Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'LA TARDE CON CRISTINA', DA COPE

Un programa de radio anima a “curar” a homosexualidade

Unha web dos colectivos LGBT denuncia que o espazo se utilizou para difundir a idea de que a homosexualidade é unha doenza.

Redacción - 12:30 21/11/2007

A web Dos Manzanas.com, dedicada ao colectivo lésbico, gai, transexual e bisexual, denunciou que o programa da COPE La tarde con Cristina dedicou a súa sección de Amor e sexualidade a falar de como “curar” a homosexualidade. A condutora do espazo, Cristina López Schlichting, convidou dúas expertas en planificación familiar natural, que tentaron buscarlles causas sociolóxicas ou psicolóxicas ás relacións con persoas do mesmo sexo.

Entre os motivos que buscaron atopábanse a obesidade ou o maltrato na infancia como causas da homosexualidade. Durante o programa, as convidadas referíronse á “tendencia homosexual” como “factor alterado”, “anomalía no desenvolvemento” ou “feridas afectivas”, e deron consellos para “superar” eses casos de homosexualidade.

Na páxina xa lle escribiron unha carta de resposta a Schlichting, titulada “Querida Cristina Francis”.


Ligazóns

3/5 (3 votos)


Comentarios (9)

trapalleiro #1 21/Novembro/2007 trapalleiro

eu lembrome daquel personaxe de Woody Allen que era o tipico do pp e resultou que despois lle diagnosticaron que o seu comportamento feixista debiase a unha doenza cerebral.
que vaian a curar ós curas e bispos que andan tras os nenos e que deixen os demáis tranquilos.

breio #2 21/Novembro/2007 breio

Pero non se darán de conta de que... Ai, que peniña me dan.

baltar69 #3 21/Novembro/2007 baltar69

eu xa andaba teimando en meterme no asunto sodomita e así o cumuniquei a varios próximos: non sei cando pero, antes que despois, quero que alguén me dé polo cú. ahora, o ver na foto como esta rolliza moza agarra o micrófono, o meu factot alterado, a miña anomalía, retruca e volvo desexar sexo soio con mulleres que me agarren coma ela.

Pablinho #4 21/Novembro/2007 Pablinho

No caso de que estean colexiadas, esas duas pseudoexpertas deberían recibir unha notificación inmediata do seu colexio no cal se lles comunicaría a súa inmediata expulsión.

Hai xa bastantes anos dende que a APA (Asociación de Psiquiatras Americanos) eliminara a homosexualidade da lista de enfermidades mentais; e a APA non é, nin moito menos, exemplo de progresismo dentro da psiquiatría...

O que si segue sendo enfermidade mental é a esquizofrenia, caracterizada, entre outras cousas, por perder (case) todo o contacto coa realidade; seica a locutora goebellsiana ista herdou algo máis que o apelido da sua nai alemá...

Pero por moito que ladren ou orneen, nunca verán cumplido o seu soño de "Unha mentira repetida mil veces se convirte nunha verdade"

carlosroca #5 21/Novembro/2007 carlosroca

E iso de ser católico ten cura?, non nos trabuquemos con ser cristián, quero dicir iso de ser católico, apostólico e román, como o nazi que teñen á fronte.

BonKarallan #6 21/Novembro/2007 BonKarallan

Uf menos mal, crin que había que meterse a radio polo cu, co Jiménez Losantos dentro.

Gaviotero #7 22/Novembro/2007 Gaviotero

A los mismos que esto les parece una barbaridad, luego andan dándose codazos y diciendo en bajinis: "Rajoy es gay, Rajoy es gay..." como si de una enfermedad contagiosa se tratara.

La hipocresía habitual de la izquierda, de los progres de salón...que se sienten moralmente superiores a los demás cuando son simples mierdas.

carlosroca #8 22/Novembro/2007 carlosroca

E que se o é... ala cada quen como se aceita ou non...
Mais creo que o único que fai referencia a tal cousa é Losantos cando o chama "mariconplejines"... no nacionalismo iso non importa o máis mínimo... haiche moitos problemas nos que ocupar o tempo para ter que adicarnos a semellantes chorradas....

Tino #9 22/Novembro/2007 Tino

Como é posivel que uns tolleitos-tarados-tatoias-alpabardas mentais pretendan curar a alguén?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: