Voz...
aqui os únicos que continua com o que fazia o PP é Quintana e Bugallo, aqui os únicos que cambiárom de opiniom fôrom esses mesmos responsáveis políticos... Triste que o único argumento para defender-se é o de "fazer-lhe o jogo ao PP"... Assim também nos vai como apéndice do PSOE a nível de Estado: o critério depende do que fagam PP e PSOE, nom da coerência própria...
Quintana quiere decir que es la hora de poner el cazo ellos también para forrarse a costa de la ciudad de la cultura. Revistiéndolo ahora, eso sí, de "cultura nacional".
...curiosas coincidencias vemos xuntiñas unha a carón doutra ;-)...hai que seguir facendo País ainda que as dúas beiras non queiran... as dúas coinciden na mesma falta de confianza na Galiza, desde posicións teóricamente contrapostas...o universo, o espazo-tempo, non é lineal é isto demostra que a política tampouco...;-)